Pontevedra: Festival PontePoética, actividades do venres 19 de abril

O venres 19 de abril comeza unha nova edición do Festival de Poesía PontePoética, promovido polo Concello de Pontevedra, coa colaboración do Ateneo de Pontevedra, baixo a dirección de Yolanda Castaño. Este é o programa:

Pola mañá. Encontro poético con alumnado do IES A Xunqueira I, IES Sánchez Cantón e IES Valle-Inclán.
18:30 h. Teatro Principal de Pontevedra (rúa de Paio Gómez Chariño s/n).
Inauguración de PontePoética 3 e recital dos poetas: Claudio Rodríguez Fer, Marta Dacosta e Roger Wolfe. Presenta: Xaime Toxo.
20:00 h. Teatro Principal de Pontevedra.
Recital dos poetas: Raquel Lanseros, Lino Braxe e Rosa Alice Branco. Presenta: Goretti Canario.
22:30 h. Pub Pequeño Karma (rúa de Paio Gómez Chariño, 29, baixo).
Performance poético-musical: A marcha da sombra. Poesía en vivo con voz, corpo e alma, con Claudio Pozzani.

Pontevedra: lanzamento de Mordida, de Eugénio Outeiro

A sexta feira 8 de febreiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa da Oliva, 24), preséntase Mordida, o último poemario de Eugénio Outeiro, publicado por Através Editora. No acto, coorganizado polo Ateneo de Pontevedra e a AGAL, participan, xunto ao autor, Xaime Toxo e Antón Sobral.

Pontevedra: presentación de 15.724, de Xesús Constela

O xoves 27 de setembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra (Rúa Padre Sarmiento, 51), o Ateneo de Pontevedra e Edicións Xerais presentan o libro 15.724, de Xesús Constela. No acto, xunto ao autor, participan Adolfo Caamaño, Xaime Toxo, Ana Isabel Vázquez Reboredo e Manuel Bragado. Posteriormente terá lugar unha actuación musical do Grupo de Pandeireteiras A Buxaina de Coruxo.

Santiago: actividades do xoves 5 na Feira do Libro

Continúa a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) até o vindeiro domingo 8 de maio, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., salvo no fin de semana, en que estará aberta de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h.
As actividades do xoves 5 son as seguintes:
– 18:00 h. Obradoiro de ilustración: Como nace un personaxe. Realización a cargo do ilustrador Xosé Tomás. Actividade realizada coa colaboración de Gálix.
– 19:00 h. O escritor Xabier P. DoCampo presenta o seu libro O misterio das badaladas, publicado por Edicións Xerais. Manuel Bragado, director da editorial, manterá unha conversa con Xosé Cobas (ilustrador do libro) e co autor.
– 20:00 h. Presentación do libro As palabras que move o mar, de Xaime Toxo, publicada por Edicións Xerais. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado.

– 21:15 h. Sorteo dun lote de libros.

Vigo: presentación de As palabras que move o mar, de Xaime Toxo

O xoves 31 de marzo, ás 20:00 horas, na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Rúa García Barbón, 1) preséntase o libro de relatos As palabras que move o mar, de Xaime Toxo. O acto contará coa participación de Rafael Ojea, Daniel Bernárdez e Manuel Bragado acompañando ao autor.

Pontevedra: presentación de As palabras que move o mar, de Xaime Toxo

O xoves 24 de marzo, ás 20:00 h., no Auditorio do Café Moderno (Centro de Maiores Novacaixagalicia) de Pontevedra, preséntase o libro de relatos As palabras que move o mar, de Xaime Toxo. O acto contará coa participación de Ramón Rozas (xornalsta e crítico de arte), Antón Sobral (artista plástico), Marta Quinta (intérprete de harpa celta e cantante) e o director de Xerais, Manuel Bragado.