Dublín, Irlanda: A AELG no Festival Isla (Irish Spanish Latin American) 2014

AMarta Dacosta Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega colabora na edición de 2014 do Festival Isla (Irish Spanish Latin American) organizado polo Instituto Cervantes de Dublín, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O programa é o seguinte:

Venres, 17 de outubro de 2014 – Identidades.
– 15:30 h.. Apertura.
– 16:45 h.-18:00 h. Inauguración oficial con discurso a cargo do escritor irlandés John Banville.
– 16:45 h.-18:00 h. Retratar escribindo: América Latina-Irlanda-España. Modera: Helena Buffery (University College Cork). Autores-as: John Banville, Diamela Eltit e José Ovejero.
– 18:15 h.-19:30 h. Construíndo identidades. Modera: Philip Johnston (University College Dublin). Autores-as: Donal Ryan, Christodoulos Makris e Anamaría Crowe Serrano.

Sábado, 18 de outubro de 2014 – Gústannos as historias
– 11:00 h.-12:15 h.. Cóntamo outra vez. Modera: Jean Philippe Imbert (Dublin City University). Autores-as: Harkaitz Cano, Claire Keegan e Mary O’Malley.
– 12:30 h.-13:45 h. A palabra imprecisa. Modera: Martín Veiga (University College Cork). Autores-as: Hugo Hamilton, Marta Dacosta e Manchán Magan.
– 15:15 h.-16:30 h. Tras as pegadas de Octavio Paz. Autores-as: Antonio Rivero Taravillo, Armando González Torres e Ciaran Cosgrove.
– 16:45 h.-17:45 h. Lemos poesía. Presenta: Bill Richardson (NUI Galway). Autores-as: Marta Dacosta, Harkaitz Cano, Waldo Rojas, Mary O’Malley, Anamaría Crowe Serrano e Antonio Rivero Taravillo.
– 18:00 h.-18:50 h. Proxección: Buscando a Gabo. Documental sobre Gabriel García Márquez. Director: Luís Fernando Bottia, 2007 (Colombia). 50 minutos.
– 19:00 h.-20:25 h.. Proxección: Vida e obra de Octavio Paz. Documental sobre Octavio Paz. Director: Carlos Armella, 2014 (México). 84 minutos.

Domingo, 19 de outubro de 2014 – Cultura de libros
– 11:00 h.-12:30 h.. Literaturas enfrontadas. Ficción e realidade . Modera: Ciaran Carty. Autores: Paul Lynch, Malachy O’Doherty e Américo Cristófalo.
– 12:45 h.-14:15 h. O acceso á cultura. Presenta: Susan Cahill (Newstalk). Autores-as: Blanca Berasategui, Waldo Rojas e John Kelly.

Cork, Irlanda: Readings from the periphery, con Marta Dacosta, Isaac Xubín e Harkaitz Cano

Este acontecemento reúne tres escritores de Euskadi e Galiza para falar da importancia de escribir hoxe en día nas chamadas linguas minoritarias. A xornada comezará con dous seminarios sobre aspectos diferentes das literaturas vasca e galega contemporáneas, seguidos dunha lectura de poesía. Organizado polo Centro de Estudos Galegos de Irlanda e o Departamento de español, portugués e estudos americanos latinos, UCC, esta actividade conta coa participación da AELG, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A admisión ás dúas sesións é libre.

Copy-of-READINGS-36-624x882“O Centro Irlandés de Estudos Galegos da University College Cork organiza o venres 17 de outubro un seminario de investigación sobre literatura galega con Marta Dacosta, titulado Huellas de Rosalía, sobre a influencia de Rosalía na poesía galega e as voces actuais das mulleres na poesía galega: Como son as voces das poetas galegas hoxe en día? Son as estratexias de comunicación coas editoriais as mesmas que as que se utilizaban na época da célebre escritora? A continuación realizarase un seminario sobre literatura vasca con Harkaitz Cano: La literatura vasca: un mapa de los márgenes, ao que seguirá unha lectura de poemas en galego e éuscaro cos poetas Marta Dacosta, Harkaitz Cano e Isaac Xubín na Biblioteca Central de Cork, acompañado por unha recepción con viño.”

Taboleiro do libro galego (XXVI), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí as novidades editoriais en lingua galega máis vendidas ao longo do pasado mes de setembro. O meu agradecemento ás dez librarías que, nesta ocasión, puideron participar: Paz, Trama, Suévia, Miranda, Abrente, Biblos, Andel, Cartabón, Libros para soñar e Lila de Lilith.

NARRATIVA
1º-. Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, Xerais.
2º-. A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais.
3º-. A voz do vento, de Pemón Bouzas, Xerais.
4º-. Chovida do ceo, de Alfredo Conde, Edicións Xerais.
5º-. 55, de Xavier Queipo, Xerais.
6º-. O espido de Gina,  de Miguel Anxo Fernández, Galaxia.
7º-. A maleta de Victoria Kent, de Xerardo AgraFoxo, Galaxia.

POESÍA
1º-. Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, A. C. Caldeirón.
2º-. dun lago escuro, Marta Dacosta, Xerais.
3º-. Río Alzhéimer, de Carlos Pereira, Alvarellos.
4º-. Anamnese, de Eli Ríos, Sotelo Blanco.
5º-. Os inocentes, de María do Cebreiro, Galaxia.

ENSAIO-TEATRO
1º-. Guía para o descenso enerxético, A. C. Véspera de nada.
2º-. A alternativa está aquí, de María Reimóndez, Xerais.
3º-. Bibliotecarias e bibliotecarios infames, de F. X. Redondo Abal, Laiovento.
4º-. Crónicas dun tempo escondido, de Sabino Torres, Galaxia.
5º-. Eu estaba alí, Afonso Eiré, Hércules de Edicións.
6º-. Contra a morte das linguas, de Miguel Moreira, Edicións Xerais.

XUVENIL
1º-. Reo, de Xesús Fraga, Galaxia.
2º-. Dragal III, de Elena Gallego, Xerais
3º-. Recinto gris, de Ledicia Costas, Edicións Xerais.
4º-. Os Megatoxos e o dragón de xade, de Anxo Fariña, Xerais.

INFANTIL
1º-. O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso e Luz Beloso, Nova Galicia Edicións.
2º-. Verdedades, de Yolanda Castaño e Xosé Tomás, Biblos.
3º-. A nena á que non deixaban ser feliz, de Miguel Ángel Alonso e Luz Beloso, A Porta Verde / Nova Galicia Edicións.
4º-. O grúfalo,  de Julia Donaldson, Patas de Peixe.

LIBROS CD-DVD
1º-. Brinca vai!, de Paco Nogueiras, Kalandraka.
2º-. Xiqui Xoque, fiú fiú!, de Uxía, Editorial Galaxia.
3º-. Cantos animais, de Susa Herrera e María Noel Toledo.
4º-. Unha viaxe polo mundo, de As Maimiñas, Galaxia.

BANDA DESEÑADA
1º-. O bichero IV, de Luís Davila, Edición do autor.
2º-. A causa do crime, de Tokio, Demo Editorial.

A xornalista Lara Rozados gaña o Premio de Poesía Victoriano Taibo con O caderno amarelo

DesdeLara Rozados Sermos Galiza e o Instituto de Estudos Miñoranos:
“Con O caderno amarelo, a xornalista Lara Rozados resultou gañadora da sétima edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo-Entidade Local de Morgadáns, dotado con 3.000 € e que será entregado, como cada ano, nun acto cultural que se desenvolverá no mes de novembro.
As escritoras e escritores Xosé María Álvarez Cáccamo, Marta Dacosta, Araceli Gonda, Rexina Vega, Ramón Sandoval e Miguel Anxo Mouriño formaban parte do xurado que escolleu a obra de Rozados entre as catro que foran seleccionadas como finalistas. Será o primeiro libro publicado desta autora que, sen embargo, cona xa cunha ampla traxectoria no mundo cultural e literario. (…)”

A Coruña: homenaxe a Luísa Villalta, O Papagaio: a pegada dos sentidos

Taboleiro do libro galego (XXIV), por Ramón Nicolás

Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Unha entrega máis neste 2014 do «Taboleiro do libro galego» e que será o último ata o que recolla as novidades editoriais en lingua galega máis vendidas do vindeiro mes de setembro. Grazas, nesta ocasión, ás once librarías que participaron nesta ocasión: Suévia, Miranda, Carricanta, Biblos, Andel, Cartabón, Aira das Letras, Couceiro, Libros para soñar, Librouro e Lila de Lilith.

NARRATIVA
1º-. A viaxe de Gagarin, de Agustín Fernández Paz, Edicións Xerais.
2º-. Orlando. Unha biografía, de Virginia Woolf (tradución de Celia Recarey), Irmás Cartoné.
3º-. Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar, Xerais.
4º-. O espido de Gina, de Miguel Anxo Fernández, Galaxia.
5º-. Sete Caveiras, de Elena Gallego, Edicións Xerais.
6º-. Chovida do ceo, Alfredo Conde, Edicións Xerais e A voz do vento, de Pemón Bouzas, Xerais.

POESÍA
1º-. Dun lago escuro, de Marta Dacosta, Edicións Xerais.
2º-. A segunda lingua, de Yolanda Castaño, Pen Clube-Xunta de Galicia.
3º-. Remontar o río, de Helena Villar Janeiro e Luz Darriba, Tirar do fío Edicións.
4º-. Kid Salvaxe, de Carlos G. Reigosa, Xerais.

ENSAIO-TEATRO
1º-.Non temos medo, de Rodri Suárez, Nicetrip edición.
2º-. Eu estaba alí, Afonso Eiré, Hércules de Edicións.
3º-. E logo, temos razóns para ser nacionalistas?, de Henrique del Bosque, Edicións Xerais.
4º-. Politicamente incorreta. Ensaios para um tempo de pressas, de Teresa Moure, Através.
5º-. Xavier Vence. Conversas, de Xan Carballa, Engaiolarte Edicións.
6º-. Contra a morte das linguas, de Miguel Moreira, Edicións Xerais.

XUVENIL
1º-. Ámote, Leo A. Terminal de… chegadas?, de Rosa Aneiros, Edicións Xerais.
2º-.Recinto gris, de Ledicia Costas, Edicións Xerais.
3º-. Dragal III, de Elena Gallego, Edicións Xerais.

INFANTIL
1º-. Rosa Caramelo, Adela Turín, Kalandraka.
2º-.Volvo! O regreso de Usha, de María Reimóndez, Xerais.
3º-. O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso e Luz Beloso, Nova Galicia Edicións.
4º-.A burra Ramona, de Paula Carballeira (ilustracións de Xosé Tomás), Baía Edicións.
5º-. O fío vermello, de An Alfaya, Edicións Xerais.

LIBROS CD-DVD
1º-. Brinca vai!, de Paco Nogueiras, Kalandraka.
2º-. Xiqui Xoque, fiú fiú!, de Uxía, Editorial Galaxia.
3º-. Pan de millo, de Migallas, ilustracións de Dani Padrón, Kalandraka.
4º-. Cantos animais, de Susa Herrera, Primera Persona.
5º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.

BANDA DESEÑADA
1º-. O bichero IV, de Luís Davila, Edición do autor.
2º-. A Torre dos Mouros / Os lobos de Moeche, de Manel Cráneo, Demo Editorial.
2º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.

OUTROS
1º-. Luzes, nº 6, maio 2014.”

Un día para min, de Xabier P. DoCampo

Desde o blog de Xabier P. DoCampo:
“Todas as persoas amigas que algunha vez pasades por este lugar, xa sabedes de que a AELG dedicoume este ano a súa homenaxe O escritor na súa terra. Letra E, así que aforro descricións e explicacións sobre do asunto e aproveito tempo e espazo para agradecer o que foi, para min, un dia de felicidade.
O evento levoume aos lugares dos meus primeiros acordos: Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei – Lugo), alí xuntáronse xente da miña larga e cumprida familia, primeiro goce do día velos a todos e todas. Pero acudiron tamén as amigas e amigos máis queridos, que máis podo pedir que estar no medio deles?
Só agradecemento debo a AELG que quero facer público nos nomes de Cesáreo Sánchez Iglesias e de Mercedes Queixas Zas, respectivos presidente e secretaria da asociación. Pero tamén no dos outros membros da directiva: Marta Dacosta, Carlos Negro, Antonio Reigosa, Isidro Novo… E, como non, Ernesto e Ana, que, cheos de amor e xenerosidade, fixeron ese traballo de cada día e de cada intre que fai que todo funcione como debe.
E agradecemento debo tamén ao concello de Castro de Rei, que fago público no nome do seu alcalde Francisco Javier Balado, afectuoso e amábel, que fixo posíbel que Castro de Ribeiras de Lea garde agora a lembranza de min nunha pedra que contén as miñas palabras, nunha cerdeira que medrará para ser vida de min e dunha avenida que gardará o meu nome.
En fin, non é posíbel facer unha crónica axustada do día, porque habería ser posíbel facela das emocións, e estas escorren por entre as palabras e non se deixan fixar no papel, mais gárdanse na quentura da alma.
Outra emoción foron as bonitas palabras que me dedicaron: Cesáreo Sánchez Iglesias, no momento de descubrir o monólito e no acto da entrega da Letra E, palabras de poeta. As que dixo Mercedes Queixas ao ler a acta da concesión desta honra por parte da asemblea da AELG e cuxa cariñosa redacción translucía a autoría desta boa amiga. As que lle escoitei con emoción ao meu irmao Agustín Fernández Paz, que fixo unha laudatio á que o cariño lle poñía esaxeración, pero que era ben bonita de escoitar. Ao final falei eu para agradecer e para contar algo de min, do meu paso por Castro e polo mundo.
Grazas, amigas e amigos que organizastes este día para min. Obrigado fico coa miña familia que non faltou no medio doutras obrigas que chamaban por eles noutros lugares ou vinde ben lonxe só para me agasallar. Beizóns amigas e amigos de cada hora que o sábado estivestes comigo, para todos gardarei sempre un recanto ao quente no meu corazón (Verae amicitiae sempiternae sunt).
Para todas as persoas que asistiron ao xantar quixen eu tamén ter un agasallo especial e editei unha plaquette de 250 exemplares numerados e asinados por min, titulada Pedra e Tempo que contén o texto inscrito no monólito e cinco contos encadeados, penso que representativos dunha boa parte do meu xeito de escribir os relatos curtos. Para esa persoas, mais dedicado a todos os creadores e creadoras da patria da Lingua. Leva, non pode ser menos, na capa unha ilustración do meu irmao Xosé Cobas.
E grazas tamén a todas as persoas que me felicitaron por medio das redes sociais e con chamadas ou mensaxes telefónicas, imposíbel responder a todas, aínda que ben o merecían. Obrigado.
Como agasallo recibín unha fermosísima escultura de Silverio Rivas que representa unha letra E do século III, que me enche de orgullo ter na miña casa. Grazas tamén ao grande artista.”