Arquivos da etiqueta: Darío Xohán Cabana
Ponteceso: conferencia de Darío Xohán Cabana no Outono Pondaliano
O
martes 30 de novembro, a partir das 16:00 h., na Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso, proseguen as actividades do Outono Pondaliano, coa conferencia de Darío Xohán Cabana sobre De Pondal a Novoneyra. O programa completo pódese consultar aquí.
Muíño do Rañego, Vilalba: Nun lugar dos soños, homenaxe a Darío Xohán Cabana
O sábado 13 de novembro, a partir das 12:00 h., no Muíño do Rañego de Vilalba, terá lugar a edición do 2010 de Nun lugar dos soños, coa que a Asociación Xermolos e a Irmandade Manuel María homenaxean a figura de Darío Xohán Cabana. Haberá unha táboa redonda coa participación de Xosé Luís Calvo Vidal, Marica Campo, Paco Martín, Yago Rodríguez Yáñez e Xulio Xiz, seguida pola colocación do quinto hectómetro literario no Paseo dos Soños, finalizando cun xantar de irmandade en A Nova Ruta de Vilalba e a posterior actuación musical. Quen queira apuntarse aos actos de homenaxe poden facelo no teléfono 646-413890.
Ourense: Auria, actividades do día 14
Dentro das
actividades de Auria, que se desenvolve no Xardín do Posío de Ourense, o xoves 14 de outubro prosegue a Feira do Libro, en horarios de 17:00 a 22:00 h. No programa literario destacan os seguintes actos:
19:00 h. Mesa redonda: Biografías, da realidade á historia literaria, tras o encontro e sinatura de libros con José Luis Corral Lafuente. Na mesa participan Darío Xohán Cabana, Luís Rei Núñez, Vicente Araguas e Xoán Bernárdez Vilar, moderados por Ramón Pernas.
O programa completo pódese descargar aquí: Programa de Auria, Semana de Literatura Histórica.
Darío Xohán Cabana: “O vicio de escribir”
Entrevista
a Darío Xohán Cabana en Galicia Hoxe:
“Galicia Hoxe (GH): A literatura para un escritor é ó mesmo tempo profesión e hobby?
Darío Xoán Cabana (DXC): Para min non é unha profesión porque non vivo dela. Tampouco é un hobby, xa que é unha cousa moito máis seria ca iso. É un vicio, pois unha vez que te metes nela é coma o tabaco, que non o dás deixado.
GH: O escritor sempre ten un libro baixo o brazo?
DXC: Non, un escritor é un cidadán normal e corrente coma outro calquera, ó que lle gusta tomar uns viños, dar un paseo, estar sen facer nada ou falar coa xente.”
Culleredo: homenaxe a Uxío Novoneyra a cargo de Darío Xohán Cabana
O vindeiro mércores 26 de maio, ás 20:00 na Biblioteca da poesía “Uxío Novoneyra” (Vilamelania-Vilaboa, Culleredo), terá lugar en homenaxe ao poeta unha lectura a cargo do escritor Darío Xohán Cabana.
Darío Xohán Cabana: “Uxío Novoneyra foi un xenio da palabra”
(Vieiros)