Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a nova Tabela dos Libros, que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
Arquivos da etiqueta: Rosa Aneiros
Conversas con Sibila, de Rosa Aneiros, na Libraría Couceiro de Santiago os martes de xuño ás 19:00 h.
Desde Xerais:
“Os martes de xuño terán lugar as conversas con Sibila de Rosa Aneiros na Libraría Couceiro de Santiago. Reunións dun máximo de 7 persoas para pequenos encontros arredor de Sibila. Hai café e te -cortesía da casa anfitrioa- para axudar a engulir as palabras. As persoas interesadas poden confirmar asistencia por mensaxe interna de Facebook da autora ou da libraría, na propia libraría Couceiro ou por correo electrónico a rosaneiros@hotmail.com. É imprescindible confirmación de dispoñibilidade.
Martes 8, 15 e 22 de xuño de 2021
Libraría Couceiro. Santiago de Compostela
Inscrición previa obrigatoria.”
Vídeo da presentación de Tres bichicomas, dúas illas e unha serea, de Rosa Aneiros
Vídeo Tres bichicomas, dúas illas e unha serea de Rosa Aneiros
Do 26 ao 28 de xuño, I edición do Festival Virtual do Libro Galego (FLIV)
Compostela: actividades destacadas do 19 de xuño na Feira do Libro 2020
O 19 de xuño continúa a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 13:00 h. Rosa Aneiros asina Tres bichicomas, dúas illas e unha serea, publicado por Xerais.
– 18:00 h. Inma López Silva asina O libro da filla, publicado por Galaxia.
– 19:00 h. Manuel Portas asina Cadencias, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Juan Casto Rivadulla asina A que cheiran as cores? A esperada guía para coñecer o cerebro, publicado por Galaxia.
I edición do Festival Virtual do Libro Galego (FLIV), do 26 ao 28 de xuño
Historias cativas de Rosa Aneiros
Desde Aulas Galegas:
“A nosa querida escritora Rosa Aneiros desenvolveu estes días unha iniciativa de lectura e escritura nas redes sociais (en Facebook e Twitter) co cancelo #historiascativas e, amablemente, quixo compartila con todos e todas nós. (…)
Esta práctica solidaria son, en palabras da autora, “#historiascativas nas que dialogo con personaxes de obras escritas e as sitúo en confinamento. Están subidas tamén en pdf e talvez poidan servir a alguén como material educativo xa que dialogo con obras de infantil e xuvenil que moitas leron e á rapazada tenlle a súa graza por falar do momento de actualidade inmediata.”
“As Historias cativas. Son sete días e sete historias cativas polo tamaño e ambición, pero tamén pola súa natureza confinada. Trátase dun xogo no que dialogo con personaxes das miñas obras e os sitúo nun contexto de confinamento. Que lle acontecería a Eusebio e Patricia de Ás de bolboreta se o covid-19 os confinase xuntos? Como afrontaría Edelmira de Tres bichicomas, dúas illas e unha serea a distancia con Edelmiro? Que podería sucederlle á nai de Noelia e Miguel de A batalla da pequena Chañan Curi Coca cando baixa mercar o pan? Cal sería a conversa de Elba, a protagonista de “Deixando sitio” de Corazóns amolecidos en salitre co seu fillo Rodri?”
Podedes acceder ás publicacións en Facebook clicando na seguinte ligazón: HISTORIAS CATIVAS.
Recuperamos a través de #historiascativas marabillosas lecturas da autora que nos fan gozar e relamber con estes doces textos. Axudan tamén a recuperar do andel da nosa biblioteca esas novelas que nos acompañaron, que compartimos nos clubs de lectura cando podiamos vernos e falar cara a cara, e a relelas, volver pasar as súas páxinas e perdernos na dozura da súa prosa.
Recomendámosvos estes “7 días escrita/7 historias/7 publicacións”, 7 alfaias que iremos degustando en entradas individuais; de seguro que estades desexando acompañarnos nesta viaxe pola escrita solidaria de Rosa Aneiros, polos seus diálogos que nos achegan á reflexión, aos sentimentos encontrados en tempos de confinamento e de incertezas.
Grazas mil por compartilo con nós, Rosa Aneiros.“
Rosa Aneiros le un fragmento de Tres bichicomas, dúas illas e unha serea
Desde a AELG recollemos
a lectura dun fragmento de Tres bichicomas, dúas illas e unha serea por parte da súa autora, Rosa Aneiros, no marco da iniciativa #envozpropia de Edicións Xerais, aquí.
Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora e/ou #CulturaNaRede.






