Arquivos da etiqueta: AS-PG
Rosalía e Manuel María vense en Outeiro de Rei
Artigo de Xoán Costa en Sermos Galiza:
“Outeiro de Rei acolleu a segunda edición do concurso de recitado Rosalia Sempre Viva. Centenares de persoas gozaron e reivindicaron cos versos de Manuel María e Rosalía. (…)
Era o segundo ano que se celebraba o concurso. Dividido en catro categorías, para estudantes de infantil, primaria e secundaria, en sesións de mañá e tarde, un a un ou en grupo, mais de 150 participantes trouxeron até Outeiro poemas de Rosalía porque os de Manuel María xa estaban alí. De Manuel, os mais recitados foron os que reivindican un idioma de noso, seguidos dos dedicados a Saleta; de Rosalía, a emigración, a falta de xustiza social, a reivindicación da muller ocuparon os primeiros postos. (…)
Gañaron, na categoría 1 (Infantil, 1º e 2º de Primaria), o CPI de Xanceda (Mesía) cun recitado colectivo do poema O lobo de Manuel María; na categoría 2 (3º, 4º, 5º e 6º de Primaria) Lucía Ónega Santos, do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo, co recitado do poema Galiza de Manuel María; na categoría 3 Irea Ferreiro López, do IES Fermín Bouza Brey de Vilagarcía de Arousa co poema Por que? de Rosalía; e na categoría 4 (Bacharelato) María Camilla Beltrán Guzmán, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo, co poema Verbas á miña nai de Manuel María.
Ademais, o xurado outorgou catro mencións honoríficas: ao grupo de alumnas/os do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo polo poema O arco da vella de Manuel María, ao CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei polo recitado do poema A lúa de Manuel María, a Carmen Peñalver Dequit, alumna do IES Xoán Montes de Lugo, polo poema Fun o domingo de Rosalía e a Teresa Elvira López Martínez, do IES Aquis Querquenis de Bande, co poema Negra sombra de Rosalía. (…)”
Almanaque das Irmandades, iniciativa da AS-PG e a A. C. Alexandre Bóveda
Desde Sermos Galiza:
“Foron moitas as actividades levadas a cabo desde o 18 de maio do ano 1916 en que Antón Vilar Ponte convocou unha xuntanza nos locais da Real Academia Galega na Coruña. Nesa xuntanza acordouse a creación dunha Irmandade dos Amigos da Fala que tería como obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galiza.
Agora, no ano centenario daquela xuntanza, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e a Asociación Socio-Pedagóxica Galega poñen en marcha unha iniciativa para dar a coñecer efemérides e actividades relacionadas directa ou indirectamente coas Irmandades da Fala.
Se queremos saber que aconteceu en calquera día do ano o Almanaque das Irmandades daranos, mínimo, unha opción. Segundo aclaran os promotores, “o Almanaque recolle anécdotas, feitos e persoas. Non pretendemos explicar as entradas pois ese papel corresponde á historia. Por iso aquí recollemos breves biografías e acontecementos tanto dos protagonistas das Irmandades como dos precursores ou de aqueles que seguiron o camiño por eles encetado”.
A obra, feita pública esta semana, vai na liña dos almanaques tradicionais cos que Galiza conta desde hai dous séculos, “mais nunca houbo un Almanaque das Irmandades, das Irmandades da Fala. Agora xa o hai” .
A obra ten polo de agora entradas para os meses de xaneiro e febreiro. Nos próximos días completarase con entradas até 18 de maio e máis tarde para todo o ano 2016. Tamén se incorporarán as actividades levadas a cabo durante o ano do centenario das Irmandades. A web tamén conta cun formulario desde o que se poden enviar datos, fotos, etc. referidos ás efemérides comentadas na certeza de que tanta actividade como desenvolveu a xente das Irmandades ten que ter aínda pegadas descoñecidas por toda Galiza.
Dar a coñecer esas pegadas é tamén un obxectivo deste Almanaque, unha ferramenta sinxela desde a que os promotores nos convidan a “almanaquear”, a pasear da man das persoas que precederon, constituíron e proseguiron un movemento do que agora celebramos cen anos. As dúas entidades están a traballar noutras iniciativas en torno a este centenario que farán públicas en próximos días.”
VI Certame Curtas para Rosalía
BASES DO VI CERTAME CURTAS PARA ROSALÍA
“1.- ORGANIZACIÓN
O Certame de curtametraxes “Curtas para Rosalía” é un evento organizado e xestionado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Con tal motivo a AS-PG designará unha Comisión Organizadora encargada de recepcionar as obras, avaliar a súa adecuación ás bases, promocionar o certame e organizar as galas de entrega de premios e, se for o caso, resolver e decidir sobre calquera outro aspecto non previsto nas presentes bases. Así mesmo, a AS-PG designará un Xurado que estará formado por persoas relevantes do mundo da cultura galega e do audiovisual. Tanto a composición da Comisión Organizadora como a do Xurado faranse públicos no enderezo web: http://bitaculas.as-pg.gal na entrada Curtas para Rosalía. Nin os membros do xurado nin da Comisión organizadora poderán participar no Certame. Nesta VI edición o Certame Curtas para Rosalía conta coa colaboración do Concello da Coruña.
2.- TEMÁTICA
A primeira edición deste certame tivo como motivo central a figura de Rosalía de Castro no 125 aniversario do seu falecemento. No 2013 celebramos o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos (Vigo 1863), obra fundacional do Rexurdimento das letras galegas.
Resulta evidente que as potencialidades que se agochan na obra de Rosalía deben seguir sendo descubertas xa que o mundo rosaliano é aínda un mundo revelador e con propostas clarificadoras para hoxe. Sendo Rosalía de Castro a figura máis representativa da Literatura Galega, desde a organización deste certame entendemos que homenaxear a Rosalía é homenaxear e divulgar a Literatura Galega. Polo tanto aquelas persoas que queiran presentar obras a este certame poderán facelo atendendo a un dos seguintes criterios:
1.- Obras cuxa temática xeral sexa a persoa de Rosalía de Castro, as súas obras ou algún elemento que destaque a súa vida, traballo ou calquera outro punto de interese da escritora como tal ou do seu contorno.
2.-. Tamén se poderán presentar a este Certame curtas cuxa temática se centre, interprete ou explore calquera texto de calquera época da Literatura Galega ou da súa tradición oral.
3º NORMAS DE PARTICIPACIÓN
1. Poderán optar aos premios os traballos rodados en calquera sistema de gravación (cine, vídeo, outros).
2. As obras presentadas terán que ser presentadas en soporte DVD e recepcionadas antes das 14 horas do día 31 de marzo no local da AS-PG, enderezo postal que figura no apartado 4 destas bases, acompañadas da documentación que neste mesmo apartado 4 se solicita.
3. A duración non excederá en ningún caso os 30 minutos, créditos incluídos.
4. O idioma (audio e texto) das obras presentadas será o Galego, non admitíndose ningún outro agás para a incorporación de textos de Rosalía. Neste caso poderá incorporarse no idioma en que foron redixidos.
5. Cada participante poderá presentar un máximo de tres obras.
6. As obras presentadas deberán ir acompañadas da súa correspondente ficha de inscrición (anexo 1), xunto co fotocopia de DNI da persoa de representación da curtametraxe e fotocopia de DNI do realizador ou realizadora ou director ou directora da obra.
7. No web da AS-PG, concretamente no espazo: http://bitaculas.as-pg.com serán publicados os títulos e a ficha técnica das curtas admitidas a concurso. Así mesmo, serán publicadas as obras finalistas en cada categoría. As obras admitidas poderán ser emitidas naqueles actos organizados para a promoción do festival, sempre sen ánimo de lucro. As curtas finalistas serán proxectadas na Gala de Entrega de Premios.
8. Coincide esta VI edición de Curtas para Rosalía con dous feitos de relevancia, o nomeamento do escritor Manuel María como autor ao que se lle dedica o día das Letras Galegas 2016, colaborador habitual da AS-PG participou nas actividades de formación da Asociación ao longo de vinte e sete anos consecutivos de forma desinteresada e en todas as convocatorias e actividades que tiñan a ver coa normalización do idioma, e o centenario da fundación das Irmandades da Fala, feito decisivo na historia político-social e literaria do país.
Desde a AS-PG pretendemos que tamén o Certame CURTAS PARA ROSALÍA contribúa a esta dupla celebración establecendo os seguintes categorías nos premios:
a) Premio á mellor Curta da VI edición.
b) Premio á mellor Curtametraxe cuxa temática se centre, interprete ou explore a obra do escritor Manuel María.
c) Premio á mellor curta cuxa temática sexan as Irmandades da Fala ou se centre nalgún dos seus membros, tendo que abordar necesariamente a práctica literaria do idioma, obxectivo prioritario no ideario das Irmandades e base central deste Certame.
O xurado designará un máximo de tres obras finalistas en cada unha das categoría. Entre eses finalistas estará a gañadora de cada categoría.
O premio á mellor curta da VI edición pode ser acumulativo co premio á mellor curta de calquera das outras dúas categorías.
9. As obras gañadoras daranse a coñecer na Gala de entrega de premios que terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, en data que se publicará na páxina web da AS-PG (Finais de abril). Nesta gala é obrigada a presenza, en representación das obras, dalgún dos membros das curtas finalistas. A non presentación será motivo da perda do importe económico do premio (no caso de a obra resultar premiada), mais non do premio en si.
10. Responsabilidades legais. O/a concursante será único responsable da súa curtametraxe. A organización do certame declina toda a responsabilidade da curta e o seu contido sobre o/a participante.
11. O material enviado ao inscribirse non será devolto.
4º INSCRICIÓN
A inscrición será realizada polo director, directora, produtor, produtora ou calquera membro responsábel da obra que pretenda concursar e constará de dúas fases:
1.- Na primeira fase o director/a, produtor/a ou calquera membro responsábel da obra, enviará un correo electrónico informacion@as-pg.com no que constará nome e apelidos e unha forma de contacto, preferibelmente correo electrónico, e manifestará a intención de participar no certame. Esta preinscrición, que é gratuíta, haberá de se facer antes do día 7 de marzo de 2016, ten como finalidade poder comunicar calquera modificación, ampliación ou variación dalgún dos conceptos que aparecen nestas bases, tal e como se recolle na base 7.
2.- Na inscrición e recepción definitiva, até as 14 horas do día 31 de marzo de 2016, os/as participantes deberán enviar a seguinte documentación:
* DVD (en formato dvd_vídeo, .mov, ou mp4) con copia do filme ou filmes que optan ao certame.
* Ficha de inscrición (Anexo 1) con todos os campos cubertos. No caso de presentar máis dunha obra deberá enviar tantas fichas como obras.
* Fotocopia do DNI da persoa que representa a obra
* Fotocopia do DNI do realizador ou realizadora ou director ou directora da obra
Os traballos deberán enviarse ou presentarse no seguinte enderezo:
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
VI Certame Curtas para Rosalía
Rúa Laracha, 9 baixo
15.010 A Coruña
Os gastos de envío das obras presentadas correrán a cargo dos participantes.
5º. XURADO
A AS-PG, como entidade organizadora deste evento, nomeará un xurado encargado de valorar as obras. O xurado estará composto por persoas de recoñecido prestixio no mundo da cultura e do audiovisual. No seu momento publicarase na páxina web da asociación a relación de membros do xurado. O ditame do xurado será inapelable.
6º PREMIOS
A organización do VI Certame Curtas para Rosalía establece tres categorías:
1. Premio á mellor curta da VI edición de Curtas para Rosalía dotado de 1.000€ + Diploma.
2. Premio á mellor curta Manuel María dotado de 1.000€ + Diploma.
3. Premio á mellor curta Irmandades da Fala dotado de 1.000€ + Diploma.
Os premios serán entregados na Gala de Clausura.
7º RESPONSABILIDADE
A participación neste certame supón a aceptación plena destas bases por parte de cada participante. Calquera cuestión referida á interpretación e aclaración das bases corresponde á Organización, non cabendo contra ela ningunha reclamación.
A Coruña, 2 de decembro de 2015″
A Coruña: Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes, o sábado 28 de novembro
O sábado 28 de novembro terá lugar a Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes, actividade da AELG co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, no Centro Ágora da Coruña.
Está solicitada a homologación á Consellería de Educación por 8 horas lectivas.
A inscrición realizarase na web da AS-PG desde o 10/11/2015 até o 26/11/2015.
PROGRAMA
– 9:30 h. Recepción, entrega de material e inauguración.
– De 10:00 a 12:00 h. Literamas, a literatura galega no cinema (conferencia), por Manolo González.
Interaccións entre a literatura galega e o cinema e algunhas aplicacións para a aula.
– De 12:00 a 13:00 h. A cicatriz branca. O corpo da fala (mesa redonda), con Margarida Ledo Andión e Eva Veiga.
As pasaxes entre o texto escrito, a imaxe e o imaxinario.
Atopar o “seu lugar no mundo” como proceso de apropiación do propio corpo, mesmo do corpo da fala: a viaxe, no mellor dos casos, de tantas mulleres forzosamente transterradas.
– De 13:00 a 14:00 h. Poesía e Vídeo con/sen cámara. A experiencia da intención (obradoiro), por Antía Otero.
Presentarase a experiencia de idear unha peza de videopoesía máis aló do seu soporte técnico. A intención é a de pararse a analizar a relación entre palabra e imaxe no proceso de creación sen perseguir un resultado físico. Un convite a editar contando.
– De 16:00 a 18:00 h. De palabra a píxel. Introdución á videopoesía (obradoiro), por Celia Parra.
Unha fiestra para coñecermos as particularidades deste xénero entre o poético e o audiovisual. Exploraremos definicións, tipoloxía, creadoras e creadores referenciais, exemplos de videopoemas, videopoesía en Galicia e recursos na rede para aplicar nas aulas.
– De 18:00 a 20:00 h. Ao redor do Proxecto Nimbos (conferencia), por Martin Pawley.
O Proxecto Nimbos é unha serie de curtas realizadas por diversos cineastas ‑non só de Galiza- inspirados en poemas do libro Nimbos de Xosé María Díaz Castro (1914-1990). A iniciativa foi impulsada dende o blog Acto de Primavera e na actualidade conta xa con perto de trinta pezas, varias das cales foron exhibidas en festivais internacionais de cinema.
Obxectivos
– Achegar a vinculación histórica da literatura coa súa proxección a través da imaxe.
– Afondar nas relacións interdisciplinares das diferentes artes.
– Ofrecer pautas de metodoloxía didáctica interactiva a redor da experiencia poética.
– Experimentar novos soportes técnicos vinculados á lectura.
– Analizar a relación entre palabra e imaxe no proceso de creación.
Metodoloxía
– Alternarase a intervención teórica das participantes coa proxección parcial de filmes e curtas vinculadas coa literatura galega.
– Promoverase o coloquio e a participación activa a través dos coloquios e dos obradoiros vinculados á creación da videopoesía.
Compostela: XVI Xornadas de Expresión Oral Tíralle da lingua, o 21 de novembro
Desde a AS-PG:
“Matrícula: Desde 12/10/2015 até 20/11/2015 (o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario: Desde 21/11/2015 até 21/11/2015.
Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Lugar de celebración: IES As Fontiñas (R/ Estocolmo 5, Santiago de Compostela).
Número de prazas: 100. Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
Prazas reservadas: 25% Número máximo de prazas: 25%
Modalidade formativa: Xornadas.
Obxectivos previstos:
– Transmitir no profesorado a importancia que o factor oral ten na recuperación e uso da lingua.
– Proporcionar aos/ás asistentes técnicas básicas para estimular e traballar a oralidade nas aulas.
– Dar pautas para a creación de historias ou ben para recrear historias de carácter popular.
– Traballar aqueles aspectos básicos da comunicación oral e intentar introducir novas formas de comunicación.
Contidos: PROGRAMA
De 09:45 h. a 10:00 h. Recepción e entrega de material
De 10:00 h. a 11:00 h. En galego canto, en galego sinto. Paco Nogueiras, músico e actor. A incorporación da música e da nosa cultura a través das novas tecnoloxías de xeito lúdico e pedagóxico. O Brinca Vai: obxectivos, mecanismos e ferramentas nos que se basea, filosofía do mesmo. O Brinca Vai como ferramenta de acompañamento curricular.
De 11:00 h. a 12:30 h. A maxia da palabra. Andrea Bayer, actriz, guionista, contadora… de BaoBab Teatro. A palabra e o seu poder de sedución. Aspectos a ter en conta para traballar a narración oral. As posibilidade que ofrecen os contos como recurso para formentar a oralidade. Traballaremos a voz, a súa intensidade, modulación e proxección. O ritmo e a expresión corporal, elementos esenciais á hora de contar.
De 12:30 h. a 14:00 h. E que che hei contar!. Celso Fernández Sanmartín, contador de historias, poeta. En plena centrifugación tecnolóxica, as novas máquinas que nos axudan a comunicarnos, están cambiando como nunca os modos de contarnos as cousas, de conversar, de aprender, atender e entender. Xa non será o raposo, raposo, nen o lugar, lugar, nen a escoita, escoitar… Convivimos coa última xeración de persoas que se criaron sen televisión, e non lles estamos facendo moito caso.
De 16:00 h. a 18:00 h.. Poesía, Vídeo e Graffiti. Outras achegas para a palabra. Antía Otero e Dores Tembrás, poetas, impulsoras do proxecto Apiario. O obxectivo deste obradoiro é introducir o poético na aula incorporando outras linguaxes como vías de acceso. Que teñen en común o poema e o graffiti? Que acontece na procura do videopoema? Partimos da seguinte premisa: o poético está en todo. Abordaremos este encontro nas aulas dende unha óptica eminentemente práctica e cunha proposta que insiste no estímulo da capacidade creativa do alumnado.
De 18:00 h. a 20:00 h. Calquera parecido coa realidade é pura poesía, Lucía Aldao e María Lado, poetas e artistas. Tomando o xogo como punto de partida, tentaremos crear interese pola poesía desde a oralidade e a desacralización da mesma. A poesía é ubicua, e esta verdade é o camiño para perderlle o medo e ser todos e todas quen de gozar da escrita e do recitado. A colaxe serviranos para crear textos novos e efémeros con versos xa existentes e con reflexións ou ideas que se farán verso no momento do xogo.
Ás 20:00 h. Clausura.
Metodoloxía que se vai empregar:
– Realización práctica de actividades arredor da escrita creativa, da actividade escénica e a música como recursos nas clases de lingua e literatura.
– Pautas concretas sobre usos das tecnoloxías para fomentar o uso oral nas aulas.
– Presentación de recursos útiles para a narración oral.
Plano de avaliacion da actividade:
– Asistencia ao 85% das horas.
– Seguimento do desenvolvemento da actividade.
– Cumprimentación dunha enquisa por parte dos/as asistentes.
Destinatarios: Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
Criterios de selección: Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.com, tendo preferencia os/as socios/as da AS-PG.
Tipo e ámbito de difusión:
– Enviarase información aos socios/as da AS-PG e aos centros de ensino.
– Publicitarase na páxina web da AS-PG.
Importe da matrícula e tipos:
Matrícula gratuíta: 0 €”
Compostela: XVI Xornadas de Expresión Oral Tíralle da lingua, o sábado 21 de novembro