Lugo: presentación de Denso recendo a salgado, de Manuel Portas

O venres 15 de outubro, ás 20:00 h., na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4) de Lugo, preséntase Denso recendo a salgado, primeira novela de Manuel Portas. Acompañarán ao autor Xosé Chorén, Xosé Miranda e Fran Alonso.

Vigo: presentación de Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz

O venres 15 de outubro preséntase na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa) de Vigo, a partir das 20:00 h., o libro Luz de Tebra, de Ánxel Vázquez de la Cruz, publicado por Xerais. No acto acompañarán ao autor Marita Vázquez de la Cruz, Xesús López Carreira e Manuel Bragado.

Madrid: presentación de Inmunda escoria, de Ricardo Gurriarán

O xoves 7 de outubro, a partir das 19:30 h., preséntase no Blanquerna Centre Cultural (rúa Alcalá, 44) de Madrid o libro Inmunda escoria. A Universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968, de Ricardo Gurriarán, publicado en Xerais. O acto contará coa participación de Xosé María Calviño, Ezequiel Méndez, Fermín Bouza e o propio Ricardo Gurriarán. Este evento está organizado por Xerais, pola Fundación 10 de Marzo e por Blanquerna Centre Cultural.

Tui: presentación de Randea do alento, de Herta Müller, traducida ao galego por Marga do Val

O martes 5 de outubro, a partir das 20:00 h., preséntase na Biblioteca Municipal de Tui a tradución ao galego da última novela da Premio Nobel alemana Herta Müller, Randea do alento, obra de Marga do Val, publicada recentemente en Xerais. No acto participará a propia tradutora, María Xosé Queizán, e Montserrat Bascoy Lamelas, doutora en Filoloxía xermánica.

A tradución ao galego de Reckless, de Cornelia Funke, participará simultaneamente no lanzamento internacional da obra

O vindeiro 14 de setembro de 2010 aparecerá nas librarías de Alemaña, os Estados Unidos e Reino Unido as edicións alemá e inglesa da novela Reckless. Carne de pedra, a primeira entrega da triloxía de Cornelia Funke, cunha tirada entre as dúas dun millón de exemplares. O mesmo día aparecerán, tamén, as edicións francesa, castelá, catalana e a galega, traducida por María Xesús Bello Rivas e publicada por Xerais, sendo a primeira vez en que a nosa lingua se incorpora a un lanzamento literario internacional deste tipo. Cornelia Funke (Dorsten / Westfalia, Alemaña, 1958) é unha das autoras máis lidas no mundo. Coñecida como a «Rowling alemá» e elixida pola revista Times como unha das cen persoas máis influentes do planeta, xa vendeu máis de 14 millóns de exemplares das súas obras, entre as que destaca Tintenwelt (Mundo de Tinta).

Carballo: Praza dos libros, actividades do sábado 28 e domingo 29

Dentro das actividades da Praza dos libros de Carballo, o sábado 28 de agosto, ás 20:30 h., A lingua que queremos, presentación conxunta dos libros Lingua e futuro, coordinado por Goretti Sanmartín, publicado en Laiovento, Lingua de calidade, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, publicado en Xerais, e Estudos xurídicos sobre o decreto para o plurilingüismo, coordinado por  Luís Villares, publicado en Laiovento. No acto participan os autores acompañados por Silvana Castro.
O domingo 29 de agosto, derradeiro día da feira, ás 18:00 h., preséntase o libro Galiza en Suíza. 50 anos de presenza galega en Suíza, publicado pola CIG, coordinado por Xurxo Martínez Crespo, que participará no acto acompañado por Marianne Hellfer.