
Arquivo da categoría: Ensaio
A AELG manifesta o seu profundo pesar polo pasamento do que foi o seu presidente, Carlos Mella
Carlos Mella, escritor e economista, asumiu tamén diversas responsabilidades políticas durante a súa traxectoria. Foi vicepresidente e presidente da AELG entre 1993 e 2002, e posteriormente presidente da Fundación Castelao.
A súa obra escrita abrangueu diversos campos creativos, como a narrativa, o ensaio, a biografía e o xornalismo.
Na páxina web da AELG poden verse as entrevistas e obra lida polo autor na súa propia voz.
O seu foi un exemplo de coherencia ética e compromiso intelectual, estando sempre presente para colaborar nos esforzos colectivos para a mellora do país e da nosa cultura.
Pontevedra: presentación de O eco nas ondas, de César Morán
Vigo: presentación de Agora non é antes, de Antón Baamonde
A Coruña: presentación de Unha historia mínima do PSG (1963-1981), de Millán Fernández López
A Illa de Arousa: presentación de Afouteza celtista, de Manuel Bragado
Vilalba: presentación de Agora non é antes, de Antón Baamonde
Serra de Outes: presentación de China, ameaça ou esperança?, de Xavier Garcia
Betanzos: presentación de Natureza e vulnerabilidade, de Alexandre Cendón González
Antón Baamonde alerta da privatización da cultura
Entrevista a Antón Baamonde en Radiofusión:
“O escritor Antón Baamonde presenta o seu novo libro, Agora non é antes, unha obra que, máis que ollar ao pasado, fai unha prospección de futuro para entender o presente. Baamonde alerta sobre unha época de “tormenta” onde o mercado está a “arrasar toda a densidade cultural”. Sinala que a intelixencia artificial está a privatizar a herdanza cultural do planeta, e que moitos produtores culturais crean xa só coa vista posta no éxito de mercado inmediato, perdendo de vista a transcendencia futura.
O autor conecta esta dinámica co auxe da ultradereita mundial, exemplificada en figuras como Trump, que busca “acabar cos consensos de posguerra en Europa” para impoñer un capitalismo máis duro. “Os tempos escuros están volvendo”, afirma, e advirte que estamos ante un posible episodio de “alienación colectiva”. A pesar do panorama, Baamonde lanza unha mensaxe de esperanza, instando a combater a visión distópica imperante e a “volver situar no centro da mesa o principio de esperanza” para construír sociedades máis satisfactorias.
A entrevista pode escoitarse aquí.”








