Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Gondomar: acto poético-musical das Letras Galegas 2024
Lugo: actividades do 17 de maio na Feira do Libro 2025
O Ministerio de Cultura convoca as axudas para a creación literaria en 2025
O Ministerio de Cultura convocou as axudas para a creación literaria en 2025, en réxime de concorrencia competitiva. Poden consultarse aquí. A resolución completa pode verse nesta ligazón. A presentación de solicitudes finaliza o 4 de xuño de 2025.
Vigo: Cantigaéverso, con Francisco Castro e Welicki
Cangas: concerto das Letras Galegas, con Francisco Castro
O tesouro, de Lidia de la Fuente, Premio Anisia Miranda de Teatro para a infancia
Desde a Fundación Xosé Neira Vilas:
“A viveza dos diálogos, o uso intelixente dos recursos escénicos e o hábil emprego do humor son algunhas das cualidades que salientou o xurado desta cuarta edición do galardón, que conta co apoio e a colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Dito xurado estivo composto polos membros do Padroado da Fundación Pilar Sampedro e Fernando Redondo, xunto co dramaturgo e académico da RAG Euloxio Ruibal.
A entrega ten lugar o 18 de maio, ás 18.00 na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces). O peche musical do acto está a cargo do cantautor Armando González, quen interpreta varias adaptacións de poemas de Neira Vilas. (…)”








