“¿Me traduces una historia?: la traducción en ámbito infantil y juvenil é o título das III Xornadas Internacionais de Literatura Infantil e Xuvenil que terán lugar entre o 25 e o 27 de marzo, organizadas pola Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ), presidida pola profesora da Universidade de Santiago de Compostela, Blanca-Ana Roig Rechou, e por Elos. Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil, presidida por Isabel Mociño González e que forma parte de ANILIJ como unha sección oficial que engloba a investigadores de Galicia e Portugual, dándolle así cabida á lusofonía.
Estas xornadas internacionais ao redor da tradución son un evento máis co que ambas Asociacións queren propiciar espazos de debate, reflexión e diálogo entre os investigadores en literatura infantil e xuvenil de todo o mundo, como xa fixeron anteriormente en Vigo, Alcalá de Henares, León, Cádiz e Guadalajara (México). Agora o escenario é a Universidade de Boloña (Italia), a través da profesora e socia Gloria Bazzocchi, que se prestou a organizalas na Scuola di Lingue e Letterature, Traduzione e Interpretazione, con Sede en Forlì, coincidindo coa celebración da Feira Internacional do Libro de Boloña, unha das máis importantes de Europa. Ademais das comunicacións, conferencias plenarias e mesas redondas, nas que van participar Eulalia Agrelo, Marta Neira, Mar Fernández e Carmen Ferreira, a Xunta directiva de ANILIJ-ELOS fará unha presentación da Asociación e dará unha conferencia sobre a tradución de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia no Centro de Tradutores da Feira de Boloña, unha oportunidade única para dar a coñecer o labor que dende Galicia se está a realizar tanto ao redor da investigación coma da tradución de literatura para os máis novos.
Estas xornadas están dirixidas a todo tipo de investigadores, estudiosos, tradutores, profesores, bibliotecarios e persoas en xeral interesadas neste campo do saber. Deste modo, preténdese seguir afondando en diversos aspectos da Literatura Infantil e Xuvenil dirixindo, nesta ocasión, a atención sobre a tradución, un dos campos de estudo máis fructífero pola súa dobre vertente de ben cultural e ben comercial. Así, as liñas temáticas destas III Jornadas versarán sobre a tradución en xeral da literatura infantil e xuvenil, pero tamén sobre a tradución audiovisual para nenos, a tradución do cómic e da novela gráfica, do teatro infantil, da tradución e/ou adaptación dos clásicos, da relación entre texto e imaxe e da función da tradución en comunidades con linguas minoritarias/minorizadas, entre outros aspectos.”
Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
X. H. Rivadulla Corcón presenta A balada de Roi Nemiña
Dragal, o Harry Potter galego, salta ao cinema, o cómic e os videoxogos
Desde
Praza:
“(…) Dragal salta ao cinema, ao cómic e aos videoxogos, convértese nun proxecto multimedia de distribución internacional a través de Ficción Producciones. A fínais deste ano as novelas gráficas chegarán ás librarías, en 2014 poderemos ver o filme e en 2015 Dragal será un videoxogo. Cando a Elena Gallego lle preguntan por estas similitudes coas novelas de Harry Potter, ela responde que Rowling “tivo que inventar Hogwarts, para Dragal só necesitei Galicia”.
Esa dobre dimensión, local e universal, fantástica pero cunha base real, permitirá que no proxecto se inclúan elementos coma rotas guiadas por Galicia polos “escenarios do dragón”, un proxecto multimedia de xeoposicionamento no que o patrimonio cultural galego terá unha importancia clave, comezando polo propio Códice Calixtino, ou que no videoxogo -un shooter 3D- se inclúan escenarios reais do Camiño de Santiago. E tamén merchandising ou a creación dunha comunidade virtual. (…)”.
A Coruña e Arteixo: presentacións de A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco
Boiro: presentación de Ocultos. Animais extraordinarios
Taboleiro do libro galego (V), por Ramón Nicolás
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Continúa a entrega destas listaxes dos libros galegos máis vendidos que, desde agora, recollerá quincenalmente as modificacións que se produzan en todos os xéneros, de as houber.”
NARRATIVA
1º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais de Galicia.
2º-. Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, Edicións Xerais.
3º-. O gardián invisible, de Dolores Redondo, Edicións Xerais.
4º-. A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, Edicións Xerais.
5º-. A forma das nubes, de María López Sández, Galaxia.
POESÍA
1º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
2º-. Carnia haikai, de Elvira Riveiro, A. C. Caldeirón.
3º-. Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, El Patito Editorial.
4º-. Monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás, PEN Club.
5º-. O meu primeiro Celso Emilio, X. Lastra e outros, Edicións Xerais.
ENSAIO-TEATRO
1-. Obras completas I, de Roberto Vidal Bolaño, Positivas.
2º-. Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, Edicións Xerais.
3º-. Banqueiros, de Francisco Pillado (coord.), Laiovento.
INFANTIL-XUVENIL
1º-. Amor de serea, de Santiago Jaureguizar, Edicións Xerais.
2º-. Os megatoxos e a cara oculta de Lúa, de Anxo Fariña, Edicións Xerais.
ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. María Fumaça, de VV.AA., Galaxia.
2º-. A nena e o grilo nun barquiño, de Magín Blanco, Fol Música.
3º-. Bicos de música, de Mamá Cabra, Galaxia.
4º-. Imos cazar un oso, de Michael Rosen, Kalandraka.
5º-. A que sabe a lúa, de Michael Grejniec, Kalandraka.
BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Engurras, de Paco Roca, El Patito Editorial.
3º-. Nómades, de Xosé Tomás, Galaxia.
LECER
1º-. A cociña dos larpeiros, de Benigno Campos, Galaxia.
2º-. De roda en roda. Música e danzas do mundo, VV. AA., Galaxia.
Santiago: presentación de O mistério da escada interior, de Adela Figueroa
Vídeos do Día de Rosalía 2013 no ensino (XIII)
36. Sábado á noite (CPR Plurilingüe Montesol, Vigo)
Vídeos do Día de Rosalía 2013 no ensino (XII)
33. Miña Santa Margarida (CEIP O Ramo, Fene)
34. Alborada (CPI da Picota, Mazaricos)
35. Eu cantar, cantar, cantei (IES Marqués de Sargadelos, Cervo)
Rosalía de Castro e Warhol, desde o CEIP Rosalía de Castro da Coruña



