Arquivos da etiqueta: Fundación Eugenio Granell
Compostela: presentación do número 212 da revista Grial
Compostela: maratón de lectura de Rosalía de Castro na Fundación Eugenio Granell, o 1 de xuño
Compostela: Begoñísima, homenaxe a Begoña Caamaño
Compostela: recital de A cabeleira, de Claudio Rodríguez Fer
O martes 6 de outubro, ás 20:00 horas, no Museo Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural), en Santiago de Compostela, o recital da obra políglota A cabeleira (Poema en 35 idiomas), de Claudio Rodríguez Fer, ilustrada por Carmen Blanco e Sara Lamas. No acto estará presente, xunto ao autor, Natalia Fernández Segarra.
Compostela: presentación de I ante aquel silencio mudo. Rosalía e Cantares Gallegos
Compostela: recital Dez anos de poesía sen fronteiras na Fundación Eugenio Granell
O mércores 26 de novembro, ás 19:00 horas, no Museo Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural, s/n) de Santiago de Compostela, a A. C. para o Desenvolvemento sen Fronteiras organiza o recital Dez anos de poesía sen fronteiras na Fundación Eugenio Granell, baixo a dirección de María Montaña, cunha selección de textos de Cervantes, Lope de Vega, Quevedo, Unamuno, García Lorca, Miguel Hernández, Rosalía, Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro, Uxío Novoneyra e Manuel María, entre outros.
Compostela: presentación de Isaac Díaz Pardo para as nenas e nenos galegos, de Loli Beloso
Santiago: obradoiro de escritura creativa na Fundación Granell, dirixido por Antía Otero
“Este obradoiro artístico–literario, coordinado por Antía Otero, está dirixido *s interesad*s na literatura en xeral, con independencia do xénero no que acostumen traballar. O seu obxectivo básico é o de achegar *s participantes ao entramado literario dende unha visión contemporánea e actual, facendo fincapé na construcción do texto. Coa mestura da teoría e da práctica, buscarase aportar chaves que axuden á elaboración de textos partindo da mirada propia de cada participante. A primeira clase será de portas abertas e gratuita. Cada alumn* terá dereito a dúas titorias individuais.
Os obxectivos son:
– Camiñar entre o abstracto e o concreto.
– Traballo de ritmos e tonos.
– De John Cage ao lenzo en branco.
– A personalización do tema.
– Entre o eu e os personaxes.
– O tempo da acción.
– O conflito.
– A presenza do adxectivo.
– Metáforas.
– Tallar un texto: como Miguel Anxo dentro do bloque… atopar a escultura.
– Do literario ao interdisplinar: materializándonos a través das palabras pero tamén a través das imaxes, a pintura, a fotografía, a música, o cine…
– Comentario e lecturas de textos de diferentes autores e autoras referentes da literatura contemporánea galega e internacional.
Horario e datas:
Horario: xoves de 18:00 a 20:00 horas.
Datas: outubro: 17, 24, 31; novembro: 7, 14, 21, 28; decembro: 5, 12, 19.
O martes 15 de outubro de 18:00 a 20:00 horas, xornada de aula aberta, entrada libre.
Duración: 20 horas.
Prazas: máximo 10 persoas por grupo.
Prezo: 50 euros mensuais.
Matrícula:
Museo-Fundación Eugenio Granell (Pazo de Bendaña, Praza do Toural s/n, 15705), Santiago de Compostela.
Teléfonos 981572124 e 981576394, fax 981564069.
E-mail: didactica@fundacion-granell.org
Web: Fundación Granell.
Máis información: info@antiaotero.com.
Vigo: presentación do Dicionario de surrealismo e surrealistas, de Xesús González Gómez
O martes 29 de marzo, ás 19:30 h., no Verbum – Casa das Palabras (Avenida de Samil, 17) de Vigo, preséntase o Dicionario de surrealismo e surrealistas, de Xesús González Gómez, publicado por A Nosa Terra e a Fundación Eugenio Granell. O acto, no que participará o seu autor, será de entrada libre e gratuíta até completar aforamento (40 persoas).