Desde a Deputación da Coruña:
“Esther F. Carrodeguas, María Marco, Soraya Lema e Abraham Pérez xa están traballando nos seus proxectos no marco das últimas Residencias Artísticas Mariñán deste exercicio 2022. Trátase das Residencias dedicadas a Literatura e Pensamento, que lles permitirá ás catro persoas seleccionadas traballar sobre os seus respectivos proxectos e desenvolver o plan de traballo que presentaron nas súas memorias de selección.
Ao igual que na estadía do mes de xullo destas mesmas Residencias, tamén nesta ocasión se programan dúas actividades complementarias e abertas ao público en Betanzos. A primeira terá lugar o venres 9 de decembro na Libraría Biblos ás 19:30h e estará encabezada pola escritora Teresa Moure; mentres que a segunda terá lugar o mércores 14 na Fundación CIEC e o escritor convidado será Xesús Fraga. (…)
No mes de xullo xa desenvolveran a súa estadía en Mariñán Andrés Sanjurjo, Vanesa M. Sotelo, na modalidade de Literatura, e Paula Domínguez e Judith Ruso, na de Pensamento. Agora, e ata o vindeiro 16 de decembro, está a ser a quenda de Esther F. Carrodeguas e Soraya Lema Carballo, na modalidade de Literatura, e de Abraham Pérez Fernández e María Marco –en substitución de Xerardo Pereiro Pérez, que renunciou por motivos laborais– na de Pensamento.”
Arquivos da etiqueta: Vanesa Sotelo
Vigo: presentación de Antologia de Teatro Galego Contemporâneo
A Coruña: XIII Lúas de Outono 2022, o 20 de setembro
Betanzos: As conversas de Mariñán de literatura e pensamento, con Vanesa Sotelo, Andrés Sanjurjo e Marga do Val
Resolución do II Certame Manuel María de proxectos teatrais da Fundación Manuel María
Ponteareas: presentación do libro-DVD Viaxe á illa das mulleres loucas, de Alfonso Pexegueiro
O teatro será protagonista do FLIV20 con lecturas dramatizadas e debates sobre o presente escénico
Fernando Castro Paredes gaña o II Certame Nova Dramaturxia Galega Actual
Carballo: Xornadas Escena Norte Idea
O FETEGA do Carballiño pasa a chamarse Festival de Teatro Galego Celso Parada
Desde Erregueté:
“Inclúe unha ducia de citas con destacadas compañías galegas, ademais de monólogos, animación de rúa, coloquios, obradoiros e a entrega dos premios Dorotea Bárcena.
O Festival de Teatro Galego (Fetega) do Carballiño anunciou hoxe a súa programación, nunha edición que marca o trixésimo aniversario da súa existencia. A dirección do festival carballiñés rende homenaxe ao recentemente falecido Celso Parada rebautizándoo como Festival de Teatro Galego Celso Parada.
Unha ducia de compañías de teatro e de novo circo danlle forma ao cartel deste ano, que se despregará en diferentes espazos da localidade do 2 ao 6 de setembro e inclúe, así mesmo, actividades paralelas como monólogos, animación de rúa, coloquios, obradoiros e a entrega dos premios Dorotea Bárcena.
Cinco compañías conforman a programación que acollerá o Auditorio Municipal: Iria Pinheiro con Anatomía dunha serea o 2 de setembro; Contraproducións con A compañeira de piso o día 3; Chévere con Curva España o día 4; Redrum Teatro con Idiota o día 5; e Enconarte Producións con Monstuación o día 6.
A estas función do Auditorio súmanse ás do anfiteatro da Veracruz con varios espectáculos de novo circo, clown e maxia: Catro segundos, da compañía IO o día 2, Don Gelati de Dani García o día 3, Cartoons de PT Excéntricas o día 4, Lume de Asacocirco o día 5 e 4.0 de Sue Moreno o día 6.
Ademais, na Casa da Cultura, haberá monólogos cómicos a cargo de Xan Veiga (día 2), Fran Campos (día 3), Víctor Grande (día 4) e Pepo Suevos (día 5). No mesmo lugar, o mércores 4 ás 12:00, Raquel Queizás presentará Toin toin, un espectáculo de contos con monicreques de mesa acompañado de instrumentos musicais sinxelos para gozo dos máis pequenos da casa e os seus pais.
Como en anos anteriores, o programa complétase cunha serie de actividades paralelas, entre as que se atopan pasarrúas diarios a cargo da compañía Barafunda, dous obradoiros de interpretación a cargo de Fernando Tato e Nekane Fernández e un coloquio de creadoras baixo o título Arte con nome de muller o venres 6, no que participarán a directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia, as actrices Belén Constela e Iolanda Muíños, a escenógrafa e iluminadora Silvia Penas, a dramaturga e directora da erregueté Vanesa Sotelo e a directora de escena Ánxeles Cuña, baixo a moderación de Inma López Silva.
A trixésima edición do Festival de Teatro Galego do Carballiño pecharase na noite do venres coa gala de entrega dos premios Dorotea Bárcena, que será presentada pola directora e actriz Marián Bañobre no Auditorio Municipal.”