Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Gondomar: Ciclo Literario Miñorán 2023, con Iria Misa, Fran Alonso e Marta Dacosta
Silleda: presentación de Xa vemos palmeiras, de Ana Cabaleiro
Compostela: encontro sobre “Situación e futuro da prensa en Galiza”
A G2 estrea este xoves As mil e unha páxinas, programa que pretende fomentar a lectura e descubrir as últimas creacións de autores galegos noveis, con Elba Pedrosa
Desde a Televisión de Galicia:
“As ‘Noites Temáticas’ da G2 contan a partir do 19 de outubro, dentro da ‘Noite da Cultura’, cunha novidade: a estrea do programa As mil e unha páxinas, que pretende animar á lectura, pero que tamén promoverá as últimas creacións de autores galegos noveis e dará a coñecer o tecido editorial do país.
As mil e unha páxinas, presentado pola escritora Elba Pedrosa, é unha viaxe máxica a través dos libros e o mundo que os arrodea. Esta aventura polos distintos xéneros literarios axudará a fomentar a lectura, descubrir autores noveis e redescubrir obras e autores da literatura galega e universal. Todo dende unha óptica dinámica, divertida e rigorosa.
No primeiro programa, esta noite abordarase o xénero da novela negra, eses libros con personaxes ambiguos que se moven en mundos sórdidos. O homenaxeado será o escritor Domingo Villar. Os espectadores coñecerán os autores, editores e grandes referentes do xénero en Galicia. Tamén haberá recomendacións de títulos para que o público descubra as novidades e algunha ópera prima da novela negra galega.”
Boiro: presentación de Receitas para encher o peito, de Xoanqui Ameixeiras
Vigo: presentación de Melpómene entre nós, de Iria Pedreira
Malpica: presentación de Rural e tradición. Un fogar en igualdade
Pontevedra: presentación de Quen escribirá a miña historia?, de Iria Morgade
María Canosa: conferencia “As miñas protagonistas femininas”
O 19 de outubro, ás 19:00 horas, na Biblioteca Pública da Coruña González Garcés (Rúa Miguel González Garcés, s/n), na Coruña, María Canosa falará sobre “As miñas protagonistas femininas”, onde contará a súa experiencia como lectora e escritora, facendo un percorrido histórico polos libros que conformaron as súas lecturas e os que resultaron da súa propia traxectoria literaria.