Palabras do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, na homenaxe “O Escritor na súa Terra – Letra E” a Agustín Fernández Paz

RecordamosMercedes, Agustín e Cesáreo 2009 aquí o texto lido polo Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, no acto de entrega da Letra E a Agustín Fernández Paz, que tivo lugar no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba o día 20 de xuño de 2009:

Amigas e amigos.

Querido Agustín.
Vimos dos lugares mais distantes da nosa Terra para oferecer esta homenaxe á túa obra fundadora, á túa biografía de bo e xeneroso. Para che oferecer este «E» de Escritor que as maos do labrego dos metais, Silverio Rivas, creou para ti.
Vimos á vila onde a alba é manancial e foi ourive do tempo para tecer a túa idade.
Vimos para te celebrar e celebrar o sermos dunha terra cunha cultura que vive e dialoga co mundo en galego, que en galego soña o seu futuro.
Acollémonos á sombra protectora de todos os escritores desta terra, de todas as xentes do común de noso que no labor do día a día construíron o noso idioma con palabras de traballo, de ledicia e de dor. Cantas vidas vividas se necesitan para enxendrar o son dunha soia palabra que nomee a luz desta terra, a que na súa profundidade doura as distancias, a que nos olla desde os seus azuis deitados en verde pano. 
Esas mesmas palabras dásnos na túa obra e son fervenza doutras palabras que mudan de son e de textura colorida segundo a hora do día na que receban a luz dos nosos ollos. Palabras grávidas do silencio da luz desta terra.
A túa obra foi tecida con fíos de dourada nube outonal nas chairas e a branca luz das sementeiras do froito sachado nos areais das mariñas. Escrebes na túa obra a nosa biografía colectiva que é a de seres humanos a soñar en galego a sermos desta terra e deste tempo.
Dásnos cos teus personaxes, co teu pensamento, co teu compromiso activo, o futuro na man para o poder ler e soñar.
Escrebes desde o humano para que sexamos home ou muller ou rapaza adolescente que habite os seres do real soñado na túa obra. Cando ti escrebes estás a nos dar unha visión do mundo construída desde nós propios, que o quere transformar para que sexa un mundo xusto e solidario. Fas o milagre: ensínasnos a soñar a crear outros mundos outras vidas humanas nas que recoñecérmonos.
Como non ter esperanza no futuro do noso idioma e do noso pobo ao ler a túa obra, se nela habita a raíña da luz de xuño cos seus ollos a arder de tanto espreitar o vento da chaira que habita nos seus eidos de veludo?
Estamos aquí contigo abenzoados polas xentes de ben que foron escribindo no caderno escolar do teu maxín, cores, cancións, números que contan e cantan o paso do tempo.
Daqueles que foron pondo nos teus días un pequeno mundo de sinais ou pedriñas brancas para non te perder, para te guiar no teu viver; unha terra que se nega a non ser, unha terra que é mancada hoxe no centro de gravidade do seu ser: o noso idioma.
Agriden o noso idioma e nós defendémolo coa túa obra.
Celebrar a túa obra é celebrar un canto ao futuro, é dar as grazas ao manancial dos soños que viven nos teus libros e que foron bebidos coma auga fresca amantiña nutricia polos nosos rapaces e rapazas. Hoxe habitan e son cántico no maxín dos nosos adolescentes, e todos eles que son o futuro desta terra. 
A túa obra é o froito dunha terra cunha cultura que dialoga e vive  mesmo que xa é soñada noutros idiomas do mundo  que é tenrura tanta, a tenrura no amor sen soidade nos soños, na vida secreta das imaxes. 
Enches de tenrura e dignidade aquilo que toca a túa escrita, aquilo no que pousas os teus pensamentos que baixan a peteirar nas mans da tarde e coma merlo óllannos co seus olliños e o seu peteiro amarelo, e son escrita e son letra a nos conmove,r a nos coñecer a nós propios mesmo en idades que xa partiron e fican en nós a revoar ingraves.
A biografía dos teus personaxes é biografía colectiva: a biografía dun tempo en espiral que nunca acaba. Cos teus textos somos aqueles rapaces e rapazas, como cando nos soñamos e a terra aínda non era redonda. Constrúes a escada que é comunicación entre as idades, e cada tempo do ser humano explica outro tempo que quizais existiu.
Os personaxes da túa obra sosteñen voces que piden a paz, voces que defenden a cerdeira e o paspallás, a biodiversidade cultural, a solidariedade, o amor, o igualitarismo. 
A biografía dos personaxes da túa obra: da muller, do home, do adolescente, explícanse, cóntanse desde a biografía do noso pobo, explícannos como pobo que lle está a dar á humanidade unha obra en convivencia con ela, en diálogo.
Na explicación do mundo a ética convive e habita a beleza a descubrir o mundo, para que os ameneiros sintan e veñan á luz, e veña a historia e a memoria sexa a cinza que tingue o corpo do noso presente. Cada rapaz ou rapaza sóñase no seu propio tempo, vive con outros, comparte a complexidade dos seus sentimentos, a súa visión do mundo, aprende a beber os soños como se bebe a auga na clara fonte.
Querido Agustín, a túa obra é unha homenaxe ao noso idioma, o que é fillo de séculos e séculos de acrisolar anacos de palabras incandescentes, ou po de estrelas ou anacos de efémeras verdades cantadas polas tecedeiras do liño, polas sachadoras do millo construídas no día a día, no aprender a ler na liña da vida das maos dos regatos nos eidos cotiáns: quen somos no aprender a interpretar os sons na escuridade da noite nos bosques que douran coma moedas de bronce nos outonos.

Neste día feliz, ancorado nestes días de serena e firme alerta activa ante a hostilidade ao noso idioma que é mancado para que só voe coma ave tolleita, a túa obra é un canto ao seu futuro e ao futuro do noso pobo, o que construíu o idioma, o que deu forma a este anaco da humanidade que somos os galegos.

Faleceu Agustín Fernández Paz, Socio de Honra da AELG

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega lamenta a perda do seu Socio de Honra Agustín Fernández Paz, quen na súa escrita e traxectoria persoal conciliou tenrura e dignidade.

Foi proposto pola AELG para o Premio Nobel de Literatura en 2015 e 2016. A AELG tamén impulsou o seu nomeamento como Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.

Hoxe, martes 12 de xullo, desde 17:00, velatorio na sala 9 do Tanatorio de Pereiró e mañá mércores, a partir das 10:00 h. Tamén mañá, no Salón do Tanatorio, acto civil na súa memoria ás 19:00 horas.

_NIK6616

Crónica videográfica da Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes (e V)

ObannerXLC2015 sábado 28 de novembro tivo lugar a Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes, actividade da AELG co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, no Centro Ágora da Coruña.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:

Presentación da conferencia “Ao redor do Proxecto Nimbos”, por Mercedes Queixas.

Ao redor do Proxecto Nimbos (conferencia) 1/3, por Martin Pawley.

Ao redor do Proxecto Nimbos (conferencia) 2/3, por Martin Pawley.

Ao redor do Proxecto Nimbos (conferencia) 3/3, por Martin Pawley.

Ao redor do Proxecto Nimbos (conferencia-coloquio), con Martin Pawley.

Crónica videográfica da Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes (IV)

ObannerXLC2015 sábado 28 de novembro tivo lugar a Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes, actividade da AELG co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, no Centro Ágora da Coruña.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:

Presentación do obradoiro “De palabra a píxel. Introdución á videopoesía”. Con Mercedes Queixas:

De palabra a píxel. Introdución á videopoesía (obradoiro) 1/2, por Celia Parra Díaz.

De palabra a píxel. Introdución á videopoesía (obradoiro) 2/2, por Celia Parra Díaz.

De palabra a píxel. Introdución á videopoesía (obradoiro-coloquio) 1/2, con Celia Parra Díaz.

De palabra a píxel. Introdución á videopoesía (obradoiro-coloquio) 2/2, con Celia Parra Díaz.

Crónica videográfica da Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes (III)

ObannerXLC2015 sábado 28 de novembro tivo lugar a Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes, actividade da AELG co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, no Centro Ágora da Coruña.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:

Presentación do obradoiro Poesía e Vídeo con/sen cámara. A experiencia da intención, con Mercedes Queixas:

Poesía e Vídeo con/sen cámara. A experiencia da intención (obradoiro) 1/2, con Antía Otero:

Poesía e Vídeo con/sen cámara. A experiencia da intención (obradoiro) 2/2, con Antía Otero:

Crónica videográfica da Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes (II)

ObannerXLC2015 sábado 28 de novembro tivo lugar a Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes, actividade da AELG co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, no Centro Ágora da Coruña.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:

Presentación da mesa redonda A cicatriz branca. O corpo da fala, por Mercedes Queixas:

A cicatriz branca. O corpo da fala (mesa redonda) 1/2. Eva Veiga le o texto de Margarita Ledo:

A cicatriz branca. O corpo da fala (mesa redonda) 2/2. Intervención de Eva Veiga:

Crónica videográfica da Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes (I)

ObannerXLC2015 sábado 28 de novembro tivo lugar a Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes, actividade da AELG co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, no Centro Ágora da Coruña.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:

Presentación da Xornada a cargo do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez:

Literamas, a literatura galega no cinema (conferencia) 1/3, por Manolo González:

Literamas, a literatura galega no cinema (conferencia) 2/3, por Manolo González:

Literamas, a literatura galega no cinema (conferencia) 3/3, por Manolo González:

Balance de actividades da AELG no primeiro semestre e programación para a segunda metade de 2016

CoaAELG Logo 3-2015 celebración da homenaxe “A Escritora na súa Terra – Letra E”, que nos levou a Rianxo o pasado sábado 25 de xuño da man de Helena Villar Janeiro (pode consultar aquí os textos das intervencións e unha crónica fotográfica), rematamos un semestre de actividades que pasamos a resumir, dando conta tamén do programa de traballo previsto para a segunda metade do ano.

A actividade pública comezou o 24 de febreiro coa celebración do Día de Rosalía de Castro, que a AELG vén promovendo desde 2010; nesta sétima edición as propostas da AELG para o ensino contaron coa participación de máis de 120 centros de todo o país. Ademais, seguiuse instando aos plenos municipais a sumarse a unha moción (aprobada xa en 49 concellos e nas Deputacións da Coruña e Lugo) que instaure esta data de celebración co compromiso de organizaren actos de recoñecemento da autora. Dada a ampla repercusión do Día de Rosalía, xa podemos considerar que se conseguiu que esta iniciativa da AELG fose apropiada pola sociedade.

A Escola de Escritoræs da AELG arrincou o ano o 27 de febreiro no Concello de Pontevedra co obradoiro “O poema é un animal escondido” a cargo de Carlos Negro e Baldo Ramos. Durante o segundo semestre terán lugar outros tres.

O 28 de febreiro recordamos na Coruña a Lois Pereiro, no mes no que naceu e cando se fan 20 anos do seu pasamento, coa colaboración na organización de “O fillo da furia. 20 voces por Lois”.

A Sección de Literatura de Tradición Oral comezou a súa actividade o 21 de febreiro, coa gravación en Dombate da informante de Literatura de Tradición Oral Dolores Macías Pose que, canda Mini e Mero, foi nomeada Mestra da Memoria o día 19 de marzo na Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria, celebrada en Lugo. A seguir, o 2 de abril, organizou en Mondoñedo a Polafía “Manuela Rey, memoria dun mito”. Está prevista para o 1 de outubro a celebración doutra no concello de Muíños (Ourense).

En abril comezou a temporada de paseos literarios nas cidades da Coruña e Vigo, que terán continuidade ao longo do ano.

Tamén en abril a AELG estivo presente con actividade propia na Feira Internacional do Libro de Bos Aires. Nesta viaxe, Cesáreo Sánchez, como presidente da AELG, fixo dúas ofrendas florais a Rosalía de Castro e Castelao.

A AELG coordinou a organización da I Gala do Libro Galego, que convocou canda a Federación de Librarías de Galicia a e Asociación Galega de Editoras para o 14 de maio en Santiago de Compostela. Nesta Gala foi nomeado Escritor Galego Universal o autor catalán Pere Gimferrer.

A AELG colaborou co Centro de Estudos Galegos de Lisboa no Ciclo (Des)Encontros Galego-Portugueses e co CSIC no VI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia.

Web da AELG

Contamos cunha nova sección da web, o Arquivo fotobiográfico d@s Escritoræs, que recompila e cataloga fotografías actuais e históricas que, baixo distintos tipos de licenzas, permite á sociedade consultar e colaborar na conservación do patrimonio fotográfico do noso sistema literario: calquera persoa poderá subir aquelas fotos do seu arquivo persoal que teñan que ver con actos literarios ou poidan axudar a completar as fotobiografías literarias das escritoras e escritores.

Ademais, estase traballando para que todos os contidos xa existentes na web poidan ser partillados nas redes sociais directamente desde a web, para así lles dar maior difusión.

Por outra banda, neste 2016 superáronse os 24.000.000 de visitas na páxina web.

Redes sociais da AELG

Hai anos que a AELG é moi activa no Facebook. Desde o mes de abril tamén o é no Twitter: considerouse que esta rede social é de utilidade non só para difundir as actividades da AELG, tamén os contidos da súa web, poñéndoos en relación coa actualidade do sistema literario. Os datos confirman que a iniciativa é rendíbel, pois cada mes sobe en 60 o número de seguidoras/es e a visualización media mensual dos chíos pasou de 3.000 a 100.000.

***

Alén das xa indicadas, estas son as demais actividades previstas para o segundo semestre:

A recentemente creada Sección de Dramaturxia da AELG botará a andar a súa actividade pública na Coruña coa celebración da primeira edición dunha xornada sobre a situación do xénero.

Crónica da homenaxe “A Escritora na súa Terra – Letra E” a Helena Villar Janeiro

CRÓNICA

Mirarei este mar
cos ollos que hoxe inscribo nesta pedra.
Navegarei solpores en Rianxo
sen antes ter eu sido mariñeira.

Helena Villar Janeiro

Escribir, tirar do fío para dispoñelo en urdas, para pasar a trama, para facer a tea: tecer. Tecer a vida cara adiante como as hedras da clepsidra poboan o tempo que flúe. Tecer a vida cara atrás como quen remonta o río e volve a onde só a palabra recupera os instantes. Recoller palabras de noso, tal abelorios, e nomear o mundo igual que se bordara as formas dos soños que fabula. Tiña que ser así porque Helena medrou entre fíos na xastrería familiar, primeiro ensino, primeiro ateneo, onde se recitaban os clásicos, se interpretaba bel canto e desfilaban historias e personaxes, segundo ela mesma refire. 

A Asemblea de Socias/os da AELG aprobou por unanimidade outorgar a Letra E de 2016 a Helena Villar Janeiro, quen xa é Socia de Honra da AELG. Entregouselle en Rianxo o 25 de xuño, na que foi a vixésimo segunda edición desta homenaxe.

A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou en 2016 á súa XXII edición recaendo na figura de Helena Villar Janeiro, que foi homenaxeada no Concello de Rianxo, a terra que ela elixiu para vivir os solpores da ría de Arousa.

Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de dúas décadas como unha celebración na que a terra de orixe ou adopción do homenaxeado/a cobra un protagonismo fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as  procurando o contacto directo co autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe. Unha celebración múltiple e popular na que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor/a (unha peza escultórica de Caxigueiro), a plantación dunha árbore simbólica (un loureiro elixido pola propia autora) e a colocación dun monólito conmemorativo.

Vexa aquí a crónica fotográfica completa da homenaxe (da autoría de Eduardo Castro Bal – A. C. Alexandre Bóveda – Ollo de vidro)

PROGRAMA

Paseo Marítimo no Peirao de Sete Fogas

Descubrimento do Monólito conmemorativo e plantación do loureiro (árbore simbólica da escritora)

Acto de entrega da “Letra E” (Escola da I República – Cuartel vello)

Entrega da peza escultórica do artista Caxigueiro

Intervención da homenaxeada: Resposta á laudatio por parte de Helena Villar Janeiro.

14:00 h. Xantar no Pazo de Rianxiño

Xantar de confraternidade.