A Asociación Galega de Editoras (AGE) vén de renovar a súa xunta directiva. O novo presidente, Xosé Ballesteros, director de Kalandraka, releva no cargo a Laura Rodríguez, de Hércules de Edicións, no remate do seu mandato.
A renovación produciuse no marco dunha asemblea extraordinaria celebrada en Santiago, e convocada con esa finalidade. A lista encabezada por Xosé Ballesteros foi a única candidatura presentada e resultou elixida por unanimidade. Previamente, a presidenta saínte fixo balance da xestión da súa executiva nos dous últimos anos, polo que recibiu o recoñecemento dos asistentes.
Canda Xosé Ballesteros, a actual dirección da AGE complétase con Henrique Alvarellos, de Alvarellos Editora, como vicepresidente; Belén López, de Baía Edicións, como secretaria; María Xesús Gómez, de Editorial Rodeira, como tesoureira; e como vogais, Laura Rodríguez, de Hércules de Edicións, Fran Alonso, de Edicións Xerais, Xulio Amigo, da Editorial Galaxia, e Tomás González, de Urco Editora.
Trátase dunha directiva integradora que inclúe membros da anterior etapa e suma tamén novas incorporacións. Destaca ademais pola variedade das editoras representadas, tanto na súa procedencia xeográfica -Pontevedra, Santiago, A Coruña e Vigo- como na temática das súas respectivas producións: literarias e xeralistas, libro de texto, grandes proxectos e literatura infantil-xuvenil.
OBXECTIVOS
O principal obxectivo do novo equipo é poñer en valor o papel das editoriais dentro do sector do libro galego, pola importancia que este ten na preservación do patrimonio cultural do país.
Outros retos que debe afrontar teñen que ver coa necesidade de que o libro galego incremente a súa cuota de mercado, que actualmente só acada o 17% no conxunto das vendas de libros en Galicia. Desenvolver novas estratexias de internacionalización figura, asimesmo, entre os propósitos iniciais desta xeira.
O grupo que preside Xosé Ballesteros aspira a abrir canles de interlocución con todos os colectivos que teñan que ver co libro, a lectura e a cultura en xeral, ademais de normalizar a relación existente coas Administracións públicas.
A partir dunha proposta da nova directiva, a asemblea da AGE aprobou mudar o nome da entidade, que pasa a denominarse Asociación Galega de Editoras.
Arquivos da etiqueta: Henrique Alvarellos
Actividades destacadas na Feira do Libro de Bos Aires para o sábado 23 e domingo 24
Do 19 de abril ao 9 de maio desenvólvese en Bos Aires a Feira do Libro, onde Santiago de Compostela é a cidade convidada neste 2016. Cesáreo Sánchez Iglesias e Ledicia Costas, como presidente e vogal da AELG respectivamente, desenvolverán un programa de traballo onde, entre outros actos, o presidente da AELG participará nunha mesa redonda titulada Diálogo de autores arxentinos e galegos, que compartirá con Graciela Aráoz, da presidenta da Sociedad de Escritoras y Escritores de Argentina (SEA), o luns 25 de abril, ás 18:00 h. Farán unha presentación das respectivas entidades e compartirán as inquedanzas das dúas entidades e as ferramentas de traballo e interconexión entre os profesionais das palabras. Dúas visións desde as dúas beiras do Atlántico. Tamén na súa calidade de presidente sumarase á iniciativa da Fundación Manuel María Manuel María na túa voz, lendo o día 23 de abril poemas do autor homenaxeado co Día das Letras Galegas no Festival Internacional de Poesía organizado pola FILBA ás 18:00 h.
Pola súa banda, Ledicia Costas, vogal da AELG, participará o domingo 24 ás 16:00 horas no encontro “Pontes literarias sobre o Atlántico”.
Dentro do programa completo da delegación galega, destacamos as seguintes actividades para o sábado 23 de abril:
– 17:00 h. Encontro con Domingo Villar. Presentación da súa obra, acompañado por Claudia Piñeiro. No Stand.
– 18:00 h. Festival Internacional de Poesía. Con Cesáreo Sánchez Iglesias, que lerá textos de Manuel María. Recinto feiral.
– 19:00 h. Presentación de Escarlatina. A cociñeira defunta, coa presenza da autora, Ledicia Costas, publicado en Xerais. Stand.
– 20:00 h. Presentación e proxección de Dúas letras, de Fina Casalderrey, publicado por Galaxia. No Stand. Participa, xunto á autora, Víctor F. Freixanes.
– 20:00 h. Compostela Colateral: Ostrácia, lectura performática da obra de Teresa Moure, publicada por Através. Centro Cultural Matienzo (auditorio).
Domingo 24 de abril:
– 12:00 h. Inauguración da exposición Blanco Amor. La mirada y el deseo. Usina del Arte.
– 16:00 h. Pontes literarias sobre o Atlántico, con Ledicia Costas. Organizado pola Sociedad de Escritores y Escritoras de Argentina. Sala Faustino Sarmiento (Pavillón branco).
– 17:00 h. Presentación da tradución ao castelán de Uma Mãe Tão Punk, de Teresa Moure, publicada por Hoja de Lata. Stand.
– 18:00 h. Festiva Internacional de Poesía. Con Yolanda Castaño e Luís González Tosar. Recinto feiral.
– 18:00 h. Presentación de Un animal chamado néboa, de Ledicia Costas, publicado en Xerais. Stand.
– 19:00 h. II Recital A poesía ao servizo da paz: pola paz de Latinoamérica. Con Yolanda Castaño, Luís González Tosar, Manuel Rivas e Antonio Requeni, xunto aos cantautores César Isella, Enrique Llopis e Lorena Lores. Federación de Asociaciones Gallegas de Argentina. Teatro Bambalinas.
– 20:00 h. Presentación de A que altura está o ceo?, de Jorge Mira, publicado en Alvarellos. Xunto ao autor, participan Alberto Rojo e Henrique Alvarellos. Stand.
Actividades destacadas na Feira do Libro de Bos Aires para o venres 22
Do 19 de abril ao 9 de maio desenvólvese en Bos Aires a Feira do Libro, onde Santiago de Compostela é a cidade convidada neste 2016. Cesáreo Sánchez Iglesias e Ledicia Costas, como presidente e vogal da AELG respectivamente, desenvolverán un programa de traballo onde, entre outros actos, o presidente da AELG participará nunha mesa redonda titulada Diálogo de autores arxentinos e galegos, que compartirá con Graciela Aráoz, da presidenta da Sociedad de Escritoras y Escritores de Argentina (SEA), o luns 25 de abril, ás 18:00 g. Farán unha presentación das respectivas entidades e compartirán as inquedanzas das dúas entidades e as ferramentas de traballo e interconexión entre os profesionais das palabras. Dúas visións desde as dúas beiras do Atlántico. Tamén na súa calidade de presidente sumarase á iniciativa da Fundación Manuel María Manuel María na túa voz, lendo o día 23 de abril poemas do autor homenaxeado co Día das Letras Galegas no Festival Internacional de Poesía organizado pola FILBA ás 18:00 h.
Pola súa banda, Ledicia Costas, vogal da AELG, participará o domingo 24 ás 16:00 horas no encontro “Pontes literarias sobre o Atlántico”.
Dentro do programa completo da delegación galega, destacamos as seguintes actividades para o venres 22 de abril:
– 10:00 h. Ledicia Costas participa nun diálogo con estudantes do Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol.
– 18:00 h. Coloquio sobre Luís Seoane na Arxentina. No Stand de Galicia. Participan: Silvia Dolinko, irmáns Leirado e Víctor F. Freixanes.
– 18:30 h. Conferencia de Teresa Moure: A literatura galega como produto cultural contra-poder. Federación de Asociaciones Gallegas de Argentina.
– 19:00 h. Presentación de Francisco Luis Bernárdez. Poeta de fe, leal a Galicia, publicado polo Centro PEN Galicia. Coloquio sobre o escritor e proxección audiovisual de Xan Leira. Con Luís González Tosar, Antonio Requeni e José Luis Moure.
– 19:30 h. Proxección audiovisual e coloquio sobre Dúas letras, de Fina Casalderrey. No Centro Galicia. Participan, xunto á autora, Carlos Brandeiro e Víctor F. Freixanes.
– 20:00 h. Asociación Galega de Editores. Stand. Análise da industria editorial galega. Con Laura Rodríguez, Henrique Alvarellos e Benigno Paz.
– 20:30 h. Lectura e presentación de O último día de Terranova, co seu autor, Manuel Rivas, publicado en Xerais. Sala Leopoldo Lugones (Pavillón amarelo).
Santiago de Compostela, cidade convidada na Feira do Libro de Bos Aires
Desde o
Zig-zag da Televisión de Galicia:
“A próxima semana comeza unha nova edición da Feira do Libro de Bos Aires, unha edición na que este ano Santiago é a cidade convidada e contará cunha importante presenza galega. Arredor de 30 autores e autoras representarán na capital arxentina a literatura do noso país.
Zigzag fala sobre esta invitación co escritor Xavier Queipo e o editor Henrique Alvarellos.”
Fene: presentación de Os privilexios dos somnámbulos, de Pablo Bouza
A Coruña: presentación de ¿A que altura está o ceo?, de Jorge Mira
Vídeo da presentación de No tempo de “Follas Novas” na Libraría Cartabón (Vigo)
Histórica unión arredor do libro, por Henrique Alvarellos
Artigo de Henrique Alvarellos en El Correo Gallego:
“Non tivo moito eco, ata agora, nos medios de comunicación, mais foi unha nova sen precedentes. Un fito que podemos cualificar de histórico. En Galicia, falar de unión e fuxir é todo un, pero a pasada semana tivemos unha gran excepción. Chámase Gala do Libro Galego e será unha festa literaria que terá lugar en maio de 2016. Nela recoñeceranse as mellores obras publicadas en Galicia durante todo este ano. Para organizala e celebrala puxéronse de acordo, fusionáronse, os tres grandes gremios do sector do libro en Galicia: a Asociación Galega de Editores, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Federación de Librarías de Galicia.
Ata hoxe, cada un organizaba as súas propias galas, entregaba os seus respectivos premios, elexía aos seus xurados e buscaba, por separado, cadanseu financiamento. Así se foron celebrando, todos estes anos, os Premios da Edición, os Premios Irmandade do Libro, e os premios da AELG. Os tres tiñan un obxectivo común: recoñecer os mellores traballos de creación escrita galega e visualizar o mundo do libro e da lectura.
Non tiña sentido seguir así. Por iso, o pasado venres déronse cita os tres colectivos no Consello de Cultura Galega e presentaron o acordo. “O resultado non é o dunha suma senón o dunha multiplicación”, afirmou acertadamente Cesáreo Sánchez Iglesias, responsable da Asociación de Escritoræs.
Uns días antes tiña lugar, tamén no Consello da Cultura Galega, un simposio sobre o futuro das feiras do libro, organizado polos Editores. Tocoume participar nunha das mesas redondas, con outros editores e libreiros. Todos estivemos de acordo en que as feiras, tal e como hoxe estaban concibidas, non teñen futuro, que deben ser repensadas, e que nese renacer é imprescindible a unión, o camiño xuntos, polo menos, destes tres grandes colectivos organizados no sector do libro en Galicia. (Mais, tamén, outras asociacións ou agrupacións de ilustradores, distribuidoras, tradutores, críticos, impresores, etc). Esta primeira e unitaria Gala do Libro Galego de maio de 2016 será o inicio, sabémolo, de moitas outras actuacións conxuntas. Xogámonos o futuro da nosa cultura escrita. Falamos dunha industria, a cultural, a da palabra, que é riqueza económica para un pobo. E falamos tamén de algo tanto ou máis importante que esa riqueza: é a cultura da paz, pois non hai outra dentro dos libros.”
Lalín: presentación de No tempo de Follas novas
XII Simposio O libro e a lectura: o futuro das Feiras do Libro de Galicia, o xoves 12 de novembro
O XII Simposio O libro e a lectura: O futuro das feiras do libro de Galicia terá lugar o 12 de novembro no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela. A continuación pódese consultar o programa completo:
MAÑÁ
– 9:00 Entrega de documentación.
– 9:30 Inauguración a cargo a presidenta da AGE, Laura Rodríguez; o presidente do CCG, Ramón Villares e o Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
– 10:00 Conferencia La innovación de un festival sin límites, Mª. Sheila Cremaschi, MBE. Directora de “Hay festival”, Segovia. Presenta: Laura Rodríguez Herrera, presidenta da AGE.
– 12:00 Panel de experiencias de éxito: Semana do Libro en Catalán, Praza dos Libros, Salón do Libro de Pontevedra, Culturgal, Semana da Música Infantil. Presenta: Ana Guerra, Edicións Obradoiro.
Montse Ayats, editora e presidenta da Semana do Libro en Catalán.
Anxos Riveiro, concelleira de Cultura do Concello de Pontevedra. Salón do Libro de Pontevedra.
Xosé Aldea, editor e director de Culturgal.
Nel Vidal, técnico de normalización lingüística do Concello de Carballo. Praza dos Libros.
Francisco Castro, da Editorial Galaxia. Semana da Música Infantil nas Feiras do Libro de Galicia.
TARDE
– 16:15 Mesa temática: O espazo, os produtos, os públicos. Presenta Miguel Toval.
A concepción do espazo. Xulio Turnes, arquitecto en DH (Domohomo).
Como presentamos os nosos produtos culturais. Sergio Lago, xestor cultural.
Os nosos públicos atentos. Félix Caballero Wangüemert, profesor de Facultade de CC SS e Comunicación de Pontevedra.
– 18:00 Mesa redonda: O futuro das feiras do libro. Presenta e modera: Manuel Bragado, director de Edicións Xerais.
Gonzálo Pérez, de Librería Cartabón.
Lola Puerta, de Librería Aenea.
Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora.
Pío Barreiro, de Librería Kómic.
Eduardo Riestra, de Ediciones del Viento.
– 19:00 Compromiso de colaboración ano 2016.
Intervención de representantes da Federación de Librarías de Galicia, Asociación Galega de Editores, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
– 19:30 Clausura da xornada. Entrega de certificados de asistencia.
Organiza : Asociación Galega de Editores.
Patrocina: CEDRO.
Colabora: Consello da Cultura Galega.