Entrevista de María Solar a Manuel Rivas no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Un xabaril albino e sanguinario, autor de varias mortes, e unha batida de cazadores para rematar con el, é o inicio da historia que Manolo Rivas nos conta en Tras do ceo. Un libro que o devolve á novela nove anos despois da última. Tras do ceo é a trama escura de depredación humana, onde o rural e a natureza son tan protagonistas como os animais e as persoas. Rivas, abre o novo curso de setembro, no só volvendo á novela senón que xa anuncia que será unha triloxía. A entrevista pode verse aquí.”
Arquivos da etiqueta: María Solar
A Coruña: actividades do 6 de agosto na Feira do Libro 2024
Ponteareas: actividades do 11 de xullo na Feira do Libro 2024
Pontevedra: Festa dos Libros 2024
Vigo: actividades do 2 de xullo da Feira do Libro 2024
Compostela: II Xornadas Literarias en Conxo
Tomiño: presentación de Adeline, de María Solar
Compostela: actividades do 28 de abril na Feira do Libro 2024
Vigo: Disquesomos. Creatividade e edición na Galicia de hoxe
Entrevista a María Solar arredor de Adeline
Entrevista a María Solar en Nós Televisión:
“Adeline é unha homenaxe a Carmilla, a primeira vampira literaria, escrita vinte e cinco anos antes de Drácula. Laura vive desde nena agoniada por un estraño don que posúe: ve mortos. Durante anos leva unha vida solitaria no pazo familiar da contorna de Verín. Cando medra, a ansiada vida universitaria en Madrid tampouco é o que esperaba. No regreso estival ao pazo, Laura atopa unha misteriosa viaxeira. A muller é idéntica á que viu en soños moitos anos atrás. Non é un encontro casual. Aquela moza está alí para descubrirlle que o Universo é moito máis inmenso do que percibimos e que os seres ocultos están e estiveron sempre entre nós. “Os non mortos non temos idade. Laura, só quero que saibas que estou en perigo.” Finalista do XV Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. A entrevista pode verse aquí.”
















