O
venres 25 de outubro, ás 20:30 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102), de Vigo, preséntase o libro Roberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. No acto, onde se xogará sobre a escrita dramática a partir de textos de Roberto Vidal Bolaño, participan, xunto ao autor, Pepe Carreiro.
Arquivos da etiqueta: Afonso Becerra de Becerreá
Santiago: presentación de Roberto Vidal Bolaño ou o xogo do teatro, de Afonso Becerra
Lugo: presentación de Roberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro, de Afonso Becerra de Becerreá
O
xoves 16 de maio, ás 19:30 horas, Libraría Biblos de Lugo (Rúa Salvador de Madariaga, 1, local 4, Torres do Seminario Maior), preséntase o libro Roberto Vidal Bolaño e o xogo do teatro, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. Previamente, de 17:00 a 19:00 horas, o autor asinará exemplares da obra na caseta da Libraría Biblos na Feira do Libro de Lugo.
Vigo: presentación de Banqueiros
Pontevedra: Mesa Redonda das Artes Escénicas, pola Fundación Premios da Crítica Galicia
O dramaturgo Afonso Becerra propón xogos para coñecer o teatro de Vidal Bolaño
Feministas, artigo de Afonso Becerra na revista Artezblai
Afonso Becerra
publicou un artigo na revista Artezblai, baixo o título Feministas, onde inclúe un pequeno traballo que busca visibilizar ás compañeiras dramaturgas e directoras de Galicia. O artigo pode ser visto completo aquí.
“(…) Tengo delante de mí el último número de la RGT (Revista Galega de Teatro), el Nº 73. El tema central es Unha perspectiva feminista da creación contemporánea en Galicia, firmado por Vanesa Sotelo (también colaboradora de Artezblai) y Marta Pérez. A este artículo, en el que revisan los parámetros de creación teatral desde una visión más justa e igualitaria, o sea: feminista, se suma otro titulado O teatro político e feminista de Guillermo Calderón e Chévere, que firma el mismo que escribe estas letras que estás leyendo ahora. De ambos trabajos me gustaría sacar algunos datos para compartirlos contigo. Y lo hago consciente de que se trata de unos datos que también padecen la marginación ejercida por este sistema perverso y ruidoso que no nos deja conocernos ni conocer a esas personas y colectivos que tienen algo importante que aportarnos. (…) Del artículo de Vanesa Sotelo y Marta Pérez quiero recuperar y expandir, en homenaje, y por justicia a las mujeres dramaturgas y directoras escénicas de Galicia, la nómina que nos facilitan en dicho artículo y que considero necesario visibilizar y ampliar más, si cabe. Así que, a continuación, te propongo una pequeña lista de nombres y datos para reivindicar y sacar de la sombra a mis compañeras, porque te aseguro que tras cada nombre hay una obra que merece la pena conocer.”
Santiago: representacións de Unha rosa entre as pernas, con texto de Afonso Becerra
O
mércores 20, xoves 21 e venres 22 de febreiro, en tres pases cada día (ás 20:45, 21:15 e 21:45 horas, respectivamente), no espazo A Regadeira de Adela (Rúa Tras San Fiz, 2) de Santiago de Compostela, Xosé Luís Bernal e Roberto Leal, dirixidos por Gloria Rico (Tep Teatro En Punto), estrean Unha rosa entre as pernas, do libro Dramatículas, de Afonso Becerra de Becerreá.
Becerreá: XXI Noite Poética A Pipa 2012
Francisco Pillado: “O que chaman crise é un atraco das mafias financeiras”
Entrevista
de Montse Dopico a Francisco Pillado en Dioivo:
““Con todo, durante algún tempo, o sistema funcionou. As formigas -obreiras coma nós-, chegaron a crer que tamén pertencían á élite, que en calquera momento podían converterse en raíñas. Esa foi a nosa condena”. Este é un anaco do texto de Olivia Pena en Banqueiros, o libro que, coordenado por Francisco Pillado e a través das achegas de 21 dramaturgos e dramaturgas do país, trata de denunciar a gran estafa disfrazada de crise. A dos bancos. E de convidar as formiguiñas obreiras a non seguir a ser as perfectas escravas. Como cando miraban para outro lado cando parecía que todo funcionaba. Malia que sabían que xa había abusos, corrupción e mentiras. O volume contén textos de Roi Vidal, Fidel Vidal, Diana Varela, Vanesa Sotelo, Henrique Rabuñal, María Xosé Queizán, Gustavo Pernas, Olivia Penas, Xosé Manuel Pazos, Zé Paredes, Manuel Lourenzo, Lois Diéguez, Ánxeles Cuña Bóveda, Santiago Cortegoso, Marica Campo, Lino Braxe, Afonso Becerra de Becerreá, Vicente Araguas, Xosé María Álvarez Cáccamo e Marcos Abalde, ademais do limiar do propio Pillado. (…)”.



