



As bases completas poden verse aquí.

Desde a Real Academia Galega:
“María Xosé Queizán (Vigo, 1939) ingresará na RAG proximamente como académica de honra nunha cerimonia na que dará lectura ao seu discurso de entrada na institución. (…) O pleno da RAG elixiu tamén o escritor, xestor e xornalista cultural e docente Pere Tobaruela Martínez (Barcelona, 1965) novo académico correspondente. (…)”
Desde a Real Academia Galega:
“Ernesto González Seoane (O Barqueiro, 1962) foi elixido na tarde de onte novo membro de número da Real Academia Galega. A institución decidiu, na sesión plenaria celebrada no pazo de María Pita, que o catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela ocupe a vacante producida polo pasamento de Bernardino Graña. No mesmo encontro elixiuse académico correspondente o profesor de Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo Xosé María Gómez Clemente (Ourense, 1962). (…)”
Estas son algunhas das fotografías do Encontro da Federación Galeusca 2025, organizado pola AELG, coa participación da AELC e da EIE, co apoio de CEDRO, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago. Tivo lugar o 19 e 20 de setembro de 2025 en Santiago de Compostela. A crónica fotográfica completa (obra de Distrito Xermar) pode verse aquí.
O Encontro Galeusca 2025, organizado pola AELG, coa participación da AELC e da EIE, conta co apoio de CEDRO, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago.
Fundada formalmente en 2008, e con precedentes de encontros anuais históricos celebrados desde 1984, a Federación Galeusca está formada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Euskal Idazleen Elkartea (EIE) e a Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (AELC). Representa 2800 autoras e autores, tanto escritoras/es como tradutoras/es.
Neste espazo de diálogo póñense en común perspectivas sobre a creación escrita nos nosos tres sistemas literarios recuperando e ampliando, deste xeito, os vínculos e as reflexións conxuntas levadas a cabo en anteriores encontros, centrándose, neste caso, en aspectos como o impacto da Intelixencia Artificial desde a perspectiva das linguas e literaturas minorizadas ou a literatura de tradición oral.
O programa previsto é o seguinte:
Venres, sexta feira, 19 de setembro de 2025
– Pola tarde. Chegada das persoas participantes a Santiago de Compostela.
– 19:15 h. Recepción na Alcaldía de Santiago, por Goretti Sanmartín.
– 20:30 h. Roteiro por Compostela, principalmente para as delegacións participantes, guiado por Daniel Asorey. O punto de saída será a Praza do Obradoiro.
Sábado, 20 de setembro de 2025
Entrada libre até completar a capacidade do espazo.
Museo do Pobo Galego (Sala de actividades da ala sur do Museo) (Google Maps) Pola mañá. Pode seguirse tamén en directo nesta ligazón.
– 11:05 h. Apertura por representantes das tres asociacións.
– 11:20 h. Relatorio inaugural sobre a traxectoria de Galeusca a cargo de Goizalde Landabaso, acompañada por Sebastià Portell (presidente da AELC) e Cesáreo Sánchez Iglesias (presidente da AELG).
– 11:40 h. Acto aberto de reflexión sobre Galeusca con representantes das tres entidades, moderado por Marta Dacosta.
– 12:45 h. Diálogo sobre Intelixencia Artificial desde a perspectiva das linguas e literaturas minorizadas, con Rubén Cela, Ania González Castiñeira e Sebastià Portell.
Museo do Pobo Galego. Pola tarde. Pode seguirse tamén en directo nesta ligazón.
– De 16:30 a 17:30 h. Mesa redonda sobre literatura de tradición oral, coordinada por Antonio Reigosa. Con Oihana Arana e Amaia Elizagoien (Euskadi), Joan Borja (Països Catalans), Alba María (Galiza) e Rita Sineiro (Portugal).
– De 17:30 a 17:50 h. Lectura pública das conclusións do Galeusca 2025, por parte das tres asociacións.
Igrexa de San Domingos de Bonaval. Pode seguirse tamén directo nesta ligazón.
– 18:00 h. Lectura da Declaración de Compostela-Bonaval.
– De 18:30 a 20:00 h. Acto de clausura coordinado por Lois Pérez, con improvisación entre regueifeiras (Alba María e Lupe Blanco), bertsolariak (Oihana Arana e Amaia Elizagoien) e glosadors (Miquel Àngel Adrover e Berta Llos). Peche musical con Ugia Pedreira.

Desde a Academia Galega da Língua Portuguesa:
“Inez Andrade Paes, Humberta Brites Dias Jerónimo Araújo, Maria Rosário Fernandes Velho, Blanca García Fernández-Albalat, Alfredo Ferreiro Salgueiro, José Gorís Cuinha, Noemi Vázquez Nogueiras e Irene Veiga Durán foram eleitos como académicas e académicos correspondentes da Academia Galega da Língua Portuguesa. Assim foi decido na reunião plenária celebrada na Casa da Língua Comum, em Santiago de Compostela, no passado sábado dia 12 de julho. A AGLP enriquece-se assim com a incorporação de oito especialistas, em língua galega e portuguesa, em literatura galega, na defesa linguística, na dinamização social e cultural e nas artes da imagem, bem como em outras disciplinas.”