Monforte: presentación de Long Play, de Lois Pérez

O xoves 28 de decembro, ás 20:00 horas, no Centro do Viño da Ribeira Sacra (Rúa Comercio, 6), en Monforte, preséntase Long Play de Lois Pérez, publicado por Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, e no que colabora o propio Centro do Viño da Ribeira Sacra, intervirán, xunto ao autor, Xosé Manuel Fernández e Fran Bouso.

O branco non pinta!, un conto de Antía Otero ilustrado por María Brenn

Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Din os organizadores que nesta mostra está a obra máis comprometida de Quessada. Que mesmo para pintar a represión tivo que botar man, do branco. A cor branca, esa que todos, cando eramos nenos, empregamos con certa decepción, porque O branco non pinta!. Cousa que non é certa… O branco deulle a Antía Otero e María Brenn o motivo e luminosidade para publicar este álbum ilustrado. Pode verse aquí.”

Curiosidade, un poemario de Estíbaliz Espinosa para observar o mundo

Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Hai uns días sabíamos que Estibaliz Espinosa era a gañadora do premio Afundación de poesía con As neuronas irmás e que se vai publicar en ‘A arte de trobar’. Pero hai apenas uns días, Estíbaliz presentaba tamen Curiosidade, o primeiro poemario publicado por Aira editorial na coleccion Fina Rei. Curiosidade, para observar o mundo desde a poesía, a prosa poética, a ciencia, a tecnoloxía, a lingua, astronomía…, con ilustracións de Celsius Pictor. Pode verse aquí.”

Vigo: presentación de Libro dos lugares, de Antón Patiño

O xoves 28 de decembro, ás 20:00 horas, en Detrás do Marco (Rúa Londres), en Vigo, Antón Patiño presenta Libro dos lugares. No acto participan, xunto ao autor, Graciela Baquero Ruibal, X. Carlos López Bernárdez e Xabier Romero, da Editorial Elvira.