O
xoves 6 de abril, ás 19:30 horas, na Fundación Granell (Praza do Toural), en Santiago de Compostela, terá lugar unha festa poético-musical arredor de Nierikate, obra que recolle traducións para o galego de Xoán Abeleira. No acto participan, xunto ao autor, Arturo Casas, Antón Lopo, Verónica Martínez Delgado, Uxío Novo, Baldo Ramos e Ramiro Torres, entre outras persoas.
Arquivos da etiqueta: Baldo Ramos
Allariz: inauguración da exposición Cartografías de papel, de Baldo Ramos
Carlos Negro gaña a XVI edición do Premio Fiz Vergara Vilariño, con Tundra
Coñécese a gañadora do XV Certame Literario Relato de Aventuras
O venres 13 de maio, o xurado do XV Certame Literario Relato de Aventuras, organizado polo Concello de Noia e a revista de creación literaria e cultura do IES “Virxe do Mar” de Noia, fallou o premio do Certame.
O xurado estivo composto por:
– Don José Pérez Martínez, concelleiro de cultura, en calidade de presidente.
– Dona Mercedes Queixas Zas, profesora e escritora.
– Dona Oliva Fraga Lombardía, traballadora do Concello.
– Don Baldo Fernández Ramos, profesor e escritor.
– Don Antonio Piñeiro Fernández, profesor, editor e escritor.
– Don Xavier Castro Rodríguez, profesor e co-director da revista de Creación Literaria e Cultura “Casa da Gramática” do I.E.S. “Virxe do mar” de Noia.
Dos 10 traballos presentados resultou gañador o presentado co título Tom, Huck e o misterio da trabe de ouro, da autoría de Alexandra Martínez Martínez, coñecida polo nome de Alex Bayorti.
Libros conversos: diálogo entre a plástica e a poesía
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Unha mostra de Baldo Ramos e Xosé María Álvarez Cáccamo que se pode visitar no Museo do Pobo Galego. A entrevista pode verse aquí.”
Compostela: inauguración da exposición Librosconversos, con recital poético de Pepe Cáccamo e Baldo Ramos
No recital poético participarán: Xulio L. Valcárcel, Alfredo Ferreiro, Gonzalo Navaza, Vítor Vaqueiro, Xurxo Alonso, Carlos Fontes, Marga do Val, Ana Romaní, Román Raña, Olalla Cociña, Eduardo Estévez, Alba Cid, Celso Fernández Sanmartín, Carlos Negro, Luís Valle, Xerardo Quintiá, Eva Veiga, Salvador García-Bodaño e Mariña Pérez Rei.
Escola de Escritoræs: Obradoiro a cargo de Carlos Negro. “O poema é un animal escondido”
Obradoiro de creación literaria d
a Escola de Escritoras/es da AELG, a cargo de Carlos Negro, cunha sesión de malabarismo creativo a cargo de Baldo Ramos.
No Pazo da Cultura de Pontevedra (Rúa Alexandre Bóveda)
Aberto o prazo de inscrición.
25 prazas, gratuítas, para maiores de 16 anos, que se adxudicarán por orde de solicitude (inscricions@pontevedra.eu).
O poema é un animal escondido
Se queres escribir, desanda o camiño.
Abre os ollos, as orellas, as portas da casa.
Escoita o inaudible.
Achégate como quen pasa a man polo lombo dunha besta salvaxe.
Estou dentro de ti.
Eu son o poema.



