O agasallo da Madriña

Desde Radiofusión:
“Emprazada no medio dos furacáns da vida, a nosa conciencia é como unha chama que en calquera momento pode apagarse. Máis, con todo, é fundamental coidar desa chama, xa que incluso a penumbra vólvese visible grazas a ela. Deste vulnerable punto de luz empapado dunha escuridade matricial, desa fráxil e marabillosa condición humana, a do autor e a de todos, fálanos esta serie de obras.
Conversa con Eugenia Sanmartín e Antonio Tizón sobre Madriña.

O profesor Benito Arbaizar conclúe así unha documentada analise da novela de Antonio Tizón Madriña publicada pola Editorial Elvira. Este libro pecha a pentaloxía do inspector Sánchez Pereiro, obras do xénero negro co pano de fondo da enfermedade mental. Pechou a serie ainda que nos seus próximos traballos tamén se abordarán os transtornos mentais. Tizón escoita moitas barbaridades sobre este tipo de enfermedades.”!”

Nuria Vil gaña o certame de poesía erótica Illas Sisargas

Desde La Voz de Galicia:
“De Santo André de Comesaña (Vigo) e activista polos dereitos LGBTQIA+, Nuria Vidal Prado —coñecida por Nuria Vil no eido artístico— é a gañadora da vixésima edición do certame de poesía erótica Illas Sisargas coa súa obra Desobediensia.
O xurado, integrado por Paco de Tano, María Lado e o gañador no 2024, Francisco Fernández Davila, recoñeceron «a súa visión novidosa do erotismo» e unhas imaxes fluídas que «evitan conceptos manidos». Así mesmo, cualificaron o poemario de «moderno, actual e irreverente», e recalcaron que, malia o seu carácter contemporáneo, «consegue emitir lirismo, mesmo cando introduce a AP-9 ou contidos de carácter social». A utilización do seseo e a gheada ou o elevado ritmo poético foron outras das características que valorou o xurado.
Nuria, que se confesou ilusionada en Malpica, salientou que levaba anos querendo «escribir e performar para nutrir o imaxinario do desexo máis aló da compracencia á ollada cisheteromasculina que define moitos dos estímulos que nos chegan».
Por parte de Caldeirón, entidade organizadora, Paco de Tano agradeceu a participación e explicou que este ano se recibiron 19 obras. A concelleira Noelia Freijeiro, pola súa banda, reflexionou sobre a traxectoria do certame, que acumula xa vinte edicións, e dixo que a poesía «é un lugar onde todos podemos arder un pouco sen queimarnos».”

A Coruña: estrea de Ninguén tira fotos nos enterros, de Carlota Mosquera, o 16 de xaneiro

O 16 de xaneiro de 2026, ás 20:30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, terá lugar a estrea absoluta de Ninguén tira fotos nos enterros, de Carlota Mosquera, proposta premiada no VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal, no marco da IX Xornada da Sección de Literatura Dramática.

As entradas poden conseguirse aquí.