O discurso pode descargarse aquí, ou ben ser lido a continuación:
Estes son algúns dos vídeos do acto central do Día de Rosalía de Castro 2024 en Compostela, que tivo lugar o 24 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, organizado pola AELG, co apoio de CEDRO. A crónica videográfica completa pode verse aquí.
– Interpretación musical da Coral da A. C. Solfa:
– Saúda da presidencia da AELG, Cesáreo Sánchez:
– Lectura do Manifesto da AELG, Carlos Callón:
Estes son algúns dos vídeos do acto central do Día de Rosalía de Castro 2023 en Compostela, que tivo lugar o 25 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval, organizado pola AELG, co apoio de CEDRO. A crónica videográfica completa pode verse aquí.
– Interpretación musical da Coral da A. C. Solfa:
– Saúda da presidencia da AELG, Cesáreo Sánchez:
– Lectura do Manifesto da AELG, Carme Adán:
A Homenaxe O/A Escritor/a na súa Terra, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXVIII edición, recaendo, por decisión unánime da súa Asemblea de Socios e Socias, na figura de Xosé Manuel Martínez Oca, que foi homenaxeado na Estrada o 18 de xuño de 2022.
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida do/a homenaxeado/a ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritores/as procurando o contacto directo co/a autor/a e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritor (unha peza escultórica a cargo de Soledad Penalta), a plantación da árbore simbólica elixida polo propio autor (un bidueiro) e a colocación dun monólito conmemorativo.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe os vídeos referentes á laudatio e entrega do premio ao autor:
– Laudatio, por Carlos Loureiro:
– Entrega da escultura da Letra E, obra de Soledad Penalta:
– Resposta de Xosé Manuel Martínez Oca á laudatio: