Arquivos da etiqueta: Carlos Labraña
Compostela: mostra aberta ao público de catro pezas breves no marco do Obradoiro de dramaturxia A palabra na dramaturxia posdramática
O
sábado 22 de decembro, ás 12:00 horas, na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural Santa Marta do Concello de Santiago de Compostela (Rúa Antonio Rama Seoane, 6), terá lugar unha mostra aberta ao público de catro pezas breves heterodoxas, que abren o seu proceso a quen queira coñecelas directamente, como resultado do Obradoiro de dramaturxia A palabra na dramaturxia posdramática, por Afonso Becerra, organizado pola Concellaría de Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela a AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
O equipo de traballo está formado por:
José Breijo Vidal (Topo)
Raquel Castro Martínez
Gonzalo Castro Martínez
Sonsoles Cordón Troncoso
Andrea Dunia Díaz Casal
Sabela Fernández
Ana Fernández Sánchez
Iria Fernández Sobrado
Ismael Enrique Gil Candal
Carlos Ignacio Labraña Barrero
Yelena Molina
Teresa Moure Pereiro
Fiz Patiño (Xiba)
Ana Rosa Pavón Grande
Marcela Rodríguez Portas
Paula Sanmartín Juncal
Co profesor coordinador: Afonso Becerra Arrojo (Afonso Becerra de Becerreá)
***
Este obradoiro tratou de exploración e creación teatral a partir de algunhas das condicións xerais de composición nas dramaturxias posdramáticas. Experimentación e análise de dramaturxias colaborativas de proceso. A creación en equipo. Pesquisa práctica e reflexión sobre a palabra como material no ámbito da danza e o teatro contemporáneos posdramáticos.
Compostela: representación de O Apalpador, de Carlos Labraña con Furabolos
Culturgal 2018, Pontevedra: actividades literarias destacadas do 30 de novembro
Do
30 de novembro ao 2 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar o Culturgal 2018.
As actividades literarias destacadas do programa para o 30 de novembro son:
– 11:00 h. Espazo Foro. Ler o mundo. Editorial Galaxia. Con centros de educación secundaria. Conversa entre Francisco Castro, autor de Iridium, e Amparo Rodicio, neuropsicóloga da Asociación Alento de Vigo, sobre o Dano Cerebral Adquirido e sobre a diversidade funcional.
– 17:00 h. Espazo Foro. Un neno na emigración e Vasoiras Barreiro. Edicións Fervenza. Presentación de dous contos infantís/xuvenís da autoría de Francisco Álvarez-Koki. Escritos en galego, castelán e inglés. Co autor, María Dolores Estévez e Carlos Loureiro.
– 17:30 h. Espazo Libro. Eli Ríos presenta DX, publicada por Urco Editora. Estará acompañada por David Cortizo.
– 18:00 h. Espazo Libro. Presentación de A madriña. Edicións Fervenza. Con María Carmen Caramés Gorgal, autora, Xosé Manuel Lobato e Adrián Dono, ilustrador.
– 18:00 h. Espazo Libro. Colección Narrativa K (Kalandraka Editora). Coloquio con tradutores/as. Con Ramón Nicolás, tradutor e crítico literario, Laureano Araujo, profesor e tradutor, Xesús Fraga, xornalista cultural e tradutor, Antía Veres, tradutora, e Xosé Ballesteros, director da editorial.
– 18:30 h. Espazo Infantil Deleite. Lambetadas. Talía Teatro. Presentación do novo espectáculo dirixido por Diego Rey con Artur Trillo e María Ordóñez como intérpretes.
– 19:30 h. Espazo Foro. Máis que ver. Cen historias do deseño en Galiza. Xerais. Con Pepe Barro, autor. Presenta: Fran Alonso.
– 19:30 h. Espazo Foro. Presentación do libro A xestión cultural en Galicia. Unha visión panorámica e actual. Curso de Expertxs Universitarixs en Xestión Cultural da USC. Con Marcos Lorenzo e Sergio Lago, directores do curso, e autoras/es.
– 19:30 h. Espazo Infantil Deleite. Presentación da obra A fada pirata e representación teatral. Gañadora do Premio O Facho de Teatro. Edicións Fervenza. Con Estefanía Bustabad, Pablo Nuñez, Carlos Labraña e Paula Castro.
– 20:00 h. Espazo Libro. Presentación dos libros do Ciclo dos elementos: Xerais. A escritora María Reimóndez conversa coas súas lectoras; Ánxela Lema: En vías de extinción, Montse Dopico: Dende o conflito, Mercedes Peón: A música dos seres vivos, Montse Paz: As cousas que non queremos oír.
– 20:30 h. Espazo Libro. Conversa entre Antía Yáñez, autora de Senlleiras e Anna R. Figueiredo, autora de Os bicos feridos, publicadas en Galaxia.
– 21:30 h. Auditorio Pazo da Cultura. Sofía e as Postsocráticas. Inversa Teatro. Preestrea. Directora: Marta Pérez. Con María Roja, Silvia Penas e Marta Pérez. Espectáculo especial: prezo 10€. Entradas en Ticketea.
Betanzos: representación de O valo, de Carlos Labraña
Compostela: representación teatral de O valo, de Carlos Labraña
Vilar de Santos: representación de O valo, de Carlos Labraña
O
sábado 29 de setembro, ás 18:00 horas, na Arca da Noe (Rúa do Forno, 13-15), en Vilar de Santos, represéntase a obra O valo, de Carlos Labraña, polo grupo de teatro Os Furabolos, interpretada por Pablo Núñez, no papel de Soldadiño de chumbo e o autor no de Sahara, o espírito do deserto.
Compostela: representación de O valo, de Carlos Labraña
Gondomar: XI Semana do Libro e a Lectura Dar que ler coma quen dá de beber
Culturgal, Pontevedra: actividades literarias destacadas do venres 1
Do
1 ao 3 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, e con horarios de 11:00 a 21:00 horas o venres 1 e sábado 2, e de 11:00 a 20:00 horas o domingo 3, terá lugar o Culturgal 2017. O prezo das entradas é o seguinte: “a entrada xeral por día ten un prezo de 2 euros, entregarémosche unha pulseira e entrarás e sairás do recinto cando queiras durante ese día. Se queres acceder máis de 1 día, tes unha pulseira de 3 euros coa que poderás entrar e saír durante os 3 días. Nenas e nenos até 12 anos (incluídos) pagan 1 euro por día e 2 euros pola pulseira bono. Menores de 3 anos non pagan entrada.”
As actividades literarias destacadas do programa para o venres 1 son:
– 18:00 h. Espazo infantil Deleite. A galiña azul. Secretaría Xeral de Política Lingüística. Programa FalaRedes 2017. Actividade teatral de dinamización da lingua galega inspirada na obra homónima de Carlos Casares, a cargo de Ubú Teatro.
– 19:30 h. Espazo Libro. Mesa redonda «Teatro nas escolas». Edicións Fervenza. Con Raquel Castro, Carlos Labraña, Xosé Lois García e José Luis Graña.
– 19:30 h. Espazo Infantil Deleite. O branco non pinta!. Apiario. Con Antía Otero, autora, que contará o conto que María Brenn, ilustradora, debuxará en directo.
– 20:00 h. Sinatura de Xabier P. DoCampo (stand Xerais).
– 20:30 h. Manuel Bragado conversa con Xabier P. DoCampo sobre A nena do abrigo de astracán, publicado en Xerais.





