Arquivo da categoría: Conferencias
A Coruña: “O cinema de Xabier: do Ladrón de bicicletas ao Fío invisíbel, con Martin Pawley”
Vigo: conferencia “As luces na ‘longa noite’. A literatura galega dende 1936 a 1975”, de Xosé Ramón Pena
O 8 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal do Areal (Rúa Areal, esquina rúa Oporto), en Vigo, terá lugar a conferencia “As luces na ‘longa noite’. A literatura galega dende 1936 a 1975”, de Xosé Ramón Pena. No acto, organizado polo Club Faro de Vigo, participarán Xosé Ramón Pena e Xosé Luís Méndez Ferrín.
A Coruña: Xornada “Mulleres e innovación nas artes intermedia”
Compostela: lanzamento de Salazar e os Fascismos, de Fernando Rosas
A Coruña: “Xabier P. DoCampo. Tradición e modernidade”, con María Jesús Fernández
A Coruña: “A represión sobre as mulleres tras o golpe de Estado de 1936”, con Montse Fajardo
A Coruña: Xabier P. DoCampo na voz dos amigos: Parella de feito, con Xosé Cobas
O 27 de marzo, ás 20:00 horas, na sede da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), comeza o ciclo de conferencias Xabier P. DoCampo na voz d@s amig@s, para ir preparando a grande homenaxe a Xabier P. DoCampo que varios colectivos, entre eles a AELG, celebrarán o 29 maio no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. A primeira das conferencias será a ofrecida por Xosé Cobas, con título “Parella de feito”, ás 20.00 na sede da A. C. Alexandre Bóveda (como chegar). Xosé Cobas foi amigo persoal e ilustrador da meirande parte da obra de Xabier P DoCampo. Como traballaron xuntos dous grandes da creación, Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas? Como foi o día a día diso que denominamos “parella de feito” na elaboración de tantos libros fermosos? Conversaremos con Xosé Cobas sobre o traballo feito en común, como unidos polo lirismo e a imaxinación estes dous creadores, cun vínculo moi íntimo de forte amizade, e cheos de coñecementos e experiencias crearon para o noso goce memorables historias que nos convidan a gozar do pracer da lectura.
A Coruña: palestra de Perfecto Conde sobre Francisco Fernández del Riego
O 26 de marzo, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, Perfecto Conde falará, dentro do ciclo Língua, Literatura e Naçom da A. C. O Facho sobre Francisco Fernández del Riego.