Arquivo da categoría: Feiras do Libro
Barcelona: participación de CEDRO en Liber 2018
CEDRO
participa un ano máis en Liber, a Feira Internacional do Libro, que se celebrará do 3 ao 5 de outubro, no Recinto Gran Vía de Fira Barcelona, Pavillón 1.
O stand de CEDRO (419D) inaugúrase o 2 de outubro, ás 20:00 horas.
O 3 de outubro, ás 11:15 horas, en CC1. Sala 1.3, terá lugar a seguinte mesa redonda, organizada con ACE, nas xornadas profesionais da feira:
“Escritores, pensións e dereitos de autor na Unión Europea”
Participan:
– José Jorge Letria, Presidente da Sociedade Portuguesa de Autores (SPAUTORES).
– Manuel Rico, Presidente da Asociación Colexial de Escritores de España (ACE).
– Carme Riera, Presidenta de CEDRO.
– Marie Sellier, Presidenta da Société des Gens de Lettres (SGDL).
– Modera: D. Carles Mesa, xornalista.”
Porto: sesión de autógrafos de corpo a corpo, por Carlos Da Aira
Burela: actos destacados na Feira do Libro 2018 para o 1 e 2 de setembro
O
domingo 2 de setembro remata a Feira do Libro de Burela, que estará aberta na Praza da Mariña, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes días:
Sábado 1
– 19:00 h. Presentación de Senlleiras, de Antía Yáñez, publicado por Galaxia.
– 20:30 h. Presentación de Conserveiras de Celeiro, de Carlos Nuevo Cal.
– 21:00 h. Presentación de Hai mulleres, de Otero Regal.
Domingo 2
– 20:00 h. Presentación de Crua e Nua, libro de poemas ilustrado de Suevia Figueroa e Otto Treto.
Monforte: actos destacados da Feira do Libro 2018 para o 25 de agosto
O
25 de agosto finaliza a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., co seguinte acto literario destacado dentro do seu programa para este día:
– 20:00 h. Presentación e recital de poesía e humor de Long Play, de Lois Pérez, publicado por Xerais.
Monforte: actos destacados da Feira do Libro 2018 para o 24 de agosto
O
24 de agosto continúa a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 12:30 h. Presentación de Os Eidos, de Uxío Novoneyra, na colección Biblioteca de Mesopotamia, de Chan da Pólvora. Participa Pilar García Porto.
– 18:30 h. Manuel Miragaia presenta Galeguia.
– 20:00 h. Teresa Moure presenta Não tenho culpa de viver, de Ana Brouwer, publicada por Chan da Pólvora.
– 21:00 h. Presentación de Corpo, de Antón Lopo, publicado por Xerais.
Monforte: actos destacados da Feira do Libro 2018 para o 23 de agosto
O
23 de agosto continúa a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 19:00 h. Presentación de O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas, de Iago López, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Presentación de Empatía dos gatos, de Mónica Sánchez, publicado por Chan da Pólvora.
Monforte: actos destacados da Feira do Libro 2018 para o 22 de agosto
O
22 de agosto comeza a Feira do Libro de Monforte (na Rúa do Cardeal), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h. (neste primeiro día só abrirá pola tarde), cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 19:00 h. Inauguración da Feira. Pregón inaugural a cargo de Lois Diéguez, tras actuar a Banda de Gaitas de Monforte.
– 20:30 h. Presentación de Museo Pazo de Tor. Guía ilustrada, de de Fernando Arribas Arias e Antonio Reigosa, con ilustracións de Noemí López, publicado pola Deputación de Lugo. Participa Pilar García Porto.
Foz: actos destacados na Feira do Libro 2018 para o 18 e 19 de agosto
O
domingo 19 de agosto finaliza a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes dous días:
Sábado 18 de agosto
– 18:00 h. Luísa Castro asina Baleas e baleas na caseta da Libraría Bahía.
– 21:00 h. Presentación de Atlantidae. Mulher d’Água, de Adela Figueroa, publicado por Fundación Eira. No acto, a autora estará acompañada por Pilar García Porto.
Domingo 19 de agosto
– 20:00 h. Presentación de Hai mulleres, de Alfonso Otero Regal, publicado por Regal Cerámica.
Foz: actos destacados na Feira do Libro 2018 para o 17 de agosto
O
17 de agosto continúa a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde do Fontao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
17 de agosto
– 19:00 h. Presentación de Gaiola aberta, de Xoán Neira López, publicado por Baía Edicións. No acto participan tamén Carlos Nuevo e Belén López.
– 20:00 h. Falando de libros con… Paco Rivas, Carlos Nuevo Cal e Pablo Mosquera.


