Mondoñedo: curso-roteiro Álvaro Cunqueiro e o Mondoñedo literario, con Armando Requeixo, o sábado 29 e domingo 30

O sábado 29 e domingo 30 de abril, a partir das 09:30 horas, na Alameda de Mondoñedo, Armando Requeixo guiará o curso-roteiro Álvaro Cunqueiro e o Mondoñedo literario. A actividade, inicialmente ideada para o profesorado, admite tamén participantes por libre. Haberá dous grupos para que poidades escoller, un fará o roteiro o sábado e outro o domingo. A(o)s participantes entregaráselles un completo dossier de traballo elaborado para a ocasión.

Obras finalistas da Gala do Libro Galego 2017

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia dan a coñecer as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2017, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia. As obras gañadoras, sen dotación económica, serán determinadas por un xurado externo e daranse a coñecer o vindeiro 20 de maio na Gala do Libro Galego 2017, que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

 

As obras que resultaron finalistas son:

Ensaio

Narrativa

Literatura Infantil e Xuvenil

Libro ilustrado

Iniciativa bibliográfica

Tradución

Poesía

Teatro

Iniciativa cultural ou de fomento da lectura

Proxecto literario na rede

Xornalismo Cultural

A Gala do Libro Galego 2017 conta co apoio do Concello de Santiago, a Deputación da Coruña e Xunta de Galicia.

A antoloxía Six Galician Poets difunde no exterior a literatura galega actual

Desde a Xunta de Galicia:
“A antoloxía Six Galician Poets difunde a literatura galega actual nunha edición bilingüe galego-inglés que acaba de ver a luz na colección New Voices from Europe and Beyond. A obra, publicada pola editora británica Arc Publications, reúne unha escolma de poemas de Xosé María Álvarez Cáccamo, Yolanda Castaño, Chus Pato, Estevo Creus, María do Cebreiro e Daniel Salgado, vertidos ao inglés polo poeta irlandés e tradutor Keith Payne. (…)
A obra reúne para o público internacional unha escolma de poemas de seis dos poetas galegos actuais máis consolidados tanto pola súa ampla traxectoria literaria como polo recoñecemento que merece a súa obra poética. A obra destes poetas preséntase en tradución inglesa realizada polo poeta irlandés e tradutor Keith Payne, mentres que a coordinación da escolma correu a cargo da profesora da Universidade de Santiago de Compostela Manuela Palacios, directora de varios proxectos de investigación estatais sobre poesía galega e irlandesa contemporánea. (..)”

Vedra: XIV Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia