Desde Afundación:
“Afundación, a Obra Social de ABANCA, deu a coñecer en xullo na Sede Afundación de Pontevedra os artigos finalistas do XXII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego que, nesta edición, ademais dos 10 000 euros para a gañadora, entregará tamén 2000 euros a cada unha das dúas finalistas. Tras a deliberación do xurado, integrado por Víctor Freixanes, Carlos Valle, Xosé Carlos Caneiro, Fina Casalderrey, Gloria Rodríguez e Diego Ameixeiras, fíxose pública a resolución das persoas finalistas desta edición. As persoas finalistas son, xa que logo, Alba Moledo Ucha por «Agromar» publicado en Diario de Pontevedra o 06/06/2024; Rexina Vega, por «Aínda aprendo», en Tempos Novos, o 01/01/2024; e Carmen Villar, por «A terra que nos ata ao mundo» en Faro de Vigo, o 19/05/2024.
Na rolda de prensa, Pedro Otero Espinar, director xerente de Afundación, subliñou «tanto a ardua tarefa de selección por parte do xurado, dada a calidade dos textos presentados, como o papel esencial que o xornalismo desempeña e que require grandes esforzos e se nos revela imprescindible». Fina Casalderrey, vogal decana do xurado, pola súa banda, quixo «agradecer a Afundación o mantemento deste premio, ao tempo que felicito a todas as persoas que enviaron o seu artigo, porque é un acto de xenerosidade e de humildade. Os temas foron variados, de índole intimista, feminista, de análise política, de identidade, de saúde física e mental e de reivindicación, e sempre cunha calidade tan elevada que nos levou a apaixonados debates na deliberación».
Todo o material desta rolda de prensa, xunto aos artigos finalistas, está dispoñible aquí.”
Arquivos da etiqueta: Carmen Villar Alonso
A Coruña: recital de poesía e música do Obradoiro de Creación Literaria Carácter e canto
Madrid: sinaturas das Comadres das Letras e María Álvarez Landesa na Feira do Libro 2025
Negreira: III Encontro Poético
Bueu: presentación de Os mil e un días, de Carmen Villar Alonso
Compostela: Festival Alguén que respira! 2024
Negreira: II Encontro poético Gazafellos do Val
A Coruña: presentación de Os mil e un días, de Carmen Villar Alonso
Compostela: presentación de Os mil e un días, de Carmen Villar Alonso
Crónica videográfica do acto central do Día de Rosalía de Castro 2023 en Compostela (II)
Estes son algúns dos vídeos do acto central do Día de Rosalía de Castro 2023 en Compostela, que tivo lugar o 25 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, organizado pola AELG, co apoio de CEDRO. A crónica videográfica completa pode verse aquí.
– Recital de poemas rosalianos:
– Interpretación musical da Coral da A. C. Solfa:
– Título do vídeo: Ofrenda floral e interpretación do Himno Galego: