Entrevista a Mercedes Queixas no Zig-zag

DesdeMercedes Queixas 3 o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Entrevista de Pilar García Rego a Mercedes Queixas, centrada en Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, publicado en Galaxia. Pode verse completa aquí.”

Malpica estrea o Fondo Lugrís cos poetas eróticos do Premio Illas Sisargas

DesdeExposicion-O-Desexo-en-Malpica-2 Que pasa na Costa:
“Ata o 15 de xuño estará aberta no Centro Cívico de Malpica a exposición O desexo. Esta mostra conxunta de Xulio Maside, Xoán Pardiñas e Fernando Riveiro estrea así o Fondo Lugrís, no novo espazo expositivo do segundo andar do Centro Cívico. Unha sala circular pensada para albergar unha mostra permanente das obras de arte adquiridas polo Concello de Malpica ao longo dos últimos anos e das que poidan incorporarse no futuro.
O desexo é un proxecto plástico e literario asinado por Xulio Maside, Xoán Pardiñas e Fernando Riveiro, pero tamén por Ramón Neto, Verónica Martínez, Lino Braxe, Emma Pedreira, Eli Ríos, Eduardo Estévez, Mercedes Leobalde, Alberte Momán, Antonio G. Teijeiro, Miguel Mato, Paco de Tano, Xosé Iglesias e Paco Souto, é dicir, 13 dos 15 poetas que gañaron o Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas ao longo dos seus dez anos de vida. E igual que o premio literario, a exposición O desexo é froito da colaboración entre a Asociación Cultural Caldeirón e o Concello de Malpica.
Dadas as limitacións do espazo, na exposición inagurada este domingo non figuran as máis de corenta obras creadas por Maside, Riveiro e Pardiñas para O desexo, pero si todas as incluídas no catálogo editado, no que cada obra pictórica vai acompañada dun poema. Algúns dos autores deses versos ofreceron un pequeno recital no acto de inauguración, ao que tamén asistiron os pintores Riveiro e Pardiñas.”

As flores, de Helena Salgueiro, gaña o II Premio de poesía Rosalía de Castro do Concello de Padrón

DesdeRosalía de Castro El Correo Gallego:
“A segunda edición do premio de poesía Rosalía de Castro, promovido polo Concello de Padrón para honrar a figura da autora de Cantares Gallegos suma xa unha nova gañadora. Trátase da compostelá Helena Salgueiro Golán. A súa obra poética, presentada baixo o lema Lilith e que leva por título As flores, logrou o favor do xurado tanto polo tema que afronta como polas referencias literarias que manexa a autora no poemario gañador.
O xurado, presidido por Lorena Couso, reuniuse para valorar a trintena de traballos poéticos que se presentaron este ano ao certame literario. Entre os membros do xurado encontrábanse Anxo Angueira, Dores Tembrás, María Xesús Senín Fernández, María López Sández e Elvira Ribeiro Tubío.”

Pontevedra: presentación do Caderno e Audiovisual Manuel María

O Foto Manuel María Moañaluns 23 de maio, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa de Don Filiberto, 9-11), en Pontevedra, o Ateneo desta cidade organiza a presentación do Caderno e Audiovisual Manuel María, realizado por Manuel Anxo Méndez Fraguas, e editado e producido pola Agrupación Cultural Nós, coa colaboración do Concello de Moaña. No acto interveñen, xunto ao autor, Xaime Toxo e Xesús Cancelas. A obra contén unha presentación sobre a relación de Manuel María coa vila de Moaña na que realizou dous recitais de poesía e na que ten un paseo co seu nome por acordo unánime da Corporación Municipal.

A Coruña: representación de A noite vai como un río, de Álvaro Cunqueiro, o venres 3 e sábado 4 de xuño

A noite vai como un río A Coruña 2016As representacións terán lugar o venres 3 e sábado 4 de xuño, ás 20:30 horas, no Centro Ágora. A entrada é gratuíta, con invitación, que se poderá recoller desde o luns 23 de maio na conserxería do Centro Ágora da Coruña, a partir das 09:00 horas, até que se esgoten.