Desde
Fervenzas Literarias:
“José Carou Rey vén de gañar, co seu libro Desvelando a Ademar Escambia, o XVIII Certame de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos que convoca o Concello de Noia e organiza a revista ‘Casa da Gramática’ do IES Virxe do Mar.
O xurado desta edición estivo formado por Xerardo AgraFoxo, Xavier Castro, Antonio Piñeiro e Baldo Ramos, actuando como presidente o alcalde de Noia Santiago Freire e como secretaria Oliva Fraga, responsable da Casa da Cultura de Noia. O xurado declarou o traballo de Carou Rey gañador por maioría.
Como voceiro do xurado, Antonio Piñeiro referiuse á obra gañadora como dunha “pescuda ou exploración sobre a vida de Ademar Escambia, un actor de cine fantástico que, por causas que no libro se desvelan, suicida, feito que leva a súa dona e ao seu fillo visitar a cidade de Sitges cando se celebra o Festival de Cine Fantástico, para pescudar na vida de Ademar. O libro conta cunha bonita carga de erudición, cunha bonita carga de afección cinéfila, e cunha linguaxe moi dotada, esteticamente moi apreciable, gramaticalmente moi correcta e con moito oficio”.
Á parte da cantidade económica estipulada nas bases, Desvelando a Ademar Escambia será publicado nas vindeiras datas pola editorial Toxosoutos e o gañador recibirá unha escultura do artista noiés Alfonso Costa. (…).”
Arquivos da etiqueta: Concello de Noia
Noia: presentación de Tu contas e eu conto, de Susana Sanches Arins
Noia: presentación de Campo aberto, de César Souto Vilanova
Bases do XVIII Certame de relato de aventuras Antón Avilés de Taramancos
Noia: entrega do XVII Certame de relato de aventuras Antón Avilés de Taramancos
Noia: presentación de O país sen fronteiras, de Xerardo AgraFoxo
Bases do XVII Certame de Relatos de Aventuras Antón Avilés de Taramancos
Noia: presentación de Crónicas de Jean Froissart. A conquista de Galiza e León (1386-1387), traducido por Paulo Nogueira
Noia: recital-homenaxe a Antón Avilés de Taramancos, O poeta é un cazador alucinado
Decisión do xurado do Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos
O
xurado do Certame Literario Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos, premio convocado polo Concello de Noia e a revista cultural “Casa da Gramática”.
O xurado do premio constituído por:
D. José Pérez Martínez alcalde do Concello de Noia, presidente.
Dona Mariña Pérez Rei, profesora e escritora.
Dona M Concepción Allut VIdal, traballadora do Concello de Noia
D. Agustín Agra Barreiro, profesor e escritor
D. Xosé Lastra Murais, profesor e escritor
D. Xavier Castro Rodriguez, profesor e codirector da revista Casa da Gramática do IES “Virxe do Mar” de Noia-
Reuníronse o 19 de maio e rematadas as deliberacións e por UNANIMIDADE, o xurado decidiu deixar deserto o premio deste Certame correspondente á edición décimosexta.”








