Arquivo da categoría: Feiras do Libro
Lugo: actos destacados na Feira do Libro o sábado 21 e domingo 22
O
domingo 22 de maio finaliza a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior, con horario de 11:30 a 14:30 horas e de 17:30 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para o sábado 21 e domingo 22:
Sábado 21:
– 17:30 h. Contacontos para nenas/os e firma de exemplares do libro Canción do sol, de Estefanía Padulles Estévez, por Hércules de Edicións.
– 18:30 h. Presentación e firma dos libros Muxicas, de Iria López “Ika”, e do libro colectivo Foron, somos, de Iria López e José Estévez, por Redelibros, coa participación de Luísa Arias, Asun Blanco, Oti Campos, X. M. Chanteiro, Natalia Lema, Matilde Páramo, M. Porteiro, Belén Rico, José A. R. Vivián e Marcelino Romero.
Domingo 22:
– 18:30 h. Mesa redonda Clubs de Lectura, coa participación de diversos Clubs de Lectura de Lugo.
Lugo: actos destacados na Feira do Libro para o venres 20
O
venres 20 de maio continúa a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior, con horario de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 17:30 h. Presentación do libro A música das árbores, a cargo de Anxo Moure e Servando Barreiro, con actuación musical.
– 19:00 h. Presentación de A nosa terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931), de Emilio Xosé Ínsua, publicado por Baía Edicións. Xunto ao autor participan Francisco Legaspi e Belén López Vázquez.
– 20:00 h. Presentación de Que non te aten, de Manuel Iglesias Turnes, publicado por Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Manuel Bragado.
– 21:00 h. Os outros feirantes, evento nocturno na Feira, onde participan Lois Pérez, Esther Carrodeguas, o mago David Méndez, e música de Zercalo.
Lugo: actos destacados na Feira do Libro para o xoves 19
O
xoves 19 de maio continúa a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior, con horario de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:00 h. Coloquio sobre Manuel María, coa participación dos membros do Clube de Lectura da Biblioteca Nodal de Lugo.
– 20:00 h. Presentación de O viaxeiro radical, de Xerardo Quintiá, publicado en Galaxia. Ademais do autor, intervirán Xesús Fraga e Arturo Ponte.
Lugo: actos destacados na Feira do Libro o martes 17 e mércores 18
O
martes 17 de maio comeza a Feira do Libro de Lugo (na Praza Maior, con horario de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para o martes 17 e mércores 18:
Martes 17:
– 13:00 h. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz, por Nova Galicia Edicións.
– 17:00 h. Alberte Momán asinará exemplares da súa última obra, Bosquexos para unha distopía, publicado por Redelibros, na caseta da Libraría Cartabón.
– 19:00 h. Presentación do Libro O Gaiteiro de Santo Xusto, de Bruno Villamor.
– 20:00 h. Pregón a cargo de Xerardo Quintiá.
Mércores 18:
– 19:00 h. Presentación do libro-CD A música dos Carricoba, de Federico Vázquez de la Fuente, publicado por Ouvirmos.
– 20:00 h. Presentación de Cinepoemas, de Claudio Rodríguez Fer, publicado por Ouvirmos.
Compostela: Romaría dos Libros, o martes 17 de maio
Feira do Libro de Porriño 2016
Actividades destacadas na Feira do Libro de Bos Aires para o sábado 7 e domingo 8
Do
19 de abril ao 9 de maio desenvólvese en Bos Aires a Feira do Libro, onde Santiago de Compostela é a cidade convidada neste 2016. A AELG está representada por Cesáreo Sánchez Iglesias e Ledicia Costas, como presidente e vogal da AELG respectivamente.
Dentro do programa completo da delegación galega, destacamos as seguintes actividades para o sábado 7 de maio:
– 18:00 h. Festival de Poesía, Música e Baile. Con Miguel Anxo Fernán-Vello, a Agrupación Folklórica Baixo Miño, o Grupo de Gaitas da Sociedad de Vedra, a Agrupación Folclórica Galega Miña Terra/Sociedad Arantei, Vilamarín y A Peroxa, o Grupo de Gaitas y Bailes Tradicionales do Centro Galicia de Buenos Aires, o Centro Arzuano Melidense e o Grupo de Baile y de Música del ABC del Partido de Corcubión. Teatro Valle-Inclán do Centro Galicia.
– 19:00 h. Presentación de A noite enriba, de Diego Ameixeiras, publicado por Xerais. Co autor e Kike Ferrari. Stand.
E no domingo 8 de maio:
– 19:00 h. Proxección audiovisual de Os Xogos Florais do Idioma Galego, co seu autor, Xan Leira. Stand.
Compostela: actos destacados do sábado 7 e domingo 8 na Feira do Libro
O
domingo 8 de maio finaliza a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Lateral da Alameda, con horario de 11:00 a 14:30 horas e de 17:30 a 21:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para o sábado e domingo:
Sábado 7
– 12:00 h. Presentación de O Deserto, de María do Cebreiro, publicado por Apiario. No acto, a autora estará acompañada por Antía Otero (Apiario) e Irma Amado (Numax).
– 20:00 h. Encontro de fantasía galega: presentación dos libros Negruña, de Xosé Duncan, e Da Fría e Distante Estrela Polar, de Tomás González Ahola. Posteriormente terá lugar unha charla co(a)s autoras e autores do novo volume da revista Contos Estraños.
Domingo 8:
– 19:00 h. Presentación da obra gañadora do I Premio de Literatura Fantástica Antón Risco, Querido H. P. Lovecraft, de Antonio Manuel Fraga, publicado por Urco. Con Tomás González Ahola.
– 20:00 h. Presentación de Xuventude Imbécil, de Xesús Estalote Maroño, Nuno García Pico e Brais Pedreira, publicado por Artgeruts.




