Arquivo da categoría: Arte
Viveiro: actividades destacadas na Feira do Libro 2019 para o 15 de agosto
O
15 de agosto continúa a Feira do Libro de Viveiro (nos Xardíns de Noriega Varela, de 12:00 a 14:30 h., e de 18:00 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 18:00 h. Presentación de Estrelas de manteiga, de Isabel Porto Collazo, por Sar Alejandría.
– 19:00 h. Paula Mayor asina Coloreando a provincia de Lugo, na caseta de Cortizas.
Rianxo: Curso de verán da USC. Galego, porta aberta para o mundo 2
Lóuzara: Roteiro Fiz Vergara Vilariño 2019, o sábado 15 de xuño
Vigo: conferencia A estadia de Robert e Sonia Delaunay em Portugal e na Galiza, por Carlos L. Bernárdez
Compostela: homenaxe a Berta Cáccamo, In memoriam
A Coruña: Xuntas pelas artes. Encontro artístico Portugal-Galicia
– 17:00 h. Inauguración do acto. Espazo para a pintura / escultura.
– 18:00 h. Espazo infantil, música, obradoiros…
– De 19:00 a 21:00 horas, aproximadamente, espazo para a poesía e a música.
Con Adias Machado, Silvia Mota Lopes, Álvaro de Oliveira, Lídia Borges, José Moreira da Siva, Jorge Braga, Pinto de Matos, Maribel Valdivieso, Pilar Pallarés, Belén Pedreira, Bea a de Estrella, Roberto Castro, Dores Polo -TallerdePolo-, Xosé de Cea, Toño Núñez, Viki Rivadulla, Marité Prieto, Marta Pedrosa, Irene Fernández, Yeiko Solo, Primates Metálicos, Natalia Navaza, Marcos Mella, Antom Laia, Sonia Andrade, Laura Rey Pasandín e Teresa Ramiro.
A Coruña: Xornada “Mulleres e innovación nas artes intermedia”
Compostela: inauguración da exposición O fotógrafo, de Emma Pedreira
A Coruña: exposición en homenaxe a Perfecto Estévez
O
13 de marzo, ás 20:30 horas, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos 16-18, 1º), inaugúrase a exposición de pintura sobre a serie Mulleres, de Perfecto Estévez, realizada en colaboración coa AELG.
Ese mesmo día agasallarase tamén cunha publicación realizada para a ocasión con textos dos seus amigos: Ignacio Basallo, Margarita Ledo, Manuel Lourenzo, Francisco Rodríguez, Felipe Senén e Henrique Tello.
Perfecto Antonio Estévez García, nado en Ourense o 27 de xullo de 1955 e falecido o 5 de maio do 2010 na Coruña, foi un pintor, cartelista e escenógrafo galego. Deseñador da editorial Espiral Maior e de A Nosa Terra. Colaborou con traballos gráficos co Concello da Coruña e coa Universidade, numerosos concellos galegos e tamén con distintas editoriais como Baía Edicións, ou Edicións Xerais de Galicia.
Foi tamén xeneroso colaborador realizando cartelería para un gran número de asociacións culturais.









