Os Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra 2020 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Cultura da Deputación de Pontevedra.
Hai inscrición previa, de balde, até cubrir 24 prazas para cada roteiro.
A inscrición farase no correo electrónico roteiros.cultura@depo.gal, indicando o nome da ruta, os nomes das persoas participantes (un máximo de 4 prazas por reserva) e un número de teléfono de contacto. Será obrigatorio o uso da máscara. Pedimos responsabilidade a quen faga as reservas para que poidan participar o maior número posíbel de persoas interesadas na actividade.
Os roteiros son os seguintes:
– Baiona. 6 de setembro, Iria Misa: Roteiro arredor de Segredos no Solpor. De 11:30 a 13:00. Punto de partida: Praza de Abastos de Baiona, Rúa Carabela Pinta, 9.
– Vilagarcía de Arousa. 13 de setembro, Marcos Calveiro: O xardineiro dos ingleses. De 11:30 a 13:00. Partida: Cemiterio dos Ingleses. Avenida de Pontevedra.
– Cerdedo-Cotobade. 20 de setembro. Calros Solla: Ruta literaria e etnográfica por Cerdedo. De 11:00 a 13:15. Partida: Praza da Igrexa de Cerdedo (Antiga Praza da República). Traslado en vehículo particular nalgún punto da ruta.
– Ponteareas. 27 de setembro. Manrique Fernández. Ruta literaria por Ponteareas. De 11:30 a 13:00. Partida: Casa do Concello de Ponteareas.
– Pontevedra. Previsto para o 4 de outubro (adiado pola situación sanitaria na comarca de Pontevedra). Xosé Monteagudo. Vida cultural, política e social na Pontevedra de Todo canto fomos. De 11:30 a 13:00. Partida: Praza da Peregrina.
– Vigo. 11 de outubro. Anselmo López Carreira. Ruta sobre o Vigo medieval. De 11:30 a 13:00 h. Partida: Fronte á Casa do Concello de Vigo, no pé das escaleiras da subida ao Castro.
No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.