O
sábado 26 de outubro, ás 19:00 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8), nun acto coorganizado coa Área de Cultura da Deputación, preséntase o poemario colectivo, Un feixe de poesía na porta, publicado por A porta verde do sétimo andar. No acto participan Verónica Martínez Delgado, María José Fernández, Xosé Iglesias, Alberte Momán, Adela Figueroa, Miguel Ángel Alonso Diz, Toño Núñez, Ramón González, Montse González Álvarez, Mar Romero, Lois Pérez, Ramiro Vidal Alvarinho, Inma Alonso, José Estévez, Antom Laia, Eva Xanin Navia, Natalia Alonso Ramos, Naír García Abelleira, Rochi Nóvoa e outros poetas.
Arquivos da etiqueta: Xosé Iglesias
Cee: actividades destacadas do domingo 11 e luns 12 na Feira do Libro
Dentro dos actos da Feira do Libro de Cee, que se celebra na Praza da Constitución (con horarios de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas), destacamos as seguintes actividades para o domingo 11 e luns 12 de agosto:
Domingo 11
– 20:00 h. Diante do Museo Fernando Blanco, presentación das obras Cancela aberta (Ed. Xerais) e Aquel neno (Embora Ed.) de Xosé Neira Vilas, acompañado por Francisco Rodríguez López de Embora Edicións.
– 21:00 h. Na Praza da Constitución, pregón da Feira do Libro, a cargo de Xosé Neira Vilas, acompañado por Valentín García.
– 22:30 h. Noite de terraza literaria con Xosé Iglesias, o mariñeiro poeta: Transfusión oceánica na rúa Domingo Antonio de Andrade (Bar A Parada).
Luns 12
– 20:15 h. Diante do Museo Fernando Blanco, presentación da obra Costa do Solpor de Xosé María Lema Suárez, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Víctor Manuel Castiñeira Castro e o poeta Alexandre Nerium.
De seguido, Serán de Música e Poesía, Versus Cianuro, recital coa presenza, entre outros, de Paco Souto.
– 22:30 h. Noite de terraza literaria con Xaime Trillo: Anatomía da ira na Praza da Constitución (Bar Expréss).
Ordes: Festa da República Galega
Desde o blogue da Festa da República Galega:
“Os versos voarám livres e libertadores polo ar, envolvendo o espaço da antiga estaçom da Pontraga. Versos em diversidade de estilo, geraçom e voz, que falarám do anseio de liberdade deste povo. Versos com o fogo revolucionário de todas as luitas de todos os tempos, versos com as luzes da inteligência e a beleza da virtude.
Versos justiceiros, criativos, que sabem a mar, que sabem a terra, que conhecem o canto do cuco a nos anunciar a renovadora primavera, que dançárom com o reclamo do golfinho franqueador das ondas.
Versos que venhem do Milhadoiro, ou que venhem de Vigo, ou da ria de Ferrol; da Costa da Morte ou do Morraço. Versos que franqueiam portas, que tecem redes, que formam em batalhom a disparar salvas pola liberdade. Rivadulla Corcón, Xosé Iglesias, Eduardo Estévez, Rosa Enríquez, Silvia Penas, Elvira Riveiro, Alba Méndez, Concha Rousia… sonoridades e tonalidades conformantes de umha mágica fraga de palavras (a fraga, a república essencial, a do retorno, revolucionária por ideal e rotundamente matricial).
Construímos entre as vozes todas, esse manto chamado poesia, voz do povo, melodia coral. O maior poema é o que escrevemos no ato heróico de sermos povo aínda. Eco dessa batalha pola vida é cada verso que conceve a voz poética.
Na Festa da República Galega, um mostrário de movimentos, coletivos, iniciativas com a poesia como centro do seu agir, a travês do tempo e no nosso país (A Porta Verde do Sétimo Andar, Redes Escarlata, Batallón Literario da Costa da Morte…)”
Arteixo: recital-presentación de Esplendor Arcano, de Ramiro Torres
O
venres 10 de maio, ás 21:00 horas, na Libraría Á lus do candil de Arteixo (Rúa Historiador Vedía, 3), preséntase Esplendor Arcano, de Ramiro Torres, publicado polo Grupo Surrealista Galego. No acto haberá un recital coa participación, xunto ao autor, de François Davo, Alfredo Ferreiro, Modesto Fraga, Xosé Iglesias, Begoña Paz, Tati Mancebo e Sapoconcho.
