Arquivos da etiqueta: A Coruña
Feira do Libro da Coruña 2021: actividades destacadas do 1 de agosto
O 1 de agosto comeza a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 18:30 h. María Canosa asina As pombas de Bastián e Unha fábrica de bicos, publicados por Xerais, e H2… Oh!!!, ilustrado por Luz Beloso, publicado por Galaxia, xunto ao resto da súa obra.
– 18:30 h. Yolanda Castaño asina Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias, publicado por Xerais, e o resto da súa obra.
– 18:30 h. Presentación de Tempos de pandemia, de Xavier Seoane e Xulio García Rivas, publicado por Espiral Maior. Participan, xunto aos autores, Eva Veiga e Miguel Anxo Fernán-Vello.
– 19:30 h. Presentación cruzada de A señorita Bubble e Os minimortos, de Ledicia Costas, e Vaia cabuxiño!, de El Hematocrítico, publicados por Xerais.
– 19:30 h. Xavier Seoane asina Tempos de pandemia, publicado por Espiral Maior, Cancións para Ana Lúa e Dicionario irreal para un país imposible, publicados por Xerais, e o resto da súa obra.
– 19:30 h. David Pintor asina A Coruña, publicado por Kalandraka.
– 20:30 h. Ledicia Costas e El Hematocrítico asinan as súas obras.
– 20:30 h. Presentación e sinatura de Destempo, de Silvia Bardelás, publicado por Barbantesa, con Ana Romaní.
A Coruña: conferencia de Xabier P. Docampo
Mañá xoves 25 de xuño ás 20 horas na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña impartirá unha conferencia o escritor Xabier P. Docampo, co título Camiños de futuro da lingua galega. Organiza a Asociación Cultural Namentras. A entrada é libre até completar capacidade.
A Coruña: presentación do libro Bailabén
Mañá xoves 25 de marzo na Biblioteca de Estudos Locais presentarase o libro Bailabén, de Gustavo Couto e Edith Cotilla (Ed. do Cumio). O acto comeza ás 20 horas e a entrada é libre até completar capacidade.
A Coruña: Presentación do libro A revolta da Casa dos Ídolos de Pepetela
A AELG lembra a Rosalía cunha lectura pública da súa obra
Co gallo do Día de Rosalía, o vindeiro mércores, 24 de febreiro, a AELG organiza unha lectura pública simultánea nas seguintes cidades do país:
A Coruña, ás 18.00, Xardíns de Méndez Núñez, Monumento a Curros Enríquez
Ferrol, ás 18.00, na Praza do Himno Galego
Lugo, ás 18.00, Rúa Nóreas, a carón da casa que fai esquina con Rúa San Pedro, onde viviu ROSALÍA DE CASTRO entre 1864 e 1868 (hai unha placa indicativa).
Pontevedra, ás 18.00, onde a estatua de Castelao
Santiago, ás 17.30, onde a estatua de Rosalía, no Paseo da Ferradura
Vigo, ás 19.00, no nº 12 da Rúa Real, onde a tipografía de Juan Compañel
Podedes consultar neste mapa a ubicación exacta dos diferentes lugares.
A Coruña: presentación do libro Circe ou o pracer do azul
O vindeiro mércores 10 de febreiro no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda preséntase o libro Circe ou o pracer do azul de Begoña Caamaño, coa participación da autora, xunto con Xosé M. Sánchez, Pilar García Negro e Goretti Sanmartín. Ás 20:30 h. no salón de actos da asociación.
A Coruña: exposición sobre Ramón Cabanillas
Mañá martes 2 de febreiro ás 19:30 inaugúrase a exposición Ramón Cabanillas, a roseira dos recordos na sala de exposicións do Pazo Municipal da Coruña (Praza de María Pita, 1). Podedes descargar aquí o díptico da exposición, organizada pola Editorial Galaxia: PDF, 1,2 MB.
A Coruña: conferencia de Xavier Vence
Mañá 26 de xaneiro o Catedrático de Economia Aplicada da USC Xavier Vence Deza falará dentro do ciclo Economia, História e Realidade Social. A súa charla versará sobre As Caixas e a Crise financeira. O acto celébrase ás oito do serán no local da Fundación Caixa Galicia no Cantón Grande da Coruña.
A Coruña: Lourenzo Fernández Prieto presenta o seu novo libro
O próximo mércores 20 de xaneiro ás oito do serán preséntase na sala de prensa da Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande, 21-24) o libro Facendo Historia con memoria de Lourenzo Fernández Prieto. No acto intervirán Ernesto Sánchez Pombo –xornalista–, Manolo Martínez Barreiro –analista político e autor do limiar–, X. Amancio Liñares Giraut –director editorial de 3C3– e o propio autor.