A Coruña: “Homenaxe a Castelao: Arte, Narrativa e Teatro”

O 8 de abril, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, o grupo Alexandre Bóveda Teatro súmase ao aniversario de Castelao cun espectáculo que combina diferentes expresións artísticas inspiradas na obra do autor. A través de debuxos que evocan os seus contos, narrados polos intérpretes do grupo, e a representación dun fragmento da súa célebre obra dramática Os vellos non deben de namorarse, o público poderá mergullarse no universo creativo de Castelao. Dirixe a montaxe Manuela Varela. As persoas interesadas poden inscribirse aquí.

A Coruña: 27 Memorial Ibán Toxeiro

A Coruña: Fragmentos teatrais de Luísa Villalta

“O 18 de xuño, ás 19:30 h, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, o grupo de teatro Alexandre Bóveda presentará Fragmentos teatrais de Luísa Villalta.
Súmase así o grupo teatral á ben merecida homenaxe a Luísa Villalta, á que consideramos unha excelente dramaturga. Partindo da Obra dramática completa editada no 2018 pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, escollemos escenas de catro das súas obras: O representante, O paseo das esfinxes, Os doces anos da guerra e As certezas de Ofelia, para facer unha lectura dramatizada onde intérpretes actúan co texto na man seguindo a posta en escena dirixida pola directora do grupo, Manuela Varela.
As persoas interesadas en asistir á lectura poden inscribirse aquí.”

A Coruña: presentación de Manar, de Lino Braxe

O 15 de marzo, ás 19:30 h, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), na Coruña, preséntase Manar, de Lino Braxe, publicado por Edicións Proscritas. No acto intervirán Alexandrina Fernández Otero, Sabela Hermida, Luma Gómez e Manuela Varela. As persoas asistentes a esta presentación levarán de agasallo un exemplar da publicación. Poden inscribirse aquí.

A Coruña: presentación de Poemas guardados, de Lino Braxe

A Coruña: presentación de Obra dramática completa. Sinfonía de escenas, de Luísa Villalta

A cuarta feira 16 de maio, ás 20:00 horas, no local da A. C. Alexandre Bóveda da Coruña (Rúa Olmos, 16-18, 1º), presentarase o volume da Obra dramática completa de Luísa Villalta, subtitulada Sinfonía de escenas, publicado por Edicións Proscritas en colaboración coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda. No acto intervirán María Xosé Bravo, Pilar García Negro, Alexandrina Fernández Otero, Manuela Varela e Lino Braxe.