Arquivo da categoría: Premios narrativa: convocatorias
Bases modificadas do XXXVII Premio Xerais de novela
Bases do III Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil
Bases do IV Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade
Desde o Concello de Vilalba:
“Primeira. Poderán participar todas as persoas de calquera nacionalidade e idade que presenten narracións inéditas en lingua galega, dirixidas ao público infantil e xuvenil, cunha temática vencellada ao compromiso pola igualdade de xénero, raza, nacionalidade…
Segunda. Establécese un premio único e indivisible, dotado con 3.000 euros.
Esta cantidade está suxeita ás retencións legais que lle sexan aplicables segundo a lexislación vixente.
Terceira. A obra premiada será publicada por Edicións Xerais de Galicia, que se reserva os dereitos de edición da obra premiada nos 1.500 primeiros exemplares. Entregaránselle ao/á gañador/a 30 exemplares.
Cuarta. A obra terá unha extensión libre e presentarase encadernada, por cuadriplicado, en papel impreso polas dúas caras, tamaño DIN A4. Presentarase baixo o sistema de plica, polo que se enviará cun sobre á parte; no exterior do sobre figurará só o lema e no interior incluirase o título da obra, o lema, unha copia do NIF do/a autor/a, o enderezo, teléfono de contacto e correo electrónico.
Quinta. O prazo de presentación de orixinais comezará o 23 de abril de 2020, Día Internacional do Libro e prolongarase até o día 12 de xullo de 2020 (cuarto cabodano de Agustín Fernández Paz).
Sexta. O xurado estará formado por tres persoas de recoñecido prestixio cultural. Emitirá o ditame, que será inapelable, na última semana do mes de outubro de 2020.
O xurado poderá declarar o premio deserto.
Sétima. A entrega do premio terá lugar nun acto do que se dará conta oportunamente.
Oitava. Os orixinais remitiranse a:
IV Premio AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ de narrativa infantil e xuvenil pola igualdade
INSTITUTO DE ESTUDOS CHAIREGOS
Praza de Suso Gayoso, 1 (Casa da Cultura)
Apartado de Correos, número 39
27800 Vilalba (Lugo)
Novena. Os orixinais non premiados poderán recollelos os/as respectivos/as autores/as no local do Instituto de Estudos Chairegos (Casa da Cultura de Vilalba) durante un período máximo dun mes despois do ditame do premio. Os que non se recollan nese prazo serán destruídos.
Décima. A participación nesta convocatoria supón a total aceptación destas bases.”
Adiada a resolución do Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2020
Dada a excepcionalidade da situación actual, adíase o fallo do Premio de Novela Illa Nova. En canto se recupere a normalidade, anunciarase a data do mesmo.
I Certame de Microrrelatos Pandemia 2020
X Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia
Inspiraciencia é un concurso de relatos de inspiración científica. É unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar un achegamento ao pensamento científico, de forma libre e persoal, a través da creación literaria, e explorar realidades antes non imaxinadas.
A AELG colabora con esta nova edición, a décima.
Aquí podes descargar as bases do concurso
“1. Pode participar calquera persoa que presente un relato orixinal, en calquera das linguas do concurso (catalán, castelán, éuscaro e galego), que estea inspirado nunha temática científica.
2. Os orixinais deben estar escritos en catalán, castelán, éuscaro ou galego. Deben ser inéditos e non ser premiados en ningunha outra convocatoria, certame ou premio literario, nin ser publicados nun medio ou blog persoal.
Modalidade e categorías
3. O concurso ten unha única modalidade competitiva: Relato curto dunha extensión máxima de 800 palabras
4. Os participantes poden participar nunha das seguintes categorías:
Adulto (a partir de 18 anos), enténdese que os participantes son maiores de idade na data de peche do prazo de presentación de relatos.
Mozo (de 12 a 17 anos), é dicir, os participantes son menores de 18 anos na data de peche do prazo de presentación de relatos.
5. Cada participante pode presentar un máximo de catro relatos, sempre que estean escritos en linguas distintas. Os relatos dun mesmo participante deben ser orixinais e non se pode presentar o mesmo relato en linguas distintas.
Presentación dos relatos
6. Os orixinais deben presentarse a través do sitio web: inspiraciencia.es. Previamente, os participantes deben rexistrarse. A data de nacemento establece a categoría (Mozo ou Adulto) na que se participa.
7. Os participantes poden acceder á súa conta cun nome de usuario e un contrasinal. O pseudónimo é o nome co que asinarán os relatos. O nome do concursante non será público a non ser que resulte gañador ou finalista.
8. Cada participante pode enviar un relato en calquera das linguas do concurso. Os gañadores dunha edición, para unha categoría e lingua, non poderán presentarse para a mesma categoría e lingua nas dúas seguintes edicións.
9. O prazo de presentación de relatos pecharase o 21 de xuño de 2020.
Premios
10. O acto de entrega de premios terá lugar en Barcelona e anunciarase con antelación.
11. O concurso prevé un premio institucional para cada categoría e lingua, e un premio do público por categoría.
12. Os premios serán dispositivos electrónicos, libros de divulgación, cursos de escritura e a subscrición a revistas de divulgación.
13. A organización do concurso resérvase o dereito de declarar desertos un ou máis premio si se considera que os orixinais presentados non alcanzan a calidade mínima necesaria.
Xurado e criterios de valoración
14. Para os premios institucionais designarase un xurado para valorar as contribucións e propoñer as obras gañadoras. Estará formado por persoas do ámbito da ciencia, a literatura, a arte, a divulgación, e anunciarase previamente. A comisión organizadora traballa para que os relatos se publiquen na web. Encárgase tamén de facer a preselección de relatos que pasará ao xurado, mediante un sistema de dobre moderación.
15. Para valorar os relatos terase en conta a adecuación á temática, a calidade literaria, a orixinalidade na formulación, a estrutura e a coherencia da narración, así como o estilo, a creatividade e a imaxinación.
16. O premio do público decídese a través dunha votación en liña aberta a todas as persoas. O público premia o relato máis votado de cada categoría, con independencia da lingua na que se escribiu.
17. A votación faise sobre a mesma selección de relatos que pase ao xurado. Para votar haberá que rexistrarse. Cada persoa pode dar un voto por relato, sen restrición do número de relatos a votar, a través do formulario habilitado.
Participación
18. A participación neste concurso presupón a aceptación das bases.
19. Os relatos gañadores poderán ser publicados en medios físicos e dixitais, sempre mencionando a autoría.”
Adiado o prazo para a presentación de orixinais ao Certame de Microrrelatos Día do Libro 2020
Adiados os prazos de entrega de orixinais ao XIX Certame Literario de Relatos de Aventuras Antón Avilés de Taramancos
“Con motivo da pandemia Covid-19 os prazos de entrega dos traballos e da data do veredicto do xurado, puntos 3 e 4 das bases do XIX Certame Literario Relato de Aventuras Antón Avilés de Taramancos aprobadas por decreto nº 2020/0631 do 03/03/2020, suspéndense ata novo aviso. Lembramos que nas bases do XIX Certame a data de admisión dos traballos era ata o 17 de abril e que a data do veredicto do xurado era o 15 de maio. Estos prazos suspéndense ata novo aviso.”