Amigos dos Museos de Galicia concede o Premio Pedra do Destino ao Museo do Pobo Galego

“O 17 de maio, Día dos Museos, no espazo cultural Portas Ártabras, de Amigos dos Museos de Galicia, este colectivo, pioneiro en Galicia, deu a coñecer o Premio Pedra do Destino, que neste ano estimaron conceder ao Museo do Pobo Galego de Santiago, pola súa necesidade de ser, constancia e saber nos fíns e na profesionalización destas institucións. O premio nesta ocasión consistirá nun gran cartel de cego, orixinal, dos primeiros anos do sc. XX, rescatado no mercado de antiguidades. Entrega que se efectuará no outono. Finalmente, Felipe-Senén insistiu no papel dos museos, como necesario complemento da educación, onde recobrar o diálogo, a igualdade e a liberdade pola paz. Cun refrixerio enxebre e brindis polo mellor futuro para os museos, convidouse aos numerosos asistentes a visitar museos.”

Malpica: acto central do Día das Letras Galegas 2025

Marín Vila do Libro 2025

Boiro: XIV Romaría das Letras no Barbanza

Pontedeume: Cortexo cívico polo Día das Letras Galegas 2025