Arquivos da etiqueta: Xulio López Valcárcel
Betanzos: recital Poetas con Isabel Pintado
Alberto Gómez Aneiros gaña o XIII Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos
O
xurado do XIII Certame Literario de Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos, integrado por Xulio López, Pedro García Vidal, Antonio Piñeiro e Xavier Castro, decidiu, por unanimidade, conceder o premio a Alberto Gómez Aneiros, polo seu texto O tesouro d’o dourado.
A Coruña: actos arredor do Día das Letras Galegas da A. C. O Facho
O
martes 13 de maio, a A. C. O Facho organiza dous actos na Coruña co gallo do Día das Letras Galegas:
– 12:30 h. Oferenda floral nos xardíns de Méndez Núñez, diante do monumento a Curros Henríquez. Falará o presidente d’O Facho, Xosé Luís Rodríguez Pardo, sobre Xosé María Díaz Castro. Na cerimonia haberá musica de gaiteiros.
– 20:00 h. No local de Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22), Xulio López Valcárcel falará sobre Xosé María Díaz Castro.
Betanzos: Encontro literario con Diana Varela Puñal, Xulio López Valcárcel, Concha Parga, Paco Campos e X. L. Sobrino
Arteixo: presentación de Mar de paixón, de Héctor Pose e Luís Porto
O
venres 28 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Á lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3) de Arteixo, preséntase Mar de paixón. O fútbol na Costa da Morte, de Héctor Pose e Luís Porto. No acto, os autores do libro estarán acompañados por Xulio López Valcárcel.
A Coruña: presentación da edición bilingüe de Habitación del asombro, de Miguel Anxo Fernán-Vello
O
mércores 19 de febreiro, ás 20:30 horas, na Librería Arenas (Cantón Pequeno, 25) da Coruña, preséntase a edición bilingüe do poemario Habitación del asombro, de Miguel Anxo Fernán-Vello, publicado por Pigmalión. No acto, xunto ao autor, participan Xulio L. Valcárcel, Luís G. Soto, Gustavo Pernas e Basilio Rodríguez Cañada.
Betanzos: presentación de De amor e vida, de Jane Danko
Ferrol: presentación de Dez anos de poesía nas Pontes
O
venres 8 de novembro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina rúa María) de Ferrol, preséntase o libro titulado Dez anos de poesía nas Pontes, publicado en Galebook. No acto participan Santi del Moral, Ofelia López, Gloria David, Mari Carmen Freire, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela, Eduardo Estévez e Medos Romero.




