O
luns 17 de xaneiro, ás 17:30 h., na Fundación Caixa Galicia de Pontevedra, preséntase o libro Pel con pel, publicado por Galaxia. No acto participan Ledicia Costas, Marta Dacosta e Francisco Castro.
Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Vigo: homenaxe a Francisco Fernández del Riego
O
venres 14 de xaneiro, ás 19:30 h, na sala de conferencias do Centro Social Novacaixagalicia (Rúa Policarpo Sanz, 24-26) de Vigo, terá lugar unha homenaxe a Francisco Fernández del Riego, organizada pola Fundación Penzol e a Editorial Galaxia. Participarán na homenaxe, para a que se están a recibir numerosas adhesións, Ramón Villares, Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Bragado, os académicos Xosé Luís Franco Grande e Xesús Alonso Montero, a filóloga e investigadora Malores Villanueva, Marián Vidal, directora técnica da biblioteca e arquivo Penzol, Benxamín Casal e Alfonso Zulueta de Haz (vicepresidente da Fundación Penzol). Antón Pulido entregaralle á Fundación Penzol unha copia do retrato de don Paco que no seu día o pintor realizou para a Real Academia Galega. Tamén se proxectará un vídeo de carácter biográfico realizado por Félix Vidal, mentres que Rosa Aneiros, premio de xornalismo Fernández del Riego, escribiu Unha Alba de Gloria para Fernández del Riego. O acto estará conducido por Víctor Freixanes. Crónica posterior en Galicia Hoxe e La Voz de Galicia.
Ana Romaní: Estremas, “Un libro fóra da correción e da mesura”
Entrevista
a Ana Romaní na web de Galaxia:
“- Galaxia (G): Sen rodeos, hai neste mundo sitio para os poetas?
– Ana Romaní (AR): Hainos que atopan o seu sitio neste mundo, hainos que buscan outros mundos e hainos que máis que sitio procuran outro lugar. (…)
– G: Sei que é un tópico, pero existe a voz poética da muller?
– AR: A voz poética da muller non, as voces poéticas das mulleres si.
– G: Como ves o panorama?
– AR: Exhausto.”
Galaxia publica 1Q84, a nova novela de Murakami
(Galaxia, La Opinión, Xornal)
Raxó, Poio: presentación de Un soño na bandexa, de Mariné Lorenzo
O
martes 4 de xaneiro, ás 18:00 h., en Raxó, no Concello de Poio, preséntase Un soño na bandexa, de Mariné Lorenzo Corcoba. No acto participan Francisco Castro, coordinador de novos proxectos de Galaxia, Fina Casalderrey acompañando á autora.
Galaxia publicará no 2011 un libro inédito de Fernández del Riego
Xosé Neira Vilas: “Escribir é algo esencial. A miña razón de vivir”
(Galaxia)
Galaxia e Toupa, galardoados na VII edición dos premios EGANET
Ramón Máiz gaña o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio con A arte do imposible
A
obra A arte do imposible, da que é autor Ramón Máiz Suárez, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2010, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través do Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades, e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa. O ensaio premiado nesta X edición do Premio Ramón Piñeiro, que está dotado con 6.000 euros, será publicado por Editorial Galaxia o próximo ano. Sete orixinais presentáronse a esta edición. O xurado valorou moi especialmente o novidoso do ensaio e o tratamento dalgúns dos temas centrais da ciencia política actual cun enfoque tamén relacionado co caso de Galicia. Ademáis de entrar no debate sobre a formulación do poder, na obra premiada reflexiónase a prol da dignidade e o valor da política como xestión do poder que vén dende abaixo; cun enfoque que reivindica a paixón como raiz común descoñecida da política fronte ao hiperracionalismo. A nova aparece recollida en Galaxia, Cultura Galega, Xornal, Galicia Hoxe, La Opinión, Galiciaé e El País.
Santiago: presentación de Obediencia, de Antón Lopo
O
mércores 22 de decembro, ás 20:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, presentación da novela gañadora do Premio García Barros 2010, Obediencia, de Antón Lopo, publicada en Galaxia. No acto participan, co autor, Carlos Lema e Anxos Sumai. Comentado en Galicia Hoxe, e con crónica posterior tamén en Galicia Hoxe e Xornal de Galicia.