Dentro
da XV edición da Feira do Libro de Monforte, que se desenvolve na rúa Cardeal, con horarios entre as 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas, o venres 24 ás 20:00 horas, preséntase Xardín de inverno, de Ledicia Costas, publicado en Everest Galicia. No acto, xunto á autora, participan Montse Pena Presas e Daniel Puente Bello. O programa completo pódese descargar aquí: XV Feira do Libro de Monforte.
Arquivos da etiqueta: Ledicia Costas
Viveiro: comeza a Feira do Libro
Iníciase
a XVI Feira do Libro de Viveiro, que se celebra nos Xardíns Noriega Varela até o xoves 16 de agosto, con horarios de 12:00 a 14:00 h. polas mañás e de 18:00 a 22:00 h. polas tardes. As actividades máis destacada deste primeiro día, luns 13, son as seguintes:
– 13:00 h. Pregón inaugural a cargo do escritor Xavier Alcalá.
– 19:30 h. h. Presentación do libro Verde oliva, de Xavier Alcalá, publicado en galego por Editorial Galaxia e en castelán por editorial Nowtilus. Xunto co autor participa no acto o xornalista Ernesto Sánchez Pombo.
– 20:30 h. Presentación do libro Xardín de inverno, de Ledicia Costas e publicado pola Editorial Everest Galicia. Participan a autora, Montse Pena Presas e Daniel Puente Bello.
– 21:30 h. Mesa redonda Segredos da novela histórica. Participan: Marcos Calveiro, Pere Tobaruela e Fran Zabaleta.
A Coruña: actividades destacadas do domingo 5 na Feira do Libro
Continúa
a XLI Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns da Méndez Núñez), aberta até o venres 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas. As actividades máis destacadas do domingo 5 de agosto son:
– 19:00 h.: Víctor F. Freixanes asinará exemplares da novela Cabalo de ouros, publicada en Galaxia.
– 19:00 h.: Presentación do libro Xardín de inverno, de Ledicia Costas, publicado en Everest Galicia.
– 20:00 h.: Aid presenta o libro-disco Rapoemas, publicado en Galaxia. Presenta Francisco Castro.
Ramón Neto gaña o XVI Premio Miguel González Garcés
A
obra gañadora do XVI Premio de Poesía Miguel González Garcés, convocado pola Deputación da Coruña, foi As lavandas adáptanse a todo erro de navegación, de Ramón Neto. Como finalista quedou Ledicia Costas coa obra Satén.
Ao premio, consistente nunha dotación de 6500 euros e a edición da obra gañadora, presentáronse 47 álbumes de poemas. O xurado estivo formado por Xavier Rodríguez Baixeras, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xosé Miranda e Miguel Anxo Darriba.
Santiago: presentación de Xardín de inverno, de Ledicia Costas
O
mércores 18 de xullo, ás 20:30 horas, na Librería Lila de Lilith (Travesa, 7, baixo) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Xardín de inverno, de Ledicia Costas, publicado por Everest Galicia. No acto, xunto á autora, participan Daniel Puente Bello e Montse Pena Presas.
Vigo: actividades destacadas do sábado 30 e domingo 1 na Feira do Libro
Continúa
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta até o domingo 8 de xullo. As actividades máis destacadas do sábado 30 de xuño e domingo 1 de xullo son:
* Sábado 30 de xuño:
– 19:00 h.: presentación de Dun tempo e dunha terra. Antoloxía poética de Celso Emilio Ferreiro, de Gonzalo Navaza, publicado en Tambre. No acto participa, xunto ao autor e o ilustrador David Pintor, Luís Ferreiro e Ignacio Chao.
– 20:00 h.: presentación de Xardín de inverno, de Ledicia Costas, publicado por Tambre. Xunto á autora participan Daniel Puente Bello e as Poetas da Hostia.
– 21:00 h.: presentación de Infancia de vacas mortas, de Xosé Daniel Costa Currás, publicado en Barbantesa. No acto, xunto ao autor, participa Ledicia Costas.
* Domingo 1 de xullo:
– 19:30 h.: sinatura de exemplares de Artur, de Xosé Manuel González, “Oli”, publicado en Kalandraka.
– 21:00 h.: Enogastrofonías ferreirianas, percorrido por Celso Emilio Ferreiro a través da poesía, a música e o viño. Preséntase o monográfico da revista Arraianos Celso Emilio Ferreiro fai 100 anos. Participan: Aser Álvarez, Alexandre Meire e Mario Poti.
Entrevista con Ledicia Costas, nos Premios Xerais 2012
Santiago: A hostia en verso: Señoras que vs. Señoras que non
Finalistas dos Premios Xerais 2012
Os
xurados
dos Premios Xerais de Novela e Merlín de Literatura Infantil 2012, reunidos no Castelo de Soutomaior durante a tarde do 1 de xuño, declararon as obras finalistas.
O xurado da XXVII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros, formado por Ledicia Costas (escritora e secretaria de GALIX), Anxo Fariña (escritor, ilustrador e gañador do Premio Merlín 2011), Cristina Fernández Ameal (profesora), Silvestre Gómez Xurxo (escritor e mestre), Ánxeles Saco López (profesora) e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, entre as corenta e unha obras participantes, acordou declarar como finalistas as presentadas baixo os lemas Chaeira, Iris Hull e Palabras de auga.
O xurado da XXIX edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 15.000 euros, formado por Xaime da Pena Ceide (avogado), Ernesto Sánchez Pombo (xornalista), María Xosé Porteiro (xornalista), Begoña Rodríguez Outeiro (profesora), Xoán Cruz (profesor) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, entre as trinta e dúas obras participantes, acordou declarar como finalistas as presentadas baixo os lemas Faneca brava, Ketos e Pouso da Arcai.
Ambos os dous xurados determinarán as obras gañadoras, na segunda reunión, a celebrar o sábado 9 de xuño. A festa de fallo dos premios terá lugar no serán dese día na illa de San Simón. No acto literario participarán como mantedora a escritora Marilar Aleixandre e como músico convidado Xurxo Souto.
Vigo: actividades do fin de semana no éMundial
O
sábado 2 de xuño bota a andar unha nova edición do éMundial, organizado pola AGAL. Dentro do amplo programa de actividades, destacamos as seguintes:
Sábado, 2 de xuño:
– 11:00-12:00 h. Abertura do éMundial no Hotel Bahía (Rúa Cánovas del Castillo, 24). Presenta Xurxo Souto. Recibimento dos convidados/as, do público e dos participantes no Encontro de Escritores: Ondjaki (Angola), Fernanda Angius (Portugal), Amílcar Bettega (Brasil), Carlos Quiroga, Séchu Sende, María Lado, Carlos Taibo, Iolanda Gomis, Ledicia Costas e Raquel Miragaia (Galiza).
– 12:30-14:00 h. Abertura do Encontro de Escritores da Lusofonia, que decorrerá na Casa Galega da Cultura e estará aberto ao público. Presenta: Xurxo Nóvoa Martins. Temática: Lusofonías – cores, sons e sabores das literaturas escritas nas marxes. Con Fernanda Angius, Séchu Sende e Ledicia Costas.
– 17:00-19:30 h. Encontro de Escritores da Lusofonia. Con Ondjaki e Carlos Quiroga.
Domingo, 3 de xuño:
– 12:00-14:00 h. Encontro de Escritores da Lusofonia. Temática: As literaturas, as crises, as oportunidades. Con Amílcar Bettega, María Lado e Raquel Miragaia.
– 17:00-18:30 h. Encontro de Escritores da Lusofonia. Con Carlos Taibo e Iolanda Gomis.
– 19:00-20:00 h. Clausura do Encontro de Escritores da Lusofonia.
