O 28 de maio, ás 20:00 horas, na Rúa do Vilar, 19, terá lugar o acto de entrega dos Premios da Crítica 2018, en lingua galega, na modalidade de narrativa e poesía, organizado pola Asociación Galega da Crítica (AGC) coa colaboración do Ateneo de Santiago.
Estes premios concédeos a Asociación Española de Críticos Literarios dende 1956 e outórganse aos mellores libros de narrativa e poesía publicados no ano anterior, tanto en castelán como en galego, euskera e catalán. A decisión do xurado dos Premios da Crítica deuse a coñecer en Vilafranca do Bierzo o pasado día 6 de abril. A proposta da Asociación Galega da Crítica, este ano o fallo recaeu no poemario Tempo fósil de Pilar Pallarés e na novela Extraordinario de Antón Lopo.
O acto consistirá no seguinte:
– Intervención de apertura do acto por Salvador García-Bodaño, Presidente do Ateneo de Santiago, e Mario Regueira, Presidente da Asociación Galega da Crítica.
-Presentación da obra Tempo fósil por Carme Fernández-Pérez Sanjulián.
-Intervención de Pilar Pallarés.
-Presentación da obra Extraordinario por Ana Romaní.
-Intervención de Antón Lopo.
-Entrega dos premios.
-Intervención de clausura do acto.
Arquivos da etiqueta: Ateneo de Santiago
Compostela: conferencia de María Xesús Lama, Rosalía de Castro: en busca da biografía perdida
Compostela: presentación de Golpistas e verdugos de 1936
Compostela: presentación de Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García, edición de Miro Villar
Compostela: encontro coas autoras galardoadas nos Premios da Crítica Española 2017
Compostela: presentación de Poesía mínima, de Helena Villar
Compostela: Lecturas de Avilés de Taramancos, María Mariño, Pondal e Cabanillas
Compostela: encontro da crítica galega con Eva Veiga e Isaac Xubín
Compostela: lectura dramatizada de Somnámbulos, de Suso de Toro
O
luns 20 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón Afundación (Rúa do Vilar, 19) de Santiago de Compostela, terá lugar unha lectura dramatizada sobre Somnámbulos, de Suso de Toro, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e o Ateneo de Santiago, participa, xunto ao autor, o actor Federico Pérez.
Santiago: Xosé María Díaz Castro: Nimbos de luz, conferencia de Armando Requeixo
O
luns 19 de maio, ás 20:00 horas, no Ateneo de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19), Armando Requeixo pronunciará a conferencia Xosé María Díaz Castro: Nimbos de luz, arredor do autor homenaxeado este 2014 co Día das Letras Galegas. O acto finalizará cun recital poético a cargo dos membros de teatro Ditea.






