Arquivos da etiqueta: David Cortizo Conde
Compostela: presentación de Despois do cataclismo, de María Alonso
Antonio Manuel Fraga gaña o I premio Antón Risco de literatura fantástica
Desde
Urco Editora:
“Reunido en Ourense, no Restaurante “O Pingallo”, a quinta-feira día 10 de decembro de 2015, o xurado formado por Mario Regueira, Isabel Mociño, Mila da Aira, António Sague e João Madureira e actuando como vogais da Urco editora e sen voto, Tomás González Ahola e David Cortizo Conde, decidiuse que, de entre as dezaoito obras recibidas, o primeiro premio Antón Risco de literatura fantástica recae sobre a obra presentada baixo o título Querido H. P. L. que, logo da apertura da plica, resultou ser da autoría de Antonio Manuel Fraga Allegue.
Asemade, pola súa calidade, o xurado tamén decidiu nomear finalista a obra Peixe Babel, da autoría de Carlos Quiroga, que será premiada coa súa publicación.
En Ourense, 10 de decembro de 2015″
Lalín: Xosé Duncan presenta As Crónicas de Bran e Hostal Norte
O
venres 13 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Vagalume de Lalín (Rúa B, 20, baixo) Xosé Duncan presenta a súa triloxía de As Crónicas de Bran e Hostal Norte, publicadas por Urco Editora. No acto, xunto ao autor, participa David Cortizo.
Vigo: presentación de Despois do cataclismo, de María Alonso
A Coruña: presentación de Non hai luz sen escuridade, de Andrea Barreira
Vigo: actividades destacadas do sábado 4 e domingo 5 de xullo na Feira do Libro
O
sábado 4 e domingo 5 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Rúa Progreso, xunto ao MARCO), con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para estes dous días:
Sábado 4
– 18:00 h. Actividade infantil. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz. Organizada por Nova Galicia Edicións.
– 19:00 h. Noa Pérez asina exemplares da súa obra O ocaso da familia Portela, publicada por Barbantesa, na caseta de Librouro.
– 19:45 h. Jorge Emilio Bóveda presenta A morte vén en chancletas, publicada por Enxebrebooks, acompañado de David Cortizo.
– 20:30 h. Iria Collazo presenta Coma unha áncora, publicada por Galaxia. Participará no acto Francisco Castro.
Domingo 5
– 19:00 h. Séchu Sende presenta A República das Palavras, publicada por Através Editora. Participará a cantora Alba María.
– 20:00 h. Recital poético do Grupo Brétema.






