Os
premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega chegan á décimo quinta edición. As obras finalistas, publicadas en 2013, foron escollidas polos 437 socias e socios da AELG, que nunha segunda fase tamén decidirán as gañadoras, que se darán a coñecer na Gala das Letras, que terá lugar o 3 de maio no Teatro Principal do Concello de Pontevedra.
Tras os votos emitidos na primeira quenda, quedou como unha das tres obras finalistas do premio ao mellor ensaio A revolución non vai ser televisada, de Rebeca Baceiredo (Euseino? Editores).
Arquivos da etiqueta: Rebeca Baceiredo
Vinte e sete obras finalistas compiten polos Premios AELG 2014
Os
premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega chegan á décimo quinta edición. As obras finalistas, publicadas en 2013, foron escollidas polos 437 socias e socios da AELG, que nunha segunda fase tamén decidirán as gañadoras, que se darán a coñecer na Gala das Letras, que terá lugar o 3 de maio no Teatro Principal do Concello de Pontevedra.
Tras os votos emitidos na primeira quenda, os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2013 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística (nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados de Gálix e os membros do Colexio de Xornalistas respectivamente), son:
Blog Literario
- Caderno da crítica, de Ramón Nicolás
- Criticalia, de Armando Requeixo
- Versos e aloumiños, de Antonio García Teijeiro e Antón García-Fernández
Ensaio
- A revolución non vai ser televisada, de Rebeca Baceiredo (Euseino? Editores)
- Estilística da Lingua Galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato (Xerais)
- Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez (Xerais)
Literatura Infanto-xuvenil
- A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo (Xerais)
- A pantasma da casa da Matanza, de Miro Villar (Biblos)
- Todos somos, de Marcos Calveiro (Xerais)
Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2013
Narrativa
- A lúa da colleita, de Anxos Sumai (Galaxia)
- A memoria da choiva, de Pedro Feijoo (Xerais)
- O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila (Galaxia)
Poesía
- Habitación do asombro, de Miguel Anxo Fernán-Vello (Espiral Maior)
- Ningún precipicio, de Olalla Cociña (Toxosoutos)
- Raíz da fenda, de Berta Dávila (Xerais)
- Sobre ruínas, de Xesús Rábade Paredes (Alvarellos Editora)
Teatro
- Isóbaras, de Gustavo Pernas (Xerais-Xunta de Galicia)
- O refugallo, de Paula Carballeira (Xerais-Xunta de Galicia)
- Obras Completas (Vols. I, II e III), de Roberto Vidal Bolaño (Edicións Positivas)
Tradución
- Desgastei cadeas estrañándote, de Ahmed Arif, traducido por Pepa Baamonde e Irfan Güler (Espiral Maior)
- Ulises, de James Joyce, na tradución de Antón Vialle, Eva Almazán, María Alonso Seisdedos e Xavier Queipo (Galaxia)
- Viaxe ao futuro. Relatos de ciencia ficción, VV. AA., en tradución de Alejandro Tobar (Vicens Vives)
Na segunda fase, xa en andamento, os asociados e asociadas decidirán as obras gañadoras.
Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:
Premio AELG 2014 “Institucións Culturais”
A AELG valora tamén o impulso dalgunhas institucións na promoción do teatro e, neste sentido, premiará:
-
O proxecto Buxiganga, da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, polo seu labor de difusión e socialización do teatro galego.
-
Tamén a Área de Cultura de Deputación da Coruña, polo Premio de teatro Rafael Dieste.
-
Narón e Tui entran no palmarés como concellos que dedican un especial esforzo ás artes escénicas.
Premio “Mestras-es da Memoria” 2014
A segunda edición do premio Mestres e Mestras da Memoria, que se concede nesta ocasión a Elba Requeijo e Xavier Blanco, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional
Escritor Galego Universal 2014
O escritor Bernardo Atxaga será o Escritor Galego Universal, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana. O autor vasco ofrecerá o día 2 de maio, en Pontevedra, unha conferencia con título Reaccións ante unha pedra raiada, e ao día seguinte recollerá o premio na Gala das Letras. Con este nomeamento Atxaga súmase á listaxe conformada por Mahmoud Darwish, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro e mais Lídia Jorge.
No transcurso da gala a AELG tamén entregará a distinción “Bos e Xenerosos”, coa que a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega quere recoñecer o esforzo e o compromiso da xente do espectáculo para manter vivos os nosos escenarios nun momento en que os recortes afectan de maneira especial ás programacións culturais. Desta maneira, a AELG premiará representantes de todas os ámbitos da escena galega:
-
A compañía Sarabela Teatro, dirixida por Ánxeles Cuña Bóveda recibirá o premio como agrupación profesional.
-
Achádego Teatro de Lugo, que fai 25 anos neste 2014, será recoñecida polo seu traballo no teatro amador.
-
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia, en nome de todos e todas os que contribuíron ao desenvolvemento da escena galega.
-
A Editorial Laiovento e o proxecto Casahamlet son outros dous proxectos que merecen destaque da AELG.
Parlamento das Letras: Rebeca Baceiredo
Entrevista
de Armando Requeixo a Rebeca Baceiredo no seu blogue, Criticalia:
“(…) – Armando Requeixo: ¿Que cres que lle falta aínda ás nosas letras e que lle sobra definitivamente?
– Rebeca Baceiredo (RB): A resposta que podo dar é pura impresión… Coido que, a pesar do claro ataque contracultural por parte de institucións fascistas (e entendo por fascismo, simplificando, a anulación da diferenza), nalgúns casos estase a conseguir unha relación coa linguaxe cada vez máis elegante, por profunda e libre. Ben, isto é algo que me interesa a min, concretamente, nada máis.
O que penso que sobran son egos, en xeral, en todos lados, dentro e fóra, da literatura e de nós mesmxs. (…)
– AR: ¿Cal é a túa valoración do noso presente literario?
– RB: Do presente literario galego penso (o mesmo que da dimensión cultural xeral): os circuítos de poder (dende fóra, coas seleccións editoriais mimetizando as pautas do centro do sistema; dende dentro, cos propios micropoderes) asolagan a creación de formas-contidos que xeran, de verdade, diferenza. Por unha banda, no que sería a dimensión artística, entendo que esa apertura a novos terreos é o seu cometido; e en tanto que cultura, como acervo de instrumentos conceptuais, tampouco se ten que quedar nesa recompilación, senón que terían que ser empregados, estes instrumentos, para crear outras cousas, para seguir camiñando.”
Ourense: presentación de como estás?, de Claudio Pato, e (repeat to fade), de Rebeca Baceiredo
O
venres 2 de decembro, ás 20:00 horas, no Multiusos da Universidade (Edificio de Ferro) do Campus das Lagoas (entrada pola Rúa Doutor Temes Fernández) de Ourense, terá lugar a presentación dos libros (repeat to fade), de Rebeca Baceiredo e Como estás?, de Claudio Pato, publicados en Estaleiro Editora. No acto estarán acompañados por Miguel Mosqueira.
Santiago: presentación de (repeat to fade), de Rebeca Baceiredo
A
cuarta feira (mércores) 2 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), Rebeca Baceiredo (Ourense, 1979) presenta o seu novo libro (repeat to fade), publicado por Estaleiro Editora. No acto estará acompañada por Manuel Outeiriño e Miguel Mosqueira.
A Coruña: conferencia T(r)opos ou unknow pleasures, de Rebeca Baceiredo
O venres
27 de maio, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Real, 56) da Coruña, dentro do ciclo Ciclo Escrita(s) 2011, que, baixo o título de Circunvolucións, consiste nunha serie de charlas na que se abordará a experiencia que coa(s) escrita(s) manteñen diversos autores. Nesta conferencia, Rebeca Baceiredo falará sobre T(r)opos ou unknow pleasures: “A linguaxe empápase dunha orde social e reprodúcea. A linguaxe, logo, funciona con consignas. Que un texto dinamite a armazón pola que se liga ao statu quo é que as palabras dun texto deixen un espazo ao seu redor para poder latexar o seu ritmo, o seu tacto. Facer balbucir a lingua é do que se fala. Ir máis alá da linguaxe, e que isto signifique unha revolución. Das conciencias.”