Arquivo da categoría: Ensaio
Vídeo da presentación de Invisibles, de Montse Fajardo Pérez, en Vigo
Ourense: presentación de Manuel Vidal, un presbítero ilustrado de Maceda, de Santiago Prol
O
luns 5 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón Nobre do Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5), Santiago Prol presenta o libro Manuel Vidal, un presbítero ilustrado de Maceda, publicado por Grupo Academia Postal Editores. No acto participan, xunto ao autor, Francisco Nóvoa Rodríguez, Leonardo Lemos Montanet, José Ignacio Vidal López, Valentín García Gómez e Miguel Santalices Vieira. Haberá un acompañamento musical a cargo do conxunto de música de cámara Ensemble Aurum.
Compostela: presentación de Díaz Castro: poeta en formación (1914-1939), de Emílio Xosé Ínsua
Xosé Manuel Sánchez Rei recompila máis de 400 cantares tradicionais galegos
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Xosé Manuel Sánchez Rei recompila no volume Cantar na Coruña. Cancioneiro coruñés dos séculos XVIII e XIX máis de 400 cantares tradicionais galegos. Pode escoitarse a entrevista aquí.”
Galaxia promove dúas obras teatrais sobre novelas de María Victoria Moreno e outra sobre a súa vida
Desde
a Real Academia Galega:
“Ubú Teatro, tras adaptar o pasado ano A galiña azul de Carlos Casares, volver levar aos escenarios da man de Galaxia unha obra da figura á que a Real Academia Galega lle dedica o 17 de maio. Desta volta será a historia do can Leonardo, Antón e os seus compañeiros de curso, os fontaneiros, galardoada en 1985 co 3º Premio Barco de Vapor. Limiar Teatro asume o reto de adaptar a novela máis recoñecida de María Victoria Moreno, Anagnórise, que narra a fuxida de Nicolau, un adolescente que escapa da casa, acompañado da muller que o recolle facendo autostop.
Limiar Teatro representará ademais unha segunda obra baseada na vida de María Victoria Moreno, unha traxectoria que tamén poderá percorrerse a través das páxinas da biografía que preparou para Galaxia a profesora Montse Pena Presas. O libro sairá do prelo a finais de xaneiro baixo o título A voz insurrecta: María Victoria Moreno, entre a literatura e a vida. Máis adiante, en colaboración co Consorcio de Santiago, a editorial publicará nunha edición especial É a lúa que baila, un estudo de María Victoria Moreno sobre os poemas de Federico García Lorca prologado polo académico Xesús Alonso Montero.
Galaxia está a reeditar desde 2017 títulos de María Victoria Moreno que son parte do seu catálogo. É o caso das novelas xa mencionadas, A festa no faiado (1983), ¿E haberá tirón de orellas? (1997) ou Guedellas de seda e liño (1999), así como Onde o aire non era brisa, novela escrita nos anos 60 en castelán e traducida ao galego en 2009.”




