“Queremos
que a xornada do 26 de novembro en Santiago de Compostela non sexa máis que o inicio dunha extensa homenaxe a Don Álvaro Cunqueiro a través dos blogs e redes sociais, así como nos medios de comunicación. Unha homenaxe que debería prolongarse ata o día 22 de decembro, data na que se conmemora o centenario do nacemento do escritor. Para participar nesta homenaxe non tes máis que publicar no teu blog ou web ou nos teus perfís das redes sociais post, notas, receitas, comentarios e referencias a Álvaro Cunqueiro, a súa obra literaria e o seu amor pola gastronomía e os viños. Con esas publicacións contribuirás a levar a estender polo mundo enteiro o coñecemento sobre Cunqueiro e a súa obra. Empregaremos o hagstag ou etiqueta #ACunqueiro, que reúne a inicial do nome e o apelido completo do autor, pero tamén porque dedicamos esta iniciativa A Cunqueiro. Contamos coa túa colaboración e agradecemos que remitas un enlace co que publiques a soledadfelloza[arroba]gmail.com ou info[arroba]colineta.com para enlazalo dende esta web. Mil primaveras máis para a obra inmortal de Álvaro Cunqueiro!” Vía Manuel Gago e Certo.
Arquivo da categoría: Homenaxes
Homenaxes para dous académicos no Baixo Miño
A
Asociación Levada Libre
de Tui inicia hoxe o seu programa de actos para lembrar a figura de Faustino Rey Romero. Este sacerdote, poeta e membro da Real Academia Galega mantivo un estreito vencello coa localidade e para o conmemorar, en nove centros escolares do concello explicarase a súa vida e obra e leranse poemas da súa autoría. O venres 25 de novembro inaugurarase un monumento na súa honra e haberá un acto no que participarán Xosé Luís Méndez Ferrín, Ánxel Vázquez de la Cruz, e mais o músico Tomás Camacho. Tamén no Baixo Miño o vindeiro sábado 17 de novembro, o Concello de Tomiño nomeará Fillo Predilecto ao escritor e académico Xosé Luís Franco Grande.
Ourense: presentación de Quince sonetos de amor e once poemas máis, de Víctor Campio
“O
Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu a presentación da publicación Quince sonetos de amor e once poemas máis, unha antoloxía sobre a obra de Víctor Campio que busca contribuír ao recoñecemento da traxectoria literaria do escritor e á difusión da súa poesía. O profesor, escritor e académico Xesús Alonso Montero é o antólogo da obra, que foi promovida pola Xunta de Galicia e pola Deputación Provincial de Ourense. O director xeral do libro, Francisco López, definiu a Víctor Campio como “un extraordinario poeta, que xa ten un lugar na lírica contemporánea exclusivamente coa forza da súa obra”. Tamén destacou a súa satisfacción como ourensán por participar na presentación de Quince sonetos de amor e once poemas máis, “unha compilación entendida como unha forma de regreso que lle devolve á súa pequena patria o que xurdiu dela”.” Vía Fervenzas Literarias.
Santiago: Á beira de Beiras, homenaxe a Xosé Manuel Beiras, o 17 de decembro
Co
gallo do 40º aniversario do libro O atraso económico de Galicia terá lugar unha homenaxe ao seu autor, Xosé Manuel Beiras Torrado, o vindeiro 17 de decembro en Santiago de Compostela, baixo o título Á beira de Beiras. A comisión organizadora, integrada por Xosé María Álvarez Cáccamo, Salomé Álvarez Blanco, Xusto Beramendi, Manuel Caamaño, Comba Campoy, Xosé Ramón Fandiño, Miguel Anxo Fernán-Vello, Víctor F. Freixanes, Margarita Ledo, Lidia Senra e Xosé Manuel Soutullo, infórmase de que a homenaxe contempla tamén a celebración do 75 aniversario do economista, profesor e político galego, engarzando así as dúas efemérides e “ofrecendo o merecido recoñecemento pola súa traxectoria de entrega a Galicia e loita pola reivindicación dos valores que ennobrecen ao ser humano”.
Nese día, 17 de decembro, ás 12:30 horas, no salón Ángel Brage do Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, farase a presentación dun libro dedicado á súa persoa editado por Galaxia con máis de trinta autores, xunto con outras actuacións no mesmo lugar que se están a programar. Este acto será público.
A continuación, ás 14:30 horas, terá lugar un xantar no seu honor no restaurante do mesmo auditorio, para o que será preciso inscribirse na conta do Banco Santander 0049 5404 22 2795102504 (Homenaxe a Beiras), mediante o pago de cincuenta euros. Máis información no correo: homenaxebeiras@gmail.com
Crónica posterior en Galaxia. Nesas ligazóns pódense ver unha fotogalería do acto e a súa intervención.
Santiago: 30º aniversário da AGAL, o sábado 5 de novembro
“O
sábado 5 de novembro a Associaçom Galega da Língua (AGAL) celebra no Museu do Povo Galego, em Santiago de Compostela, o ato comemorativo do 30º aniversário da entidade reintegracionista. A receçom aos assistentes será às 11:00 horas, e a partir das 11:30 invervirám diferentes pessoas que explicarám nas suas próprias palavras diferentes aspetos da história da associaçom e da atividade realizada nas últimas três décadas. O ato encerrará contra as 13:00 horas com degustaçom de aperitivos e bebidas. Por enquanto, já confirmárom a participaçom no ato perto de um cento de pessoas. Além disso, representantes de diferentes entidades também anunciárom a presença de representantes institucionais.
Na mesma data, mas já ao meio-dia, haverá umha homenagem aos sócios da AGAL e membros da Academia Galega Isaac Alonso Estraviz e José-Martinho Montero Santalha. Decorrerá a partir das 14:15 h. no Restaurante O 16, mesmo ao pé do Museu do Povo Galego. Devido à lotaçom limitada, já nom é possível reservar vaga, e mesmo foi estabelecida umha lista de espera. Ao redor de meio cento de pessoas tributarám-lhes a sua admiraçom e afeto a estes dous vultos do reintegracionismo.
Também como parte das atividades do 30º aniversário da associaçom, o Conselho da AGAL promove um concurso para eleger o novo logótipo de entidade reintegracionista. As pessoas interessadas em participar têm até 17 de novembro para enviar as suas propostas. (…)” Vía Portal Galego da Língua.
A Coruña: Homenaxe á guerrilla antifranquista. Manuel Ponte Pedreira (1911-2011)
O xoves
3 de novembro, ás 19:30 horas, no Auditorio da Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, terá lugar unha Homenaxe á guerrilla antifranquista. Manuel Ponte Pedreira (1911-2011), organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, cos seguintes actos:
– Estrea do documental Miracielo, vida e morte de Manuel Ponte Pedreira, de Pablo Ces, presentado por Aurora Marco.
– Mesa-coloquio coa participación de Maruchi Ponte (filla de Manuel Ponte), Bernardo Máiz, Manuel Pazos e Rubén Afonso Lobato.
– Recital de poesía.
– Actuación musical de Mini e Mero (do grupo A Quenlla) e de Miro Casabella.
O Concello de Tomiño nomea fillo predilecto ao escritor Xosé Luís Franco Grande
“A
proposta de todos os grupos e, por unanimidade, a corporación de Tomiño decidiu o venres 21 de outubro en sesión plenaria nomear fillo predilecto do concello ao escritor Xosé Luís Franco Grande. Nado na parroquia de Tebra, no concello de Tomiño, no ano 1936, Franco Grande, que estudou Dereito na Universidade de Santiago e exerceu a avogacía como asesor xurídico da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, é unha das figuras senlleiras do galeguismo. É polas súas importantes achegas á cultura galega e pola súa traxectoria intelectual que se lle nomea fillo predilecto. Foi autor no ano 1968 do Dicionario galego-castelán de Galaxia, libro que serviu de guía ás primeiras xeracións de estudantes de galego. Tamén afondou na poesía, no teatro e no ensaio, chegando a gañar o Premio Eduardo Pondal. A corporación tomiñesa celebrará proximamente un acto para formalizar o nomeamento.” Vía La Voz de Galicia.
Ramón Nicolás sinala que falta “un estudo da súa obra como conxunto”, sobre Celso Emilio Ferreiro
‘Celso Emilio Ferreiro
foi coñecido como moi poucos escritores, segundo apunta Ramón Nicolás, que está preparando unha biografía sobre o escritor que ten previsto publicar Xerais, despois de ter realizado numerosos estudos sobre a obra do escritor de Celanova. Nicolás sinala que o Día das Letras Galegas “marcou un punto de inflexión na celebración: a cantidade e intensidade de actos que se celebraron, non só a nivel académico, senón e sobre todo popular”. Por isto, considera o biógrafo que desde o ano 1989 non hai grandes novidades na recepción da obra de Celso Emilio “fóra dalgunhas achegas interpretativas illadas e puntuais; non hai aínda un estudo que cualificaría como definitivo sobre a súa obra”. Para Ramón Nicolás, aínda con todo o coñecemento que hai da obra de Ferreiro, quedan algunhas sombras sobre algunhas facetas e xéneros que o escritor practicou. Neste sentido explica que “sobre todo a narrativa, por non estar tan popularizada como a poética”. “E son da opinión que hai aí un narrador de altura. Tamén recibe unha escasa atención o labor xornalístico e aqueloutro de carácter político derivado das súas responsabilidades políticas desenvoltas tanto na Federación das Mocedades Galeguistas como no seo dos primeiros anos da Unión do Povo Galego e na súa militancia no PSG”. Sinala que tamén sería desexable desbotar “algúns tópicos evitables ao pouco que un se informe e contraste datos. O máis molesto son afirmacións acusatorias un tanto infamantes e que nunca se acompañan de documentos”. (…)” Vía La Voz de Galicia.
O Parlamento avala o 2012 como o ano de Celso Emilio Ferreiro
‘Os
tres grupos con representación no arco parlamentario galego acordaron este martes [11 de outubro], a instancias do PP, “honrar a figura de Celso Emilio Ferreiro” no centenario do seu nacemento. Deste modo, ao longo de 2012, programaranse diferentes actividades de “promoción e difusión” para dar a coñecer a súa biografía e a súa obra. Malia o acordo do pleno da Cámara, o debate sobre esta iniciativa, que insta á Xunta a elaborar un catálogo de actuacións e a buscar a colaboración doutras entidades para difundir a súa obra e dar a coñecer a súa “actividade política de compromiso con Galicia e en defensa dos valores democráticos”, non estivo exento de polémica (…)’ Galicia Hoxe. Tamén en La Voz de Galicia, La Opinión e Cultura Galega.
A Coruña: presentación do libro-disco Haberá primavera, de César Morán, no programa de radio Recendo
O
martes 11 de outubro, entre as 19:00 e as 20:00 horas, dentro do programa de radio Recendo, que a A. C. Alexandre Bóveda organiza dentro da emisora CUAC FM, César Morán presentará o seu libro-disco Haberá primavera, en homenaxe a Álvaro Cunqueiro, publicado en Galaxia en breve. Esta emisora pode escoitarse na comarca da Coruña no 103.4 FM.