Arquivo da categoría: Ensaio
Conflito lingüístico, de Francisco Rodríguez, “un clásico en plena vixencia”
Desde
Sermos Galiza:
“A quinta edición de Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza (Laiovento, 2015) presentouse a terza feira 15 de marzo na compostelá libraría Couceiro. Trátase dunha nova edición revisada e acrescentada con novos artigos do autor, algúns deles publicadas no Sermos Galiza. No acto estivo acompañado por Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, que definiu esta obra como “un clásico vivo para a defensa da lingua que vai aumentando en cada edición, porque en cada unha vai incorporando novos artigos e novos debates adaptados á conxuntura do momento”. (…)
Segundo Pilar García Negro, profesora da UDC, Conflito lingüístico “é o grande libro da sociolingüística moderna, por atinar no seu momento -foi publicado por primeira vez en 1976- cun diagnóstico fundamental e coa alternativa, a normalización, que tería que pasar por unha alternativa residenciada na propia Galiza e partir dela no seu conxunto, a nivel político, económico e social”.
Ademais, salientou García Negro, Rodríguez incorporou as máis rigorosas ferramentas da sociolingüística e deu alternativas para a súa normalización, concepto que -sinalou a profesora- “daquela non existía, só falaba diso naquela altura Rafael Ninyoles”. (…)
Nesta quinta edición, Francisco Rodríguez explica que “estamos, pois perante unha nova fase do conflito lingüístico, aquela onde a confrontación ideolóxica e política é a cada paso máis inevitábel e necesaria”. A respecto desta cuestión, Nel Vidal indica que “detrás das accións de políticas lingüísticas sempre hai unha intencionalidade política ou ideolóxica, iso está claro, pero nos usos reais da inmensa maioría da poboación non está esa intencionalidade cando elixe usar unha lingua ou outra. Si intervén e inflúe de forma colateral, pero non na intencionalidade do uso, e por iso ten certo perigo vinculalo á política, porque non vai estar directamente relacionado na gran maioría da poboación”. (…)”
Booktrailer de De pergamiños, follas voandeiras e libros ao .gal, de Mercedes Queixas
Pontevedra: presentación de Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra, de Margarita Ledo
Jorge Mira e María Canosa presentan o seu novo libro, A que altura está o ceo?
Desde
a Televisión de Galicia:
“O físico e divulgador científico Jorge Mira presentou esta tarde o seu segundo libro, A que altura está o ceo?, escrito coa participación de María Canosa. Nel non só responde a esa curiosa pregunta. Tamén repasa a historia dos grandes descubrimentos ciéntíficos sobre o universo. A entrevista pode verse aquí.”
Ferrol: presentación de Diários, de Carlos Calvo Varela
Vigo: presentación de Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra, de Margarita Ledo
Compostela: presentación de O ouro de Ourense, de Bieito Iglesias
Entrevista a Margarita Ledo
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Margarita Ledo, directora do documental sobre Manuel María: Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra. A entrevista pode verse aquí.”





