Arquivos da etiqueta: Deputación da Coruña
Compostela: presentación de Regnum totius Gallaeciae. O Reino Medieval de Galicia
O 17 de setembro, ás 19:30 horas, na sala de actividades do Museo do Pobo Galego, preséntase o libro Regnum totius Gallaeciae. O Reino Medieval de Galicia, editado pola Deputación da Coruña. A publicación recolle os dezanove relatorios expostos no congreso celebrado no Museo do Pobo Galego entre o 19 e o 22 de setembro de 2022.
A Coruña: XV Lúas de Outono 2024. Manuel María, o 18 de setembro
Vídeo da mesa redonda virtual: “Johan Vicente Viqueira. Vida, obra e permanência nos 100 anos do seu passamento”
70 minutos con Ramón Nicolás, sobre Francisco Fernández del Riego
70 minutos con Marilar Aleixandre
70 minutos con Francisco Rodríguez
70 minutos con Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes
70 minutos con Ricardo Gurriarán e Miro Villar, sobre Florencio Delgado Gurriarán
Ferrol: Obradoiro creativo de poesía tradicional Eu cantar cantar cantei…, con Antón Cortizas Amado
O Obradoiro creativo de poesía tradicional Eu cantar cantar cantei…, impartido por Antón Cortizas Amado e cunha sesión especial con Ricardo Casás e Xurxo Souto, é unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, actividade subvencionada pola Deputación da Coruña, coa colaboración da Asociación Veciñal de Canido e o Concello de Ferrol.
A poesía naceu da oralidade e da socialización, e grazas á tradición hoxe somos quen de cantar do xeito que colectivamente somos. No ano próximo o día das letras galegas estará dedicado á poesía de tradición oral; nós, que tamén somos tradición, sacaremos á luz a melodía e a beleza das palabras que levamos dentro. E farémolo convertendo o noso nome en metáfora e a nosa voz en melodía, e brincaremos coas palabras utilizando a ferramenta das nosas mans e da música que nos mergulla no humilde mar da nosa esencia.
Eu cantar cantar cantei,
a graza non era moita,
mais púxenme a imaxinar…
A que che soa? Continúa ti o teu poema.
Terá lugar na Biblioteca do Centro Cívico de Canido, en Ferrol (Rúa Poeta Pérez Parallé).
Hai 20 prazas para persoas maiores de 16 anos. A inscrición, gratuíta, pode realizarse, indicando nome e apelidos, xunto ao nome do obradoiro, no correo electrónico oficina@aelg.org. As solicitudes atenderanse por orde cronolóxica de chegada.
Calendario e horarios
– Sábados 28 de setembro; 19, e 26 de outubro; e 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro de 2024, de 11:00 a 13:30 h.
Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.