“Que é unha poeta?”

Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Baía Edicións publica XelArias: palabra á intemperie. A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora. Poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura. No Diario Cultural, Emma Pedreira conversa con Ana Romaní, aquí.”

A Coruña: presentación de 15 biografías secuestradas, de Manuel Monge, o 22 de marzo

O luns 22 de marzo, ás 19:30 horas, preséntase no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16, 1º), na Coruña, o libro 15 biografías secuestradas, de Manuel Monge.
As prazas son limitadas, polo que cómpre inscribirse enviando un correo electrónico a acab@mundo-r.com

Rianxo: presentación de Aproximacións a Manoel Antonio, de Xosé Luís Axeitos, o 18 de marzo