Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Como cada primeiro luns de mes, velaquí está a Tabela dos Libros. Nela figuran seleccionados os volumes que Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.»
Arquivos da etiqueta: Inmaculada Otero Varela
Tabela dos Libros de outubro, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Como cada primeiro luns de mes, velaquí está a Tabela dos Libros. Nela figuran seleccionados os volumes que Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.»
A ficcionalización do eu: autoría e protagonismo das mulleres na literatura, por Inma Otero Varela
Inma Otero Varela publicou A ficcionalización do eu: autoría e protagonismo das mulleres na literatura, o número 6 de Anotacións sobre literatura e filosofía de Euseino? Edicións.
Trátase dunha análise da elaboración do eu mediante a literatura e, fundamentalmente, da achega realizada polas escritoras. O cuestionamento do suxeito, levado a cabo polo feminismo contemporáneo, coloca este pensamento e a literatura de hogano nunha situación excepcional para poder propoñer unha nova concepción do eu a partir da reformulación do “eu muller”. Pódese descargar de balde nesta ligazón.
Tabela dos Libros de setembro, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Un curso máis, comeza a andaina da Tabela dos Libros. Nela figuran seleccionados os volumes que Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo estimamos como os máis recomendables entre os publicados dende o comezo do verán ata aquí.»
A web italiana Insula Europea publica unha entrevista á escritora Anxos Sumai
A web italiana Insula Europea acolle unha entrevista a Anxos Sumai e unha recensión de A lúa da colleita realizadas pola crítica literaria Inma Otero Varela e traducidas por Valeria Salinas Soria. Ambos os dous textos pódense consultar nesta ligazón. O texto orixinal en galego tamén se pode descargar ao final da entrevista. Esta web, dirixida polo profesor da Universiá de Perugia Carlo Pulsoni, publica información, entrevistas, investigación e recensións relacionadas coas diferentes literaturas e Europa, entre elas a galega.
Tabela dos Libros de xuño, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Co primeiro luns do mes, chega outra volta a Tabela dos Libros. Nela figuran seleccionados os volumes que Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.»
Insula europea publica un balance da narrativa galega do 2013
A web italiana Insula europea, que publica información, entrevistas, investigación e recensións relacionadas coas diferentes literaturas de Europa, entre elas a galega, acaba de dar a coñecer un balance da produción narrativa galega do ano pasado escrito pola crítica literaria Inma Otero Varela. Con este texto, que se pode ler en italiano e galego a través da seguinte ligazón, preténdese inaugurar un novo espazo que recolla un resumo anual de diferentes sistemas literarios, nunha iniciativa coordinada polo profesor da Universidade de Perugia, Carlo Pulsoni. A versión galega pode consultarse aquí.
Tabela dos Libros de maio, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Co primeiro luns do mes, chega outra volta a Tabela dos Libros. Nela figuran seleccionados os volumes que Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas. Boa lectura!»
Tabela dos Libros de abril, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Co primeiro luns do mes, chega outra volta a Tabela dos Libros. Nela figuran seleccionados os volumes que Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas. Boa lectura!»
Tabela dos Libros de marzo, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a Tabela dos Libros de marzo. Nela figuran seleccionados os volumes que Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas. En hora boa a todxs xs destacadxs e beizóns xs compañeirxs pola parte que me toca. Boas lecturas!»