As
III Xornadas de Literatura de Tradición Oral, organizadas pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), co patrocinio da Deputación de Lugo. Vicepresidencia Primeira, reunirán na cidade de Lugo (no Salón de Actos da Deputación de Lugo, rúa San Marcos, nº 8) entre o venres 5 e o sábado 6 de novembro, a unha serie de expertos ao redor do tema Mitoloxía da morte: agoiros, ánimas e fantasmas, baixo a coordinación xeral de Antonio Reigosa e Isidro Novo. O programa é o seguinte:
Venres 5 de novembro.
17:00 h. Inauguración, coa presenza de Antón Bao, Vicepresidente da Deputación de Lugo e Cesáreo Sánchez, presidente da AELG.
17:10 h. Conferencia As narrativas sobre a morte na cultura tradicional galega: estratexias de posta en valor, por Marcial Gondar Portasany.
18:10 h. Conferencia Da morte á Morte na cultura popular catalá, por Joan Soler.
De 19:10 a 20:00 h. Mesa redonda sobre A morte pre-vista. Participan: Marcial Gondar Portasany e Joan Soler i Amigó. Modera: Antonio Reigosa.
Sábado 6 de novembro
10:30 h. Conferencia Representación da morte na narrativa oral, por Camiño Noia.
11:30 h. Conferencia Ánimas, aparecidos e mortos en compaña na tradición galega, por Xoán Ramiro Cuba.
De 12:30 a 13:30 h. Mesa redonda sobre Mortos de ida e volta. Participan: Camiño Noia e Xoán Ramiro Cuba. Modera: Isidro Novo.
tiñamos comentado, deixamos á disposición de todos e todas os vídeos coas aportacións preliminares dos participantes no
revista
Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, en colaboración coa Real Academia Galega, organiza as VII Xornadas sobre Lingua e Usos que este ano versarán sobre as relacións entre lingua e sanidade, nomeadamente sobre a presenza da lingua galega no ámbito sanitario. As Xornadas terán lugar os días 1, 2 e 3 de decembro no salón de actos do Edificio Universitario do campus de Oza. O prazo de inscrición permanecerá aberto até o día 24 de novembro. O programa pódese descargar 