O
martes 5 de febreiro, ás 17:30 horas, no Salón de actos da Biblioteca Ánxel Casal (Avenida de Xoán XXIII, s/n) de Santiago, Celso Fernández Sanmartín presenta a colección de Livros de Cordel que edita o proxecto educativo Semente co título Fam Pam.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Completada a lectura colectiva de Cantares Gallegos proposta pola AELG aos centros de ensino para celebrar o Día de Rosalía de Castro
Unha
das iniciativas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega para a celebración do Día de Rosalía de Castro, o 24 de febreiro, foi a proposta aos centros de ensino de gravaren en vídeo a lectura por parte do alumnado de poemas de Cantares Gallegos para seren recompilados pola AELG na súa web e conformar así unha lectura colectiva completa do libro, o primeiro integramente monolingüe do renacemento da nosa literatura culta, publicado hai 150 anos.
A acollida foi tan boa que se completou esa lectura moito antes de rematar o prazo. Para dar cabida ás solicitudes recibidas posteriormente, e recoller así todo o entusiasmo e dispoñibilidade da comunidade educativa, decidiuse abrir unha segunda lectura colectiva, que xa está en andamento.
Ademais desta iniciativa, a AELG está en contacto con diversas institucións e colectivos sociais para promover outros actos de recoñecemento da nosa escritora fundacional.
A AELG anima a toda a cidadanía a participar desas actividades.
O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura, e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.
Consulte aquí os centros adheridos e o resto da programación de actividades da AELG para a celebración do Día de Rosalía.
Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas. A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente no noso idioma, desde a vontade firme e inequívoca do seu significado, sinala o inicio da restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio e esquecemento.
A súa obra é un retrato do pobo galego e goza dunha total actualidade. Desde o século XIX Rosalía de Castro foi homenaxeada polas galegas e os galegos, pois reclamou a redención da patria galega e asumiu a voz do seu pobo, voz que guiou permanentemente a súa obra e o seu pensamento. Esta galeguidade intrínseca dos seus textos, esta comunicación e entendemento permanente co seu pobo, ao se dirixir a el no seu idioma propio, foi o que a fixo tamén poeta de todos os pobos, chegando a formar parte da nómina de escritoras máis destacadas da literatura universal de todos os tempos.
Centros escolares colaboradores no Día de Rosalía de Castro 2013 (III)
Dentro
das actividades do Día de Rosalía de Castro 2013, organizadas pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, o venres 22 de febreiro terá lugar en múltiples centros de ensino a inclusión, nese día de actividades escolares, de lecturas e gravacións audiovisuais por parte do alumnado de poemas de Cantares gallegos, que serán divulgadas posteriormente no noso espazo web para darlles visibilidade social.
Continuamos coa publicación diaria daqueles centros que participan nesta actividade, aos que agradecemos enormemente o interese e dispoñibilidade das súas comunidades escolares:
– Campanas de Bastabales: CEIP Coutada, Beade.
– Vinte unha crara noite: CEP Xosé Neira Vilas, Peitieiros-Gondomar.
– San Antonio bendito: CEIP San Xosé Obreiro, Meicende, Arteixo.
– Acolá enriba: CEIP A Carballeira, Lourizán, Pontevedra.
– Adios, ríos; adios, fontes: CEIP Carlos Casares, Nigrán.
Manuscritos: Fran Alonso (I)
Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.
Muxía: Fina Casalderrey na Galería de Mulleres no mes de febreiro
O
Concello de Muxía continúa coa iniciativa da Galería de Mulleres, onde se destaca cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, etc…., repartíndose cartaces e indicacións para informarse sobre ela ou acceder á súa obra. Con cada muller reséñanse os libros a disposición do/a usuario/a na Biblioteca da Muller, integrado dentro da Biblioteca Municipal do Concello de Muxía, escritos por ela ou que fagan referencia á mesma. Este mes de febreiro centrarase en Fina Casalderrey.
A Coruña: recital de Antón Lopo e Brane Mozetic no Ciclo Poetas Di(n)versos
O
luns
4 de febreiro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Antón Lopo e o poeta esloveno Brane Mozetič.
Ribadeo: presentación de Prestige. Tal como foi, tal como fomos, de Xosé Manuel Pereiro
A Coruña: charla cos escritores e ilustradores do proxecto sOmBrAs no bErcE
O
sábado 2 de febreiro, de 19:00 a 23:00 horas, no Etnika’s Bar (Rúa Beiramar, 24), terá lugar unha charla cos escritores e ilustradores do proxecto literario sOmBrAs no bErcE, unha proposta de relatos curtos ilustrados que pretende facer chegar aos lectores, dun xeito gratuíto, unha obra coidada até o último detalle.
sOmBrAs no bErcE from Xosé Duncan on Vimeo.
Vigo: recital-presentación de Sétima Porta
O
sábado 2 de febreiro, ás 21:00 horas, na Cova dos Ratos (Rúa Romil, 3) de Vigo, preséntase Sétimo Andar, número 7 dos Q de Vian Cadernos, libro conmemorativo dos sete anos de existencia do colectivo, A porta verde do sétimo andar, con textos de Iolanda Aldrei, Rosa Enríquez, Manolo Pipas, Ramiro Vidal, Verónica Martínez, Alfonso Láuzara, Miguel Ángel Alonso Diz, Alberte Momán e Virgílio Liquito, e portada de Luz Beloso.



